miércoles, 23 de mayo de 2012

Xuntanza sindicatos.


Onte tivemos a primeira xuntanza entre os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO logo de decidir o venres pasado que nos iamos xuntar todos os martes as 14:30 horas para comezar a realizar accións de protesta pola situación que atravesa a empresa.
 Calquera cousa que queirades aportar non tedes mais que facérnola chegar, ben en persoa, os martes as 14:30 no local do comité de empresa en Santiago ou ben contactando con calquera dos sindicatos.
 Onte acordamos conseguir camisetas laranxas en defensa da tele pública, das que están usando en Madrid. Ca idea de poñelas cando traballemos fora do centro de traballo e así se comece a “visualizar” o descontento da plantilla ca actual situación de CRTVE. O prezo é de 5 euros.
 Tamén barallamos alguna outra idea que ten que traballarse algo mais.
 Bueno, polo de agora nada mais, dende este blogue iremosvos tendo ó tanto.

 Toca moverse.


lunes, 21 de mayo de 2012

[29M] Manifiesto para la libertad de Laura Gómez

Las organizaciones abajo firmantes, que defendemos una sociedad libre, democrática, que garantice los derechos de las personas, de las y los trabajadores, EXIGIMOS la libertad inmediata sin cargos de Laura Gómez, Secretaria de Organización de la Federación Local de la CGT de Barcelona.Los “graves delitos” de que se le acusan, son haber participado el 29M, día de la Huelga General, en una teatralización en la puerta de la Bolsa de Barcelona en la que se quemaron simbólicamente unas cajas con papeles dentro.
Este procesamiento y encarcelamiento por haber participado en las movilizaciones con ocasión de la Huelga General, es absolutamente desproporcionado.
Las acusaciones responden únicamente a una estrategia de persecución contra  toda disidencia sindical, social o política. Son un cúmulo de falsedades y perversidades para justificar la prisión provisional.
La única, la verdadera realidad por la que es detenida Laura es por ser sindicalista, activista social, ser luchadora contra el sistema capitalista que nos explota, por no resignarse a vivir de rodillas. El Gobierno quiere dar escarmientos públicos para sentirse fuerte y para ello pasa por encima del derecho a la libertad de las personas. El caso de Laura es un  paradigma de la tropelía de este Gobierno.
Exigimos la libertad inmediata de Laura Gómez y denunciamos a los responsables políticos que están generando un clima autoritario para acabar con los derechos y libertades de la población, de las y los trabajadores, para criminalizar, amedrentar, intimidar a toda la población, para atacar directamente a las organizaciones que hemos optado por luchar, resistir, defendernos.
Junto a Laura están siendo muchas las personas detenidas en estos días, en Barcelona, Valencia, Madrid, Tarragona, etc, etc, todas ellas por haber participado en la HG del 29M, en el libre ejercicio del derecho fundamental a la huelga. Exigimos el sobreseimiento definitivo de las actuaciones contra todas las personas detenidas.  
CNT-CGT-Solidaridad Obrera-Confederación Intersindical-CSC-USO- CCOO-UGT

jueves, 10 de mayo de 2012

Visita de sindicalistas de UGT-rtve de Madrid


Asistentes: 18 persoas.



Exposicións por parte dos sindicalistas de UGT-RTVE:

 Como nos afectou o Real Decreto aprobado polo Goberno en decembro do ano pasado:
 - Plan de pensións sen aportación empresarial, o que supón unha reducción da masa salarial dun 2 %, aproximadamente.
 - Non se poden facer mais contratos, alomenos ata 2014, o que tamén supón que non haberá traslados.


  Temos unha plantilla dunhas 6500 persoas, da cal un 10 % son contratados. Estes contratos fixéronse para cubrir desequilibrios das plantillas producidos polo ultimo ERE. Ó ser por idade deu lugar a que houbera moita xente dunha determinada categoría e faltara doutras, polo que houbo que facer algunhas contratacións para poder manter a operatividade da Empresa.

 Sobre a falta de Presidente apuntaron que é o único con competencias para poder levar a cabo recortes.

 Este é un ano de Olimpíadas, o que levará a ter un sobregasto de 70 millóns de euros. O presuposto anual de CRTVE foi o ano pasado de 1200 millóns, este ano teriamos que ter 1250 (contando unha maior partida polo tema das Olimpíadas) pero temos 964. A isto hai que engadir que tal vez saia este ano, a finais, a sentencia do Tribunal Europeo sobre a tasa que teñen recorrida as Telecos, e probablemente sexa contraria os intereses de RTVE.

 Segundo o Consello de Administración, poderíanse recortar uns 110 millóns “sen tocar” cousas esenciais.

 Sobre o de eliminar Clan ou Tdp, feito que suporía un aforro duns 20 millóns, habería que cambiar a Lei de financiación.

Parece que hai un dilema? Sobre tocar parrilla ou plantilla. O problema de tocar plantilla é obvio e o de tocar a parrilla, daría lugar a unha baixada da audiencia, barallan datos de que se podería chegar a final de ano a un 8% o cal daría pe a que de novo o Goberno de turno se plantexe, para unha audiencia tan baixa para que “tanto” diñeiro, o que implicaría un novo recorte.

 Sobre o das sinerxías con EFE, é algo que non está claro, non se sabe se vai ser compartir algunhas cousas (sede, cobertura de noticias,...) ou se vai ser unha fusión, que sería sumar a plantilla de EFE (1500) á nosa (6500), para finalmente facer un ERE.

 Outra opción que tamén soa algo, aínda que esta está moi, moi verde, sería a do 3º canal que incluiría a todas as autonómicas. Sería como un canal estatal con desconexións territoriais. Púxose o exemplo da tv. Valenciana que con unha plantilla de 1800 vaise facer un ERE para deixala en 600, que sería unha plantilla 6 veces superior a actual plantilla de CRTE-Valencia.


 Todo isto, unido a reforma Laboral, pode dar lugar a que en 21 días se resolva un ERE que nos mande a casa a entre 600 e 2000 traballadores/as á final de ano, polo que insistiron moito en que se se fai un chamamento a mobilización, temos que ir todos/as a unha.

A Lei de financiación, por outra banda, impídenos ter ingresos que non sexan dos Presupostos do Estado ou das tasas das telecos como forma principal de financiamento. Non nos permite ter ingresos por outro lado aínda que non sexa con publicidade, como podería ser vendendo productos de producción propia.

 So se produce un 10 % do que emitimos. Non hai carga de traballo.

 Sobre esta nova opción que entra en xogo, o do programa de Telefónica (patrocinado), resulta que Telefónica débenos 20 millóns de euros, pero o que fai para devolvelos é facer un programa no que pon a presentadora e decide que productora o fai, para logo chegar ca “cinta” e nos emitilo. Non sería mellor cambiar a lei para que nos puideran dar os cartos a nos e así facer nos o programa??

 Recalcaron o cambio de modelo que supón o cambio na forma de escoller ó Consello de administración, que probablemente quede ó final: 5 PP, 3 PSOE e 1 CIU.
 Tamén apuntaron que non se desenrolou un Consello asesor mais plural e que non están, para nada, no debate sobre o modelo de Radiotelevisión Pública que queremos para este país (BBC, modelo alemán, modelo francés,..)

 Preguntas dos/as asistentes.

 Sobre porqué non permiten outros ingresos. Unha opción sería vender documentais, pero o que queren é unha empresa pequena. Parece ser que hai 2 sensibilidades distintas dentro do Goberno actual, unha mais proclive a que desapareza a Televisión Pública e outra que non. Hai quen está empecinado/a en que CRTVE ten moita plantilla.

 Sobre si nos CCTT, onde hai unha ocupación do 100% ou incluso do 110%, de si estariamos “mais a salvo” da desfeita, contestaron que a decisión que se tome non vai ser empresarial, onde non sobre xente non vou recortar, senón que vai ser unha decisión política.
 A empresa venos como corresponsalías, poderían quedar uns cantos traballadores/as para personalizar o sinal e logo comprar todo a axencias e productoras.

 Sobre se se está facendo algo na Mesa de Producción, seica houbo unhas 5 reunións e andan para poñerse de acordo na definición do que é producción propia e o que non o é. Que os que se van a ir, non moven ficha.


 Bueno, pensamos que isto, mais ou menos foi o que deu de si a xuntanza. Pedimos desculpas por se se nos pasou algunha cousa importante.

 Valoración da sección Sindical da CNT en RTVE-Galicia.

 Como vedes falouse bastante dun ERE, algo que preocupa enormemente a esta sección sindical.
 Coincidimos co que plantexaron tanto referido a unidade sindical como a unidade do conxunto de traballadoras e traballadores desta casa, pero creemos  que aparte de meter medo compre facer algo mais, non podemos estar esperando a que nos leven ó matadeiro.

 Temos que estar alerta e preparados/as para mobilizarnos para defender os noso postos de traballo e o servizo público que ofrecemos.
 Non so está en perigo a nosa forma de vida, o traballo que nos procura o sustento (que xa é moito), senón tamén un servizo público esencial nunha Democracia, o dereito a unha información independente.