viernes, 3 de julio de 2009

XUNTANZA CA DIRECCION

Ó final a xuntanza solicitada por delegados sindicais e de persoal tivo lugar o mércores 1 de xullo as 17:15 horas.
Aínda que na convocatoria se solicitaba que estivera o editor, este non acudiu. A lista de asistentes foi: .Xavier Fortes (Director), Alberto Lema (xefe de medios ), Ramón Agras (UGT), Manuel Midón (USO), Carlos Montes (CCOO) e Suso Rivas (CNT).
Sobre o primeiro punto, organización do traballo no Centro Territorial, ante a exposición por parte dos sindicatos de problemas concretos motivados pola falta de información e comunicación como:
- Que saian os Reporteiros gráficos sen redactor/a e sen saber en moitos casos se vai a unha roda de prensa, a coller un total, o sitio que non está nada claro, se é mais importante coller recursos ou só interesa o que diga quen da a roda de prensa,etc.
- Que edición non se comunique debidamente co resto de compañeiros/as de redacción (non será por culpa da distancia física) o que da lugar a que se fagan pezas sobre un mesmo tema practicamente idénticas. Isto non pasa máis grazas a que é o/a propio/a redactor/a quen se preocupa de ver o traballo dos/as seus compañeiros/as para non “pisarse” as informacións.
- Unha aparente falta de confianza do editor cara os demais redactores/as, xa que parece que lle da mais credibilidade a información que dan as axencias que ó/á redactor/a que esta “in situ”, e cousas polo estilo.
Como dicíamos, ante esta problemática, a Dirección, nun principio , limitábase a dicir o difícil que é levar o Centro Territorial xa que éramos moitos menos (debido o ERE) para facer o mesmo traballo, e remataba dicindo o moito que traballaba e que tivéramos comprensión con eles.
A parte sindical recordoulle que non aportaba nada cara o que nos plantexábamos o feito de que Dirección traballara mais ou menos, non era o tema a tratar, que non estábamos alí por casos excepcionais (cas desculpas que poñía parecía que os casos plantexados por nós eran excepcións), senón que eran cousas que pasaban a diario e que se seguíamos as súas recomendacións (comprensión cos erros) significaba simplemente que as cousas seguiran como están, e que nos o que viñamos buscando eran solucións ós problemas, non buscabamos nin desculpas, nin comprensións, nin culpables, senón simplemente, solucións.
Finalmente conseguimos que comprenderan (sobre todo por parte do xefe de medios) a problemática exposta por nos e comprometéronse a facer algunhas melloras na comunicación e na información.
En canto o de traballar con previsións, Dirección dixo que se fan reunións polas mañás as 10:15, mais ou menos, e polas tardes tamén. Xulgade vos mesmos/as.
Tamén se comentou a existencia de problemas en montaxe, os cales se van a acentuar agora no verán co tema das vacacións. Solucións?... non se trataron.
Sobre o 2º punto, as terrenas , pensábamos que Dirección sabería algo, pero non, estábamos errados, a única aportación foi por parte dun sindicato que dixo que se pensaba poñer a funcionar as terrenas no último trimestre do ano.
Rematouse a reunión mostrándonos Dirección o seu agradecemento por solicitar esta xuntanza e animándonos a facelo novamente, isto dependerá de si serven para algo, si vemos que se toman medidas para solucionar os problemas expostos , valorarase o feito de ter mais reunións.
Como resumo, o que pretendía esta sección sindical era facerlle chegar a quenes teñen as responsabilidades organizativas neste centro de traballo que, considérase por parte dun nº importante de traballadoras/es que a forma de organizar o traballo non é a máis axeitada, que hai vontade pola nosa parte (traballadoras/es) de buscar solucións e que agora depende deles ir cara a procura dun cambio de rumbo, do contrario consideramos que se pode entrar nunha situación conflitiva, algo que, polo menos esta sección sindical non desexa.

Dende esta sección sindical queremos pedirvos que nos fagades chegar as vosas opinións e/ou problemas. A razón de ser desta sección e volver os orixes do sindicalismo, a unión dos/as traballadores/as para defender e mellorar a súa situación laboral, nin mais nin menos, para o cal é imprescindible a vosa participación de forma activa.
Hai que escoller entre descansar ou ser libres (Tucídides).