miércoles, 25 de noviembre de 2009

ENTREVISTA Ó DIRECTOR

No enlace que figura nesta entrada podedes ver unha entrevista que lle fixeron ó Director de TVE-Galicia en "El Correo Gallego".

http://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/tdt/ecg/xabier-fortes-informativos-tve-tienen-mejor-red-territorial-espana/idEdicion-2009-11-22/idNoticia-489969/

martes, 24 de noviembre de 2009

DISPOÑIBILIDADE




















Hai un tempo que apareceu un novo "bando" da Dirección, facendo unha interpretación persoal (como en outros casos) de certos aspectos laborais e, alomenos é o que parece, olvidando que existe un Convenio Colectivo onde veñen recollidas todas "estas cousiñas".
A raíz desta errónea interpretación do Convenio e, facendo unha importante labor pedagóxica, por parte desta sección sindical procedimos a informar á Dirección do erro no que caerá; para o que metimos o escrito que figura mais abaixo.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

FIRMAN SEN CONSULTAR

Parece ser que os sindicatos "mais" representativos veñen de firmar ca Dirección uns acordos de inmediata aplicación, e que serán incluidos no que vai ser (algún día) o I Convenio da Corporación RTVE.
Non sabemos se este I convenio vaise facer por entregas, ou qué? O asunto é que ainda que nas asembleas se dicia que a negociación ía ser transparente e que se consultaría ó conxunto de traballadores/as isto é o que firmaron sen consultar con ninguén:

http://graficas.cnt.es/documentos/RTVE/acta18yanexo.pdf

Haberá que estar atentos a próxima entrega.

lunes, 16 de noviembre de 2009

PERDA DE UN COMPAÑEIRO

Dende esta sección sindical queremos mostrar o noso pésame a todos os familiares, amigos/as e compañeiros/as de David Gil, redactor de RNE en Santiago de Compostela, e mostrar o noso apoio nestes momentos tan duros.
Unha gran perda para todos/as.
David,o teu recordo perdurará nos nosos corazóns.