viernes, 8 de julio de 2011

Visita de sindicalista de APLI

O xoves 7 de xullo tivemos a visita de José Antonio Moreno, do sindicato APLI, para falarnos sobre o Convenio, a continuación facemos un resumo do que nos contou; probablemente se nos pase algunha cousa, pero bueno, trataremos de resumilo o mellor posible.

Unha primeira cousa a ter en conta, foi que nos dixo que se está facendo unha nova redacción do Convenio, que estará para finais da semana do 11 ó 17 de xullo.

A charla foi case na súa totalidade sobre pluses e xornadas.

A xornada mantense en computo semanal de 35 horas a excepción de quen teña complemento de dispoñibilidade, neste caso o computo será bisemanal, 70 horas en 2 semanas.

Estes complementos mantéñense ó posto de traballo e non a persoa, como pretendía a Dirección da Empresa.

A xornada mínima pasa de 4 a 5 horas e a máxima de 9 a 10 horas.

O plus de dispoñibilidade implica variación horaria ( 70 horas en 2 semanas de xornada laboral, a criterio do xefe). Logo haberá bloques de 5 horas, os cales che “comprará” o teu xefe en función do que crea preciso.

Exemplo: nivel 1 cobra 380 euros de dispoñibilidade, o que implica que ten que facer 70 horas en 2 semanas (pódenlle variar o horario), se ten un bloque deses de 5 horas pagaríanlle 51 euros mais, e podería ser así ata 4 bloques de 5 horas.

Aparece un plus para UU.II. o cal implica, entre outras cousas, ter que conducir de forma obrigatoria o coche que poña a Empresa a túa disposición (coche de produción, terrena, unidade móbil,...), tendo que pagar as multas e infraccións do propio peto.

Regúlanse os turnos de fin de semana, que serán venres, sábado e domingo ou sábado, domingo e luns, facendo 27 ou 29 horas (non recordaba moi ben cantas eran) pero que computan como 35 horas semanais. Haberá xente que faga “só” sábado e domingo, por ter sentencia xudicial a favor de recoñecerlles que o traballo en fin de semana ten lugar sábado e domingo.

Tamén se establecen guardias, o que implica que unha vez rematada a túa xornada laboral podente chamar. A guardia pode ser: de luns a venres, polo que se cobrarían 200 euros e por cada chamada que che fagan, 30 euros mais; a de fin de semana implica cobrar 125 euros e 75 euros por cada chamada.

Ata o de agora existían 2 tipos de módulo-libranza, pasando agora a unha que sería entre 5 e 10 horas cobrando 52 euros e 1 día a librar.

Unha proposta de APLI é que os pluses sexan rotativos e que o de conducir nas UU.II. fose voluntario.

Sobre Producción propia.

Seica APLI chegara a un acordo ca Dirección para que, unha vez que o 100% da plantilla estivera plenamente ocupada, o marxe de producción que non se dera cuberto (aínda que curraramos a tope nunca chegariamos a cubrir o 100% do que se emite) sería o único que se contrataría a Produtoras. Este acordo botouno por terra o Consello de Administración.

Aínda que no novo Convenio fálase algo sobre Producción propia, sobre a creación dunha Mesa de Producción, é unha versión moito mais “descafeinada” ca ese documento do que fala no párrafo anterior.

Por último dixo que léramos o texto, que non nos quedaramos so cas opinións que poidamos ler nas follas sindicais, para poder participar no referendum de setembro con plena información.

Cnt-rtve Galiza:

Dicíamos na anterior entrada que agora no verán ía estar todo moi parado, pois parece que nos equivocamos.

Se alguén aínda non se enterou, seica hai eleccións sindicais en outubro.