domingo, 23 de diciembre de 2012

ASEMBLEA DE TRABALLADORAS/ES.


Asemblea traballadores/as, 20 decembro 2012.

Primeiro pedir desculpas por non “colgar” un resumo da xuntanza do martes 18 de decembro convocada polo director, pero foi debido a que o delegado desta sección sindical non estaba en Santiago ese día.

Asistencia aproximada de 26 persoas.
Comezou falando Midón (USO) da nova estrutura territorial, do carácter voluntario das sinerxias, de que nalgúns centros Territoriais, como é o caso de Asturias e Cantabria, a xente de RNE fai cousas para TVE e de que se están dando pasos parecidos os que se deron antes de que se fixera o ERE no ano 2006. Sinalou que USO está pola formación.

O noso Delegado Sindical plantexou a cuestión de si se prefería continuar a asemblea sen contar ca presenza das/os traballadoras/es con cargos de responsabilidade, abriuse un pequeno debate e logo Suso plantexou que se votara esta opción e que non se perderá mais tempo neste debate, xa que o tempo para celebrar a asemblea era limitado (14:45 a 15:50). Cando comezou a votación una desas persoas sentiuse moi ofendida e abandonou a asemblea, logo a inmensa maioría acordou que estiveran todas as persoas que quixeran, mandouse buscar a persoa que marchara pero esta non quixo volver.

Logo o noso Delegado dixo que a CNT considera esta asemblea mais que para que os sindicatos deran información, para escoitar as/os asistentes e coñecer como “está o patio”. Ademais apunta a que a CNT non dispón de ningún tipo de información a maiores da coñecida por todas/os.

Comezan as intervencións, colle quendas de palabra o noso Delegado.
Por parte dos/as traballadores/as, e atendendo as primeiras intervencións, quedou claro que a sensación que tiveron respecto a charla anterior; a do martes, foi que o Director tivo una actitude de “meter medo”. O Director volveu a insistir en que para nada era o que pretendía transmitir.
Preguntouse por parte dun traballador, cómo se medía a produtividade? Xa que nunha semana se fora 2 veces a gravar Vieiras, 3 a gravar un Belén,… A Responsable de Produción dixo que iso se debía a que o non pedir Madrid (Informativos, programas) as cousas á vez, estábase na obriga de actuar deste xeito. Esta información que non é coñecida por parte dos/as traballadores/as é o que fai que non entendamos este xeito de facer as cousas por parte de quen organiza o traballo no Centro territorial.
Un traballador dixo que había que defender a programación Territorial e darlle prioridade sobre Madrid. Consideraba que a reunión chegaba tarde e que en calquera caso sería bo ter una postura unitaria de toda a plantilla e non facer nada novo en canto as función de cada traballador/a ata que se deran os cursos. Que non se tolere a política de “feitos consumados”
Unha traballadora esixía una posición dos sindicatos ó respecto desta nova situación, se se quere ou non a fusión. Dixo que estaba claro que íamos cara un ERE, que non esperaramos a que nos viñera todo “masticado” e consideraba que un curso formativo de 1 semana é claramente escaso.
Outro traballador mostrábase partidario de “facer piña” todas/os, de poñer en valor o Centro Territorial en Madrid e de que se faga a transición de xeito legal, esperando o que faga falla ata que se dean os cursos correspondentes.
Unha traballadora dixo que xa se están facendo cousas que non están ben, como pezas para TVE por xente de RNE, escribir textos sen ver as imaxes, traballar sobre textos minutados por RNE sen saber quen os escribiu …
O noso Delegado intervén para chamar a responsabilidade de cada un/ha a nivel individual, dicindo que as acción de cada persoa teñen unha reacción. Que o mellor a min persoalmente gústame facer unhas determinadas funcións, pero que iso pode implicar que se poña en risco o posto de traballo dalgúns/as compañeiros/as, puxo de exemplo cando os/as redactores/as comezaron a montar o cal a xuízo del pode poñer en risco o posto de traballo dos/as montadores/as. Que, como dixo outra xente, temos que ir todos/as xuntos/as para poder conseguir algo, que de forma individual non se vai poder facer nada, a defensa dos dereitos ten que ser de xeito colectivo.
Un traballador dixo que o Comité de Empresa debía de amparar de forma individual os/as traballadores/as.
Outro mostrouse favorable as sinerxias entre TVE e RNE. Tamén apuntou que lle gusta montar, que fai que se implique mais no traballo que fai e que nunca considerou que esa actitude fixera peligrar os postos de traballo de montaxe.
Intervén un membro do Comité, Manu (UGT) para dicirlle que en Madrid se despediran (ou non renovaran contrato, que ven a ser o mesmo) a algúns montadores/as.

Bueno, a “grosso modo” isto foi o que se falou.
Esta Sección Sindical aposta a que non se fagan funcións que non se fixeran ata o momento, haberá que esperar a recibir a formación pertinente e a que se firme o novo Convenio, onde veñan recollidas as funcións de cada posto de traballo.
Animamos tamén a facer unha defensa das condicións laborais de forma colectiva e chamamos a unidade de todas/os para acadalo.







miércoles, 12 de diciembre de 2012

XUNTANZA DE SINDICATOS CO DIRECTOR DE CRTVE GALIZA.


Onte, martes 11 de decembro, tivemos unha xuntanza co Director de CRTVE-Galicia os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO.
A continuación resumimos algunhas das cousas que se falaron:


O Director dixo que ía ter unha xuntanza con toda a plantilla, en 1 ou 2 días, para explicar o mesmo que nos ía dicir ós sindicatos. Primeiro fariao en Santiago e logo iría polas Unidades Informativas.


Sobre os recortes presupuestarios marcados polo Governo, queda por recortar uns 104 millóns de euros que non se puido facer efectivo o ano pasado. Ainda non se sabe de onde se van recortar.


O Presidente de RTVE recoñeceu que a boa cobertura que se fixo da última Folga Xeral por parte de RTVE, non sería posible sen os Centros Territoriais, que son o que marca a diferencia con outras televisións.


En Madrid estase creando estructura para poder “colocar” todo o material que vai chegando dos CCTT, entre outras cousas estase reforzando con novas incorporacións, algunha procedente do 24 HORAS. Estase facendo un listado dos distintos programas os que pode ir dirixido o material que se faga, que inclua as principais características para poder adaptar o que se faga ó programa en cuestión.


A comezos de ano, probablemente, as imaxes dos reportaxes e/ou pezas un pouco mais “elaboradas” irán firmadas polos/as cámaras.


Debido as medidas froito do Real Decreto de Marzo, denegaron unha disponibilidade para a plantilla de Reporteiros/as gráficos/as. Esta dispoibilidade ven de reclamarse de novo por parte desta Sección Sindical á Dirección de CCTT.


A corto prazo van mirar de aproveitar mellor os equipos das Terrenas.


Explicou un pouco o novo Organigrama de CRTVE en Galiza e, en canto a fusión TVE-RNE, mostrouse bastante satisfeito, tendo en conta que vai moi pouco tempo para facer unha valoración mais en profundidade. O que mais se está facendo é que vaia un/ha redactor/a de un medio (TVE, RNE) para cubrir a información para o outro (ou para os dous) recollendo o audio, pero logo quen fai a peza para RNE será alguén de RNE e o mesmo para TVE.

Ante as preguntas por parte dos sindicatos de si se estaba presionando ós/ás traballadores/as para que fixeran outras funcións que non foran as da súa categoría profesional , dixo que en ningún caso. O que si ten pasado e que algún traballador se ofrecera para facer outras funcións que ata o día de hoxe non facía, pero que isto non se levara a cabo por mandato de Madrid.

Para comezos do ano que ven (2013) comezarán os cursos de formación. Sobre como se fará non tiña moita información, salvo que serán de media de 1 semana de duración e que logo quedará un titor unha tempada ata que se normalice a nova situación. Comezarán por CCTT que sexan uniprovincias, por ser mais doado para comezar, ó noso Centro chegarán, previsiblemente, en Febreiro.


Insistiu na necesidade manifestada por Madrid para recuperar e fixar audiencia e tamén por que os CCTT incrementen a porcentaxe de participación na programación xeral da cadena.


Tamén dixo que o ano 2013 ía ser “complicado”, non sabemos moi ben que quería dicir con isto.


Bueno, pensamos que isto, a groso modo, foi mais ou menos o que ali se falou. Agardaremos a que se faga esa xuntanza que apuntou para saber se hai novidades.
O que si queremos facer fincapé dende esta Sección Sindical, é a necesidade de que a totalidade da plantilla de CRTVE en Galiza teña claro que a día de hoxe o Convenio vixente é I Convenio da Corporación RTVE, o cal está denunciado por parte da Dirección da Empresa pero que se está negociando cos representantes dos/as traballadores/as. Que as funcións de cada categoría son as que se viñan desenvolvendo ata o de agora e que si alguén ten “presións” por algunha parte que faga o favor de nolo comunicar os sindicatos.

Tamén aproveitamos para facer un chamamento a unidade de acción de todas as forzas sindicais e da plantilla no seu conxunto para defender os postos de traballo e o servizo público que prestamos.
Sabede que esta Sección Sindical é unha ferramenta para que a usedes e que se construe cas vosas aportacións.

lunes, 12 de noviembre de 2012

Convocatorias FOLGA XERAL 14N


Compostela
* Luns 12: Rondalla ás 11h. desde o INEM do Parlamento ata o INEM de Fontiñas.
* Martes 13: Rondalla ás 17h. na Praza Roxa para saír ata Galeras, Vistalegre e Vite.
Mércores 14: FOLGA XERAL
-Bloque Crítico Anticapitalista: saída ás 12h. da pz. Roxa (esquina de San Pedro de Mezonzo) e remate pz. Praterias.
-Xantar popular aberto: ás 14h. no palco da música da Alameda. Se chove no local da asociación Itaca (r/ Pombal nº 18).
-Manifestación Sindicalismo Alternativo: saída ás 18h. da Alameda.
Convocan: CNT, CUT e os movementos sociais da cidade.

Vigo
* Mércores 14: FOLGA XERAL. Manifestación: saída ás 11h. da Praza Fernando o Católico ata Porta do Sol. Convocan: CNT, CUT, CGT, STEG e SF.

Ferrol
* Luns 12: Concentración ás 20h. na Xunta de Galicia. Convocan: CNT, Forxa! e 15M Ferrol.
Mércores 14: FOLGA XERAL. Manifestación unitaria: saída ás 12h. da Praza do Inferniño. 

Vilagarcia de Arousa
* Mércores 14: FOLGA XERAL. Manifestación: saída ás 20h. da Casa do Mar. Convoca: CNT.

Lugo
* Mércores 14: FOLGA XERAL. Manifestación unitaria: saída ás 12h. do Edificio sindical (Ronda da Muralla nº58).

Ourense
* Mércores 14: FOLGA XERAL. Concentración ás 12h. nos Xardíns Padre Feijoó. Convocan: CNT e colectivos libertarios da cidade.

CNT convocará folga xeral o 14N contra a reforma laboral, os recortes, e o saqueo contra a clase traballadora

Desde o inicio da crise económica, a CNT defendeu a folga xeral como principal ferramenta da clase traballadora contra os ataques da banca e a patronal. Rexeitamos a negociación á que o sindicalismo de concertación chamaba ao goberno para suavizar a reforma laboral tras a folga xeral do 29M.
Do mesmo xeito rexeitamos as formulacións do chamado cume social, de eliminar só os excesos máis flagrantes do goberno do PP, mantendo o núcleo do sistema económico e político que nos colocou nesta situación, así como os seus intentos de desviar e dilatar a resposta social con propostas inútiles como a esixencia dun referendum. A dura situación social esixe unha resposta contundente, crecente e continuada que rompa ataduras co armazón político e económico que a orixinou e da que se beneficia e as complicidades co mesmo.
Tras meses de dúbidas, CCOO e UXT convocarán folga xeral o 14N, arrastrados, dun lado, polo malestar social crecente e a mobilización na rúa e, doutro, polas continuas medidas antiobreiras dun goberno ao servizo de elites financeiras e patronais sen intención algunha de ceder migallas que permitan ao sindicalismo institucional xustificar o seu papel. CNT acordou convocar folga xeral o próximo 14 de novembro, e farémolo de forma diferenciada e coas nosas propias reivindicacións e formulacións. Dicimos que esta folga é necesaria pero non suficiente e chamamos a levala máis aló do guión esteril e frustrante ao que nos ten afeito o sindicalismo institucional.
O noso reto é que esta folga fortaleza a vontade de loita e autoorganización de capas cada vez maiores da clase traballadora, construíndo a capacidade de impulsar novas convocatorias e mobilizacións a nivel global e nos distintos sectores. Convocamos á folga do 14N con vontade de continuidade. Convencidos de que para enfrentarmos ás elites e institucións financeiras europeas e os seus gobernos monicreques, é necesario non só impulsar a unidade de clase máis aló dos límites artificiais das fronteiras nacionais, como empeza a apuntar a folga do 14N, senón que debemos romper tamén cun formato de folga que está lonxe de ser suficiente para enfrontar estas políticas.
Temos o reto de ser capaces de ir máis aló de paros de 24 horas illados no tempo, máis aló da paralización da actividade puntual nas industrias e sectores tradicionais, de atopar formas de interromper todo o proceso de produción e consumo, de incorporar á mobilización ao conxunto da clase traballadora, por precarizada e dividida que estea. Gañar a capacidade de facer o maior dano posible aos intereses económicos da elite empresarial e financeira é o obxectivo principal da folga xeral.
Chamamos a organizacións sindicais e movementos sociais anticapitalistas a traballar desde xa por desbordar e dar continuidade a folga do 14N. A tomar desde xa a rúa e as empresas para non abandonalas. Facer que a folga xeral deixe de ser pouco máis que un lema, para converterse nunha ferramenta real de loita é o noso obxectivo, e o 14N temos que dar o próximo paso para facelo realidade, con todas as nosas forzas por que nos xogamos moito.
¡14N Folga Xeral! ¡A por todas!
Secretariado Permanente do Comité Confederal CNT-AIT

martes, 9 de octubre de 2012

ERE en Unidade Editorial.

La empresa ya ha mostrado sus cartas: ¡195 despidos! ¿Y tú qué vas a hacer?

Después de meses de inquietud, acrecentados por las informaciones que iban apareciendo en diferentes medios, por fin tenemos la información oficial del salvaje plan que quiere perpetrar la empresa: un nuevo ERE que afectará a Marca, Radio Marca, Logintegral, Revistas, Telva, Ediservicios, Corporativo y Expansión. Sí uno más que viene a sumarse a los anteriores y que ahora se plantea eliminar entre 195 y 170 puestos de trabajo, lo que supone reducciones de plantilla que superan el 25% en algunas de las sociedades:

- Unidad Editorial S.A: 90-80, de un total de 630 personas.
- Logintegral: 13-11 despidos, de 68 empleados.
- Ediservicios: 6-5, de 45 trabajadores.
- Radio Marca: 12-10 despidos, de 51 de plantilla.
- Marca: 28-23, de un total, de 200 trabajadores.
- Expansión: 13-11 despidos, de 137 personas.
- Telva: 3-2, de un total de 44 trabajadores.
- Revistas: 30-24 despidos, de 140 personas en plantilla.

En ningún momento se habla de otras medidas de ajuste, por supuesto no se menciona recorte alguno en el salario de los directivos, tampoco de reducción alguna de los mismos... Nuevamente quienes pagamos sus desmanes somos quienes hacemos que la máquina informativa funcione, sus trabajadores.

Lo que se nos presenta es un ataque salvaje y brutal en el que no sólo peligra “el futuro de los productos periodísticos" como menciona la comisión negociadora... no, nos engañemos, lo que peligra es NUESTRO FUTURO, el de nuestras familias, el de nuestros hijos e hijas. Por lo tanto, lo que hay que poner en práctica ya, sin más dilación es nuestra respuesta; una respuesta que debe ser tan organizada y contundente como la que nos quiere imponer la empresa. Las camisetas reivindicativas o las concentraciones de media hora durante el mediodía no dejan de ser medidas simbólicas que a la parte empresarial no le afectan en lo más mínimo. Si de verdad queremos parar sus planes debemos ir ya a la huelga, sin más dilación.

Ante un ERE salvaje no queda otra que plantar cara, ya no vale mirar para otro lado ni esconder la cabeza como los avestruces. Si queremos parar los planes de la empresa, no nos queda otra que la huelga.

¡NINGÚN DESPIDO, HUELGA YA!

La sección sindical de CNT pone una vez más a disposición de los trabajadores su asesoramiento legal y sindical



 Tedes mais información, por se queredes facer un seguimento no blogue do Diario Marca.

viernes, 31 de agosto de 2012

MUY URGENTE: RADIO 3 CIERRA "CARNE CRUDA"


(Comparte, difunde, copia y pega en tu muro, en tu blog, en tu web.... este texto antes de que lo supriman también)

Queridérrimos oyentes,

Lamento muchísimo tener que comunicaros que la nueva dirección de Radio 3 y de RNE me acaba de despedir y ha levantado el programa "Carne Cruda" de su parrilla de emisión. Se cumplen desgraciadamente los temores que muchos me habíais manifestado y que yo había desestimado pues creí en la palabra del recién nombrado director de la emisora, Tomás Fernando Flores, que aseguró hace un mes que el programa continuaría la próxima temporada. A la manera del presidente del Gobierno, el nuevo responsable de Radio 3 responde lamentablemente al dicho "Donde dijo digo, digo Diego" aunque en su caso sería más apropiado decir "Donde dije digo, digo Tomás Fernando". Así, cuando fue nombrado director se comprometió conmigo a mantenerme en antena y a solo dos días de terminar el curso (y con todas las programaciones de radio cerradas, por cierto), me echa sin darme ni siquiera la oportunidad de despedirme en antena de vosotros, pues los programas de final del verano son grabados. Por eso lo hago desde aquí. Me pueden quitar el micrófono pero no la palabra. Y mucho menos, quienes no cumplen la suya.

La nueva dirección de la emisora, formada por Tomás Fernando y su segundo, Benito Pinilla, ha alegado motivos económicos para justificar mi cese y la retirada del programa. Por esa misma razón, hace un mes acepté una rebaja del 20% de mi sueldo y de la retribución del resto de colaboradores del programa, condición que hemos tenido que asumir todos los trabajadores externos de la casa para continuar en antena. Se supone que así cuadrábamos el exiguo presupuesto de la emisora. Pero ahora el equipo directivo dice haber encontrado inesperadamente un nuevo agujero presupuestario mayor del que creía y culpa a la anterior dirección de no haberle dejado las cuentas a su disposición. Solo le faltó a Tomás Fernando decirme que la culpa es de la "herencia recibida", por utilizar la terminología oficial del partido. La culpa es de la herencia y el culpable es Carne Cruda, por lo visto, pues es el único programa diario que va a ser suprimido de la parrilla, a pesar de haber doblado la "audiencia recibida" y de ser el espacio más seguido en Facebook de todo Radio Nacional. Pero no nos echaremos flores nosotros. Para echarnos ya esta Flores. Sí, nos ha echado Flores. Pero llenas de espinas.

Dice que nos echa porque el programa sale muy caro. No tengo ningún problema en publicar mi sueldo de autónomo, sin pagas extras ni derecho a vacaciones. Cobro alrededor de 1400 euros mensuales limpios después de pagar Seguridad Social, IRPF, el impuesto de sociedades y el resto de gastos de la empresa que tuve que constituir por exigencia de Radio Nacional, que trata así de evitar una relación directa con la persona física. Muchos de los colaboradores contribuyen desinteresadamente al programa y tres cobran una cantidad simbólica de 50 euros por colaboración después de haber trabajado gratis las dos primeras temporadas. El resto del equipo son contratados de RNE cuyos contratos siguen vigentes. Además, tras la noticia del despido, yo he ofrecido a Tomás Fernando Flores la posibilidad de negociar, lo que a él no parece habérsele ocurrido como solución. Me ha prometido consultarlo y llamarme. No lo ha hecho. No he vuelto a tener noticias suyas. Ni las puedo esperar de quien ya ha demostrado que no cumple lo que promete.

Por todas estas razones y por la forma poco verosímil en que me justificó su decisión, no pude creer a Tomás Fernando cuando se apresuró a decirme al cesarme que no era por motivos políticos, aunque yo ni siquiera los había sugerido. 'Excusatio non petita, acusatio manifesta' que decían los latinos, es decir, dime de qué te excusas y te diré de que te acuso. Yo acuso a la nueva dirección de Radio 3 de haberme engañado dos veces: cuando me dijo que seguiría y cuando me dice que no hay motivos ideológicos para que no continúe. Fui un ingenuo al creerle la primera vez. No seré tan idiota de creerle una segunda.

Su discurso y maneras se parecen tanto a las del actual Gobierno que cualquiera diría que el Gobierno está detrás. No voy a ser tan mal pensado. No está detrás. Está delante porque ni siquiera se molesta en ocultarlo. No han ocultado que les estorbaban periodistas que pueden ponerles en tela de juicio, como Ana Pastor, Toni Garrido o Juan Ramón Lucas, a los que han despedido cuando mas éxito tenían sus respectivos programas. Para ellos, mi respeto y admiración porque han caído por una causa digna y que los periodistas debemos dignificar: hacer periodismo. Lo dije cuando el Gobierno decidió tomar el control de la radio televisión pública gracias a su mayoria absoluta: Venceréis pero no convenceréis, como afirmó Unamuno. Hoy pienso que me equivoqué: ni vencen ni convencen. Convence el que tiene razones y ellos han demostrado que solo saben responder a los argumentos del contrario con la fuerza. Y no vencen porque cada decisión que toman les hace perder el escaso crédito que tienen entre gran parte de la ciudadanía, incluidos algunos de sus votantes.

Yo sí que siento que he ganado muchísimo en estos tres años fabulosos de radio. He ganado a la audiencia más viva, inquieta, exigente, combativa y bulliciosa que un programa puede desear, incluidos algunos críticos feroces que siempre conviene tener para la sana confrontación de opiniones. He ganado la posibilidad de hacer radio en libertad y el privilegio de compartirlo con un equipo esforzado y talentoso que se ha dejado la piel en las ondas. Ha sido un placer inconmensurable y un privilegio compartir con ellos y con vosotros tantas experiencias radiofónicas y periodísticas estimulantes y emotivas, tantas horas de discusión, ideas, lucha, indignación y pensamiento crítico. Ha sido una satisfacción aprender de los muchos errores y tener la oportunidad de enmendarlos y tratar de mejorarnos a cada paso. Os doy mi palabra de que lo hemos hecho lo mejor que hemos sabido. A los que dirán que tengo lo que me merezco, solo puedo darles la razón. De hecho, este programa y su audiencia es mucho mas de lo que esperaba como recompensa. Por eso sigo contento en este momento triste. Puede que me hayan quitado el programa y el trabajo pero ya no me pueden quitar lo radiado.

Sé que solo soy uno de tantos que pierde su empleo en estos días amargos. Sé que solo soy uno de tantos periodistas que pierde su trabajo en este país precario. Y sé que Radio 3 seguirá siendo una grandísima emisora sin el programa pues cuenta con una plantilla con mucho talento que hace un enorme trabajo con muy pocos medios. Lo que quiero decir es que yo soy uno más. Pero aparte de mi pena personal y de la que sentiréis muchos por la pérdida de Carne Cruda, creo que hay algo más importante que todos tenemos que defender. Parafraseando mi adorada película "Amanece que no es poco", todos somos contingentes pero la radiotelevisión pública es necesaria. Es necesario un medio de comunicación público independiente y crítico que sirva a los ciudadanos para controlar a este Poder. Y es más necesario que nunca cuando el Poder trata de gobernar a golpe de decreto y tijeretazo, sin control por parte del ciudadano y tratando de controlar hasta los pensamientos que éste tiene. Hay compañeros en Radio Nacional que tratan de salvaguardar su dignidad profesional y un periodismo decente en estos tiempos oscuros de purgas, censuras y consignas informativas que ya se están imponiendo en Radio Nacional. Les deseo suerte, fuerza y sobre todo, valor. Valor es lo que más necesitamos en estos tiempos.

Yo creo haber luchado por la radio pública desde dentro. Ahora me toca hacerlo desde fuera. Cuento con vosotros. Que la radio libre os acompañe.

Javier Gallego "Crudo" 

NOTA: Carne Cruda tiene nuevas direcciones de internet en las que puedes seguir en contacto con nosotros. 

Ante el previsible cierre de nuestro facebook, nos trasladamos a Carne Cruda Vive: http://www.facebook.com/carnecrudavive 

También puedes seguir a la comunidad de oyentes que se ha organizado desde hace tiempo para evitar el cierre del programa: http://www.facebook.com/SalvemosCarneCruda

Y hemos abierto una cuenta en twitter: @carnecrudaradio

jueves, 7 de junio de 2012

Concentración pola defensa dos medios de comunicación.



O martes, 5 de xuño, asistimos a unha concentración celbrada na praza do Toural co motivo da defensa dos medios de comunicación.

 As agresións a que nos vemos sometidos os medios de comunicación en xeral e a nosa empresa en particular van en aumento.


 Ó poder non lle basta con recortar dereitos laborais da clase traballadora, recortar en sanidade e educación, entregar cartos de todas/os á banca, que qgora mais que nunca queda en evidencia a súa responsabilidade  na crise, senón que agora quere dar un paso mais e pretende que a xente non teña información.

 Este vai ser un ano moi complicado en RTVE, todas e todos somos conscientes de que nos van a meter a tixeira por algún lado, pero o feito de que o vaian a facer non pode ser un motivo para non plantarlles cara.



 A única batalla que se sabe perdida é a que non se libra.

 Entre todas/os podemos.

miércoles, 23 de mayo de 2012

Xuntanza sindicatos.


Onte tivemos a primeira xuntanza entre os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO logo de decidir o venres pasado que nos iamos xuntar todos os martes as 14:30 horas para comezar a realizar accións de protesta pola situación que atravesa a empresa.
 Calquera cousa que queirades aportar non tedes mais que facérnola chegar, ben en persoa, os martes as 14:30 no local do comité de empresa en Santiago ou ben contactando con calquera dos sindicatos.
 Onte acordamos conseguir camisetas laranxas en defensa da tele pública, das que están usando en Madrid. Ca idea de poñelas cando traballemos fora do centro de traballo e así se comece a “visualizar” o descontento da plantilla ca actual situación de CRTVE. O prezo é de 5 euros.
 Tamén barallamos alguna outra idea que ten que traballarse algo mais.
 Bueno, polo de agora nada mais, dende este blogue iremosvos tendo ó tanto.

 Toca moverse.


lunes, 21 de mayo de 2012

[29M] Manifiesto para la libertad de Laura Gómez

Las organizaciones abajo firmantes, que defendemos una sociedad libre, democrática, que garantice los derechos de las personas, de las y los trabajadores, EXIGIMOS la libertad inmediata sin cargos de Laura Gómez, Secretaria de Organización de la Federación Local de la CGT de Barcelona.Los “graves delitos” de que se le acusan, son haber participado el 29M, día de la Huelga General, en una teatralización en la puerta de la Bolsa de Barcelona en la que se quemaron simbólicamente unas cajas con papeles dentro.
Este procesamiento y encarcelamiento por haber participado en las movilizaciones con ocasión de la Huelga General, es absolutamente desproporcionado.
Las acusaciones responden únicamente a una estrategia de persecución contra  toda disidencia sindical, social o política. Son un cúmulo de falsedades y perversidades para justificar la prisión provisional.
La única, la verdadera realidad por la que es detenida Laura es por ser sindicalista, activista social, ser luchadora contra el sistema capitalista que nos explota, por no resignarse a vivir de rodillas. El Gobierno quiere dar escarmientos públicos para sentirse fuerte y para ello pasa por encima del derecho a la libertad de las personas. El caso de Laura es un  paradigma de la tropelía de este Gobierno.
Exigimos la libertad inmediata de Laura Gómez y denunciamos a los responsables políticos que están generando un clima autoritario para acabar con los derechos y libertades de la población, de las y los trabajadores, para criminalizar, amedrentar, intimidar a toda la población, para atacar directamente a las organizaciones que hemos optado por luchar, resistir, defendernos.
Junto a Laura están siendo muchas las personas detenidas en estos días, en Barcelona, Valencia, Madrid, Tarragona, etc, etc, todas ellas por haber participado en la HG del 29M, en el libre ejercicio del derecho fundamental a la huelga. Exigimos el sobreseimiento definitivo de las actuaciones contra todas las personas detenidas.  
CNT-CGT-Solidaridad Obrera-Confederación Intersindical-CSC-USO- CCOO-UGT

jueves, 10 de mayo de 2012

Visita de sindicalistas de UGT-rtve de Madrid


Asistentes: 18 persoas.



Exposicións por parte dos sindicalistas de UGT-RTVE:

 Como nos afectou o Real Decreto aprobado polo Goberno en decembro do ano pasado:
 - Plan de pensións sen aportación empresarial, o que supón unha reducción da masa salarial dun 2 %, aproximadamente.
 - Non se poden facer mais contratos, alomenos ata 2014, o que tamén supón que non haberá traslados.


  Temos unha plantilla dunhas 6500 persoas, da cal un 10 % son contratados. Estes contratos fixéronse para cubrir desequilibrios das plantillas producidos polo ultimo ERE. Ó ser por idade deu lugar a que houbera moita xente dunha determinada categoría e faltara doutras, polo que houbo que facer algunhas contratacións para poder manter a operatividade da Empresa.

 Sobre a falta de Presidente apuntaron que é o único con competencias para poder levar a cabo recortes.

 Este é un ano de Olimpíadas, o que levará a ter un sobregasto de 70 millóns de euros. O presuposto anual de CRTVE foi o ano pasado de 1200 millóns, este ano teriamos que ter 1250 (contando unha maior partida polo tema das Olimpíadas) pero temos 964. A isto hai que engadir que tal vez saia este ano, a finais, a sentencia do Tribunal Europeo sobre a tasa que teñen recorrida as Telecos, e probablemente sexa contraria os intereses de RTVE.

 Segundo o Consello de Administración, poderíanse recortar uns 110 millóns “sen tocar” cousas esenciais.

 Sobre o de eliminar Clan ou Tdp, feito que suporía un aforro duns 20 millóns, habería que cambiar a Lei de financiación.

Parece que hai un dilema? Sobre tocar parrilla ou plantilla. O problema de tocar plantilla é obvio e o de tocar a parrilla, daría lugar a unha baixada da audiencia, barallan datos de que se podería chegar a final de ano a un 8% o cal daría pe a que de novo o Goberno de turno se plantexe, para unha audiencia tan baixa para que “tanto” diñeiro, o que implicaría un novo recorte.

 Sobre o das sinerxías con EFE, é algo que non está claro, non se sabe se vai ser compartir algunhas cousas (sede, cobertura de noticias,...) ou se vai ser unha fusión, que sería sumar a plantilla de EFE (1500) á nosa (6500), para finalmente facer un ERE.

 Outra opción que tamén soa algo, aínda que esta está moi, moi verde, sería a do 3º canal que incluiría a todas as autonómicas. Sería como un canal estatal con desconexións territoriais. Púxose o exemplo da tv. Valenciana que con unha plantilla de 1800 vaise facer un ERE para deixala en 600, que sería unha plantilla 6 veces superior a actual plantilla de CRTE-Valencia.


 Todo isto, unido a reforma Laboral, pode dar lugar a que en 21 días se resolva un ERE que nos mande a casa a entre 600 e 2000 traballadores/as á final de ano, polo que insistiron moito en que se se fai un chamamento a mobilización, temos que ir todos/as a unha.

A Lei de financiación, por outra banda, impídenos ter ingresos que non sexan dos Presupostos do Estado ou das tasas das telecos como forma principal de financiamento. Non nos permite ter ingresos por outro lado aínda que non sexa con publicidade, como podería ser vendendo productos de producción propia.

 So se produce un 10 % do que emitimos. Non hai carga de traballo.

 Sobre esta nova opción que entra en xogo, o do programa de Telefónica (patrocinado), resulta que Telefónica débenos 20 millóns de euros, pero o que fai para devolvelos é facer un programa no que pon a presentadora e decide que productora o fai, para logo chegar ca “cinta” e nos emitilo. Non sería mellor cambiar a lei para que nos puideran dar os cartos a nos e así facer nos o programa??

 Recalcaron o cambio de modelo que supón o cambio na forma de escoller ó Consello de administración, que probablemente quede ó final: 5 PP, 3 PSOE e 1 CIU.
 Tamén apuntaron que non se desenrolou un Consello asesor mais plural e que non están, para nada, no debate sobre o modelo de Radiotelevisión Pública que queremos para este país (BBC, modelo alemán, modelo francés,..)

 Preguntas dos/as asistentes.

 Sobre porqué non permiten outros ingresos. Unha opción sería vender documentais, pero o que queren é unha empresa pequena. Parece ser que hai 2 sensibilidades distintas dentro do Goberno actual, unha mais proclive a que desapareza a Televisión Pública e outra que non. Hai quen está empecinado/a en que CRTVE ten moita plantilla.

 Sobre si nos CCTT, onde hai unha ocupación do 100% ou incluso do 110%, de si estariamos “mais a salvo” da desfeita, contestaron que a decisión que se tome non vai ser empresarial, onde non sobre xente non vou recortar, senón que vai ser unha decisión política.
 A empresa venos como corresponsalías, poderían quedar uns cantos traballadores/as para personalizar o sinal e logo comprar todo a axencias e productoras.

 Sobre se se está facendo algo na Mesa de Producción, seica houbo unhas 5 reunións e andan para poñerse de acordo na definición do que é producción propia e o que non o é. Que os que se van a ir, non moven ficha.


 Bueno, pensamos que isto, mais ou menos foi o que deu de si a xuntanza. Pedimos desculpas por se se nos pasou algunha cousa importante.

 Valoración da sección Sindical da CNT en RTVE-Galicia.

 Como vedes falouse bastante dun ERE, algo que preocupa enormemente a esta sección sindical.
 Coincidimos co que plantexaron tanto referido a unidade sindical como a unidade do conxunto de traballadoras e traballadores desta casa, pero creemos  que aparte de meter medo compre facer algo mais, non podemos estar esperando a que nos leven ó matadeiro.

 Temos que estar alerta e preparados/as para mobilizarnos para defender os noso postos de traballo e o servizo público que ofrecemos.
 Non so está en perigo a nosa forma de vida, o traballo que nos procura o sustento (que xa é moito), senón tamén un servizo público esencial nunha Democracia, o dereito a unha información independente.

martes, 24 de abril de 2012

1º de Maio.

Un ano máis achégase o primeiro de maio, e un ano máis (como vén sendo habitual nos últimos tempos), chegamos a esa data de tanto valor para os traballadores/as sumidos nunha onda de recortes contra os máis desfavorecidos/as coa crise como escusa. Con todo, para a CNT este primeiro de maio de 2012 debe ter un punto diferente dos últimos: é certo, como diciamos, que os recortes veñen de anos atrás, pero non é menos certo que nesta ocasión nos atopamos ante un agravamento realmente duro dos devanditos recortes. E é que con tres reformas laborais sufridas no tempo record de tan só dous anos; con recortes orzamentarios como os vistos fai apenas unha vintena de días en cuestións tan elementais como a educación, a sanidade e os servizos sociais; cos recortes aplicados contra os e as paradas (e os que se aveciñan)... Aos traballadores/as desfiguráronnos, até deixalo case irrecoñecible, o marco de relacións laborais e dereitos sociais ao que estabamos afeitos fai só uns poucos anos. E se a CNT viña xa dicindo que eses dereitos eran pobres e inxustos cos traballadores/as, que pode dicirse da actual situación: unha vez máis asistimos ao triste espectáculo que desde a clase política e empresarial nos mostra como, para manter intactos os privilexios da minoría parásita que nin traballa nin achega á sociedade, non existe mellor idea que cargar todo o custo de semellante disparate sobre as costas das traballadoras e dos traballadores, chegando ao absurdo de afirmar que iso repercutirá nun futuro beneficio colectivo que permitirá a todos saír da crise. Algo así como asumir unha penosa condena terreal a cambio da promesa baleira dun reino dos ceos que ninguén viu e que, o que é máis, sabemos perfectamente que non existe.

Por se isto fose pouco, peor é aínda o que se adiviña no horizonte: os cantos de serea que se ouven sobre unha lei de folgas que restrinxa ese dereito (falando mesmo de ilegalizar as folgas que se convoquen contra “os intereses xerais de España”, coma se tal interese xeral existise), ou a reforma do código penal, que moi probablemente servirá para endurecer penas xeralmente aplicadas sobre os sectores sociais máis empobrecidos, lévanos a un escenario no que o Goberno directamente tratará de converter aos traballadores/as, en activo ou en paro, en delincuentes e criminais.

Pero tamén é certo que a diferenza doutros anos, chegamos a este primeiro de maio cun motivo para a esperanza que non tiveramos en anos anteriores: algo empezou a moverse a nivel social, e aínda que aínda falta moito camiño que percorrer, non parece que vaia a ser flor dun día. Non fai nin un mes que vivimos unha folga xeral de 24 horas, e a mensaxe dun amplo sector social foi moi claro: hai ganas de loitar, e non basta cunha medida de protesta tan limitada como esa. Hai que seguir endurecendo as nosas respostas na medida en que se endurezan as agresións que sufrimos. Para moitas das persoas que secundaron o paro do 29-M, a actitude do sindicalismo oficial é insuficiente para expor un freo real ao embate dirixido contra nós desde o Goberno, e niso as organizacións que apostamos decididamente por unha transformación profunda da sociedade temos á vez unha responsabilidade e un reto por diante: o de saber acelerar os acontecementos e ir provocando un clima de claro enfrontamento social con quen pretenden quitarnos dereitos conseguidos a base de sacrificios, solidariedade e loitas mantidas durante décadas.

Nese sentido desde a CNT consideramos que o contido deste primeiro de maio está moi claro: non se trata dunha data folclórica, nin moito menos do “día do traballo”, como moitos se empeñan en nomealo ultimamente, senón que este ano máis que nunca trátase dunha xornada dentro dun proceso máis amplo de loita, que vén de atrás e que debe servirnos de panca para botar abaixo cantos recortes quéiransenos impor. Para a CNT, este primeiro de maio é un momento para seguir levando á rúa a mensaxe que cremos idóneo para superar esta situación: hai que seguir camiñando cara a unha nova folga xeral, e hai que exporse xa á necesidade de que futuros paros duren máis de 24 horas, a fin de aumentar o impacto económico das nosas mobilizacións. Para iso, a receita é clara: seguiremos axuntando todos os esforzos posibles nesa dirección, confluíndo con aquelas organizacións que coincidan neste obxectivo connosco, e ao mesmo tempo seguiremos profundando na nosa aposta por un cambio substancial do modelo sindical imperante no estado, un cambio que faga do sindicalismo sen privilexios a nota habitual nos centros de traballo. En suma, faremos o que nos corresponde: loitar, loitar con toda a nosa enerxía.

ESTE PRIMEIRO DE MAIO: A POR UNHA NOVA FOLGA XERAL

Secretariado Permanente do Comité Confederal


jueves, 22 de marzo de 2012

Manifestación 24 Marzo en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral






Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.

Sobran motivos para ir à folga
Tras o Decretazo do 30 de Decembro no que se aprobou un drástico recorte do gasto público, a suba do IRPF, a conxelación do emprego público e o posterior e bochornoso Acordo de CCOO, UGT e a CEOE de 25 de xaneiro, que estabeleceu que durante os próximos anos a clase obreira continuaremos a perder poder adquisitivo e que os empresários terán moito máis poder para cambiar as condicións laborais, sufrimos agora esta nova arremetida do Goberno contra os nosos direitos.

Reforma tras reforma, paso a paso, sen présa pero sen pausa, o gran capital e os monicreques que se turnan á fronte do Goberno para defender os seus intereses (González, Aznar, Zapatero, Rajoy) proseguen cos seus plans para desmantelar paulatinamente os escasos direitos que aínda nos quedan.

O PP xa anunciara que seria unha Reforma agresiva e así é:
- Reduce a indemnización por despedimento dos contratos indefinidos de 45 días por ano e 42 mensualidades como máximo a 33 días por ano e 24 mensualidades, amplia as causas do despedimento obxectivo con indemnización de 20 días por ano - as empresas poderán acoller-se a esta modalidade simplemente alegando que levan tres trimestres en situación negativa.
- Estabelece-se para as empresas de menos de 50 traballadores unha nova modalidade de contrato indefinido que ten un período de proba dun ano (durante o que o empresário pode despedir sen ningunha indemnización e sen ter a necesidade de alegar ningunha causa).
- Impulsa a contratación a tempo parcial e favorece-se a flexibilidade interna nas empresas. Os empresários poderán cambiar a xornada laboral e aplicar a mobilidade funcional, mesmo entre distintas categorias profesionais.
- Equiparan as ETTs cos servizos públicos de Emprego.
- Facilita que os empresários poidan descolgar-se do acordado nos convénios colectivos, a prórroga automática dos convénios terá unha duración máxima de dous anos. Falando en prata, poderán baixar os salários, modificar xornadas, e logo negociar convénios à baixa.
- Facilitan-se os despedimentos colectivos, as empresas xa non terán que ter autorización da Administración para realizar EREs
- Os traballadores en paro que cobren prestacións terán que realizar traballos en benefício da comunidade.
- As mútuas patronais terán máis poder para controlar e presionar aos traballadores que se dean de baixa.
- Modifica-se o sistema de formación para o emprego.
- Estabelecen-se novas bonificacións á contratación para os empresarios.

A todo isto hai que engadir-lle os contínuos recortes en servizos públicos que vimos padecendo e sumar-lle as perdas de direitos laborais e sociais consecuéncia das últimas reformas do goberno de Zapatero.

Queda claro entón que sobran os motivos para ir à folga:
Porque traballamos mais, con menos direitos e por menos cartos... e todo é máis caro!!
Porque nos recortan a tod@s: na privada, na pública, aos parados, pensionistas/as
Porque non queren aforrar senon lucrarse privatizando os servizos públicos e impoñendo unhas condicións de traballo próprias do século XIX.
Porque o de tod@s goberna-se desde a ditadura dos mercados.
Porque non van parar... temos que pará-los!!
Por dignidade

É unha reforma inxusta, inmoral e ilexítima que ataca frontalmente os máis elementais direitos da clase obreira, por tanto, desde CNT chamamos a todos os traballadores e traballadoras á rebelión e a loita contra esta nova agresión.

lunes, 12 de marzo de 2012

Recollida de sinaturas.



Dende a Sección Sindical da CNT en RTVE-Galiza promovimos unha recollida de sinaturas entre traballadoras e traballadores do Centro Territorial (Santiago de Compostela e A Coruña), pedimos a colaboración de compañeiras/os das categorías de técnicos/as, cámaras, producción e redacción.

Recollimos un total de 18 firmas, sabemos que non están todas/os os que apoian esta iniciativa, pero por non demorarnos mais no tempo, consideramos que son suficientes.

A idea de esta acción é "contrarrestar" o que fixo a Dirección do Centro territorial ca súa "pseudoencuesta", deixando constancia de maneira clara que moitas/os compañeiras/os do Centro Territorial non estamos pola labor de realizar funcións que non veñen recollidas en Convenio.


Non podemos nin debemos permanecer impasibles ante as agresións que estamos padecendo, algunhas imporanse pero outras, entre todas e todos, seremos quen de paralas.

A maior derrota é non plantexar batalla.

lunes, 30 de enero de 2012

NON CONDUZAS

Esta campaña afecta só as/os traballadoras/es do Centro Territorial, xa que como ben saberedes nas UU.II., debido o novo Convenio Colectivo que xa está vixente, existe un complemento de Unidades Informativas que, para quen o teña, implica (aparte de outras cousas) conducir.
Iso si, nunca será obrigatrio o uso do coche propio.

Dende a CNT non estamos dispostas/os a tragar con todo.

























CNT, o teu sindicato.

miércoles, 25 de enero de 2012

Non máis recortes de dereitos! Manifestación en Vigo.










Ante as gravísimas agresións contra clase traballadora perpetradas polos poderes políticos e económicos, a CNT-Galiza chama a manifestarse este sábado 28 de Xaneiro polas rúas de Vigo.

Agora mais que nunca é precisa unha resposta contundente na rúa aos recortes en materia económica e social que padecemos, por unha banda; e á vergoñenta actuación de quen vende os nosos dereitos por un puñado de euros, é dicir, os sindicatos "maioritarios".

A manifestación é o dia 28 de Xaneiro, ás 12 horas, dende a Praza da Independencia. Haberá servizo de autobús, para apuntarte ponte en contacto co teu sindicato mais próximo.


Sen subvencións, sen liberados.

Nen un paso atrás.

CNT, o teu sindicato.