miércoles, 12 de diciembre de 2012

XUNTANZA DE SINDICATOS CO DIRECTOR DE CRTVE GALIZA.


Onte, martes 11 de decembro, tivemos unha xuntanza co Director de CRTVE-Galicia os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO.
A continuación resumimos algunhas das cousas que se falaron:


O Director dixo que ía ter unha xuntanza con toda a plantilla, en 1 ou 2 días, para explicar o mesmo que nos ía dicir ós sindicatos. Primeiro fariao en Santiago e logo iría polas Unidades Informativas.


Sobre os recortes presupuestarios marcados polo Governo, queda por recortar uns 104 millóns de euros que non se puido facer efectivo o ano pasado. Ainda non se sabe de onde se van recortar.


O Presidente de RTVE recoñeceu que a boa cobertura que se fixo da última Folga Xeral por parte de RTVE, non sería posible sen os Centros Territoriais, que son o que marca a diferencia con outras televisións.


En Madrid estase creando estructura para poder “colocar” todo o material que vai chegando dos CCTT, entre outras cousas estase reforzando con novas incorporacións, algunha procedente do 24 HORAS. Estase facendo un listado dos distintos programas os que pode ir dirixido o material que se faga, que inclua as principais características para poder adaptar o que se faga ó programa en cuestión.


A comezos de ano, probablemente, as imaxes dos reportaxes e/ou pezas un pouco mais “elaboradas” irán firmadas polos/as cámaras.


Debido as medidas froito do Real Decreto de Marzo, denegaron unha disponibilidade para a plantilla de Reporteiros/as gráficos/as. Esta dispoibilidade ven de reclamarse de novo por parte desta Sección Sindical á Dirección de CCTT.


A corto prazo van mirar de aproveitar mellor os equipos das Terrenas.


Explicou un pouco o novo Organigrama de CRTVE en Galiza e, en canto a fusión TVE-RNE, mostrouse bastante satisfeito, tendo en conta que vai moi pouco tempo para facer unha valoración mais en profundidade. O que mais se está facendo é que vaia un/ha redactor/a de un medio (TVE, RNE) para cubrir a información para o outro (ou para os dous) recollendo o audio, pero logo quen fai a peza para RNE será alguén de RNE e o mesmo para TVE.

Ante as preguntas por parte dos sindicatos de si se estaba presionando ós/ás traballadores/as para que fixeran outras funcións que non foran as da súa categoría profesional , dixo que en ningún caso. O que si ten pasado e que algún traballador se ofrecera para facer outras funcións que ata o día de hoxe non facía, pero que isto non se levara a cabo por mandato de Madrid.

Para comezos do ano que ven (2013) comezarán os cursos de formación. Sobre como se fará non tiña moita información, salvo que serán de media de 1 semana de duración e que logo quedará un titor unha tempada ata que se normalice a nova situación. Comezarán por CCTT que sexan uniprovincias, por ser mais doado para comezar, ó noso Centro chegarán, previsiblemente, en Febreiro.


Insistiu na necesidade manifestada por Madrid para recuperar e fixar audiencia e tamén por que os CCTT incrementen a porcentaxe de participación na programación xeral da cadena.


Tamén dixo que o ano 2013 ía ser “complicado”, non sabemos moi ben que quería dicir con isto.


Bueno, pensamos que isto, a groso modo, foi mais ou menos o que ali se falou. Agardaremos a que se faga esa xuntanza que apuntou para saber se hai novidades.
O que si queremos facer fincapé dende esta Sección Sindical, é a necesidade de que a totalidade da plantilla de CRTVE en Galiza teña claro que a día de hoxe o Convenio vixente é I Convenio da Corporación RTVE, o cal está denunciado por parte da Dirección da Empresa pero que se está negociando cos representantes dos/as traballadores/as. Que as funcións de cada categoría son as que se viñan desenvolvendo ata o de agora e que si alguén ten “presións” por algunha parte que faga o favor de nolo comunicar os sindicatos.

Tamén aproveitamos para facer un chamamento a unidade de acción de todas as forzas sindicais e da plantilla no seu conxunto para defender os postos de traballo e o servizo público que prestamos.
Sabede que esta Sección Sindical é unha ferramenta para que a usedes e que se construe cas vosas aportacións.

No hay comentarios: