miércoles, 23 de mayo de 2012

Xuntanza sindicatos.


Onte tivemos a primeira xuntanza entre os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO logo de decidir o venres pasado que nos iamos xuntar todos os martes as 14:30 horas para comezar a realizar accións de protesta pola situación que atravesa a empresa.
 Calquera cousa que queirades aportar non tedes mais que facérnola chegar, ben en persoa, os martes as 14:30 no local do comité de empresa en Santiago ou ben contactando con calquera dos sindicatos.
 Onte acordamos conseguir camisetas laranxas en defensa da tele pública, das que están usando en Madrid. Ca idea de poñelas cando traballemos fora do centro de traballo e así se comece a “visualizar” o descontento da plantilla ca actual situación de CRTVE. O prezo é de 5 euros.
 Tamén barallamos alguna outra idea que ten que traballarse algo mais.
 Bueno, polo de agora nada mais, dende este blogue iremosvos tendo ó tanto.

 Toca moverse.


No hay comentarios: