jueves, 26 de febrero de 2009

SOBRE CONSELLEIRO-SINDICALISTO DE RTVE

O representante de UGT no Consello de RTVE pediu que lle copien os 156 episodios da serie ‘Buffy, cazavampiros’ que emite La 2. ( http://www.elconfidencialdigital.com/Articulo.aspx?IdObjeto=19768 )

O representante de UGT no Consello de RTVE indigna os seus ‘colegas’ da Corporación tras unha visita á delegación de Zaragoza e as súas consecuencias. ( http://www.elconfidencialdigital.com/Articulo.aspx?IdObjeto=16006 )

Dende esta sección sindical preguntámonos para que nos sirve (ós/ás traballadores/as) ter un membro dun sindicato dentro do Consello de RTVE.

domingo, 22 de febrero de 2009

CONSELLOS INFORMATIVOS EN RTVE ¿PARA QUE ?

O Consello de Administración de CRTVE non escoita os Consellos de Informativos de TVE e RNE. A Dirección do ente público pasou por riba do Consello de Redacción de TVE ó rexeitar o amparo que dito organismo concedeulle a dúas redactoras. Agora é o Consello Informativo de RNE quen se queixa da vulneración por parte da Dirección de aqueles artigos que lle conceden competencias.

¿Para qué serven os Consellos Informativos de RTVE? Iso mesmo pregúntanse os seus membros, xa que aínda que as súas funcións están recollidas tanto polo artigo 24 da lei 17/2006 da radio e televisión públicas, como polo artigo 51 do estatuto de Información, a Dirección pasa por riba das súas competencias.

O Consello de RNE enviou unha carta á Presidenta da Comisión de Servizo Público do Consello de Administración, Mª Cruz Llamazares da que tamén se informou ó director xeral de RNE, Santiago González, explicando as vulneracións dos artigos da lei de radio e televisión estatal sobre as súas competencias. Os dous Consellos de Informativos (TVE e RNE) uníronse ante esta situación, que sofren ambos, para adoptar actuacións conxuntas.

Pola súa parte, o Consello de Redacción de TVE queixábase a semana pasada de que a súa función de amparo non fora respectada no caso concreto de dúas compañeiras que acudiran a este consello para que foran devoltas a súa sección. O Consello de Administración, facendo caso omiso deste amparo, negouse. E non é esta a primeira vez que lles ocorre algo así: quéixanse da falla de información sobre os nomeamentos, á que teñen dereito, e de que pese a súa oposición a algúns deles, como os nomeamentos de Juan Pedro Valentín e Vicente Vallés, o Consello de Administración segue adiante cos mesmos.

En RNE a situación é similar, ambos Consellos quéixanse das dificultades tiveron para o seu funcionamento. Apuntan que lles faltan medios materiais, espazo físico para as súas reunións e falta de consideración das súas funcións e competencias. Todo pese a que a dirección, de cara á galería, mostra boa relación con estes órganos e predisposición a atender as súas demandas.

Por iso precisamente recórdanlle a Luís Fernández, presidente da CRTVE, as súas palabras no momento da constitución dos Consellos e pídenlle compromiso. En aquela data, o 17 de xullo, Fernández dixo que os Estatutos “a cuyo amparo se constituyen hoy estos Consejos de Informativos, no es un mero enunciado de principios. Es un aval para el ejercicio responsable de la profesión periodística en esta Casa, que es de todos'.

miércoles, 18 de febrero de 2009

HAY PACTO.

A cousa queda da seguinte maneira, sen entrar en detalles:

Pacto A..........1865 euros
Pacto B...........1650 euros
En Galiza o personal que entraria en pacto serían:

Por S.M.TVE
  • Seguemento partidos: 7 informadores con pacto A, 6 TS Imagen con pacto A e 3 con pacto B, 3 TSP con pacto A.
  • Operativo no centro territorial, coordinaciçon campaña: 1 informador con pacto A, 2 Productor TSP con pacto A, 2 realizadores con pacto A, 2 técnicos superiores de realización con pacto B, 4 operadores VTR con pacto A, 2 de documentación con pacto A, 5 técnicos electrónicos con pacto B, 2 técnicos de son con pacto B
  • Apoio informacion campaña: 1 informador con pacto B.

Pola Corporacion RTVE

  • 1 Reporteiro e 1 informador, ambos con pacto B.

Total: S.M.TVE 27 pactos A e 13 pactos B, Corporacion RTVE 2 pactos B.

martes, 17 de febrero de 2009

PACTO ELECCIÓNS AUTONOMICAS 09

En estes momentos non hai ningún pacto firmado entre o CI TVE e a Empresa, hoxe martes está prevista unha nova xuntanza as 16:30.

Aquí vai un pequeno recopilatorio:
- Nun primeiro momento, tendo en conta as anteriores eleccións autonómicas, a empresa ofrecía:

País Vasco pacto A...1763 euros pacto B...1460 euros
Galiza pacto A...1644 euros pacto B...1362 euros
Nas anteriores eleccións en Euskadi todos/as tiveron pacto A.

Os representantes sindicais pedían un pacto único para Galiza e Euskadi, en canto a cantidade que pedían, esta movíase en torno os 2014 euros.

- Logo de largas negociacións, nas que a Empresa ía facendo subidas de 20 en 20 euros (dende a esta sección sindical estamos en contra destas subidas desorbitadas que poñen en perigo o equilibrio presupuestario desta nosa empresa) chegouse a:

A Empresa aceptou un mesmo pacto para as dúas eleccións autonómicas, movéndose nuns 1800 euros para o pacto A e uns 1500 euros para o pacto B.
Esta última oferta supón unha subida importante para Galiza, pero para Euskadi, no caso do pacto A supón unha subida moi pequena, e se temos en conta que nas anteriores todos/as tiveron o pacto A, ós que agora lle deran o pacto B suporía cobrar menos que nas anteriores, tamén habería que contemplar que en “teoría” terían que traballar menos, pero en Euskadi din que iso non se cumpre, que ó final traballan todos igual.

A Empresa polo de agora non cede, e en Euskadi, logo de facer asembleas, decidiron non aceptar a proposta da Empresa e convocar folga para os días 27 de febreiro e 1 de marzo ( 28 votos a favor de 31 asistentes).

Aquí en Galiza, algúns queren desvincularse de Euskadi na negociación, por considerar que a proposta da Empresa é aceptable.

Dende esta sección sindical consideramos que a estas alturas da negociación o que debemos mostrar é o noso apoio os/as compañeiros/as do País Vasco, mostrar unha postura unitaria ante a Empresa. Consideramos que resultaría moi perigoso mostrar fisuras, algo que a Empresa podería interpretar (acertadamente) como unha debilidade do conxunto dos/as traballadoras/es, hai que ter en conta que se está a negociar o tema das Terrenas, e o que é mais importante, o novo Convenio colectivo. Negociacións nas que nos xogamos moito... o noso FUTURO.

martes, 3 de febrero de 2009

A BBC BAIXA OS SOLDOS DAS SÚAS GRANDES ESTRELAS

Publicamos esta información procedente de El mundo.es (http://www.elmundo.es/elmundo/2009/01/29/comunicacion/1233231048.html), para ver se cunde o exemplo.

Ninguén escapa da crisis publicitaria. A BBC decidíu comenzar o seu plan de recorte de gastos por arriba, é dicir, por reducir os salarios das súas principais estrelas, incluídos Jonathan Ross, Jeremy Clarkson e Chris Moyless.
Segundo publica 'The Guardian', un portavoz da cadea confirmou que á hora de afrontar calquera renovación, os mellor pagados serán os máis afectados. "Respetaremos os contratos en vigor, pero todas as renovacións faranse á baixa", comentou.
"Esto non quere dicir que non respetemos os nosos presentadores máis famosos, pero os seus soldos vanse ver afectados polas condicións do mercado", expresou esta fonte.
Segundo publica 'The Sun', todos os que gañan máis de 100.000 libras anuales na televisión e a radio da BBC verán reducidos os seus soldos nun 25%.
A principios desta semán, comunicouse a máis de 400 altos directivos da radiotelevisión pública británica que os seus soldos reduciríanse hasta nun 12%.
Mark Thompson, director xeral da BBC, xa sinalou a comenzos de novembro que a era dos grandes contratos terminara. Facíao pouco despois de recibir as amenazas do Gobierno, que conminaba á BBC a deixar de pagar sumas astronómicas os seus presentadores se non quería ver recortada a súa financiación pública anual.