viernes, 29 de enero de 2010

ASEMBLEA EN SANTIAGO.




Por fin unha asemblea, dende esta sección sindical votabámola en falta.
O motivo principal era dar o apoio a unha serie de obxectivos e de mobilizacións que viñan de ser aprobadas nas asembleas de Madrid, o papel que nos repartiron é o que figura nesta entrada do blog, como veredes veñen a ser as publicadas na anterior entrada.

Cousas que se falaron:
- Por parte dos convocantes (delegados de persoal), principalmente USO, expúxose a problemática que se está acentuando en Madrid, no tocante a que están sacando todo o traballo para fora, dándollo a Productoras, ca escusa de que sae mais barato, incluso falouse dun comunicado do Consello de Administración no que se di:

En su sesión ordinaria de hoy, miércoles 27 de enero, el Consejo de Administración de la Corporación RTVE ha debatido en profundidad sobre los procesos productivos y ha aprobado por unanimidad la siguiente declaración:
"El Consejo de Administración de la Corporación RTVE, tal y como viene defendiendo desde su constitución, comparte plenamente la posición del Presidente sobre la necesidad de aumentar la producción propia en TVE y la consiguiente reducción de la externalización de forma inmediata y progresiva.
El Consejo considera preciso y urgente dinamizar la negociación colectiva de cara a conseguir unas condiciones laborales que garanticen altos niveles de productividad y consolide el futuro de la Corporación".


Descubriron a pólvora estes do Consello de Administración, claro que foi despois dun profundo debate.
Tamén que a empresa non está pola negociación, que fai o que lle peta, non respecta acordos xa comprometidos, falan de que hai uns 1.000 casos de demandas nos xulgados, falan incluso do caso dun traballador, parece que coñecido por parte da plantilla de aquí (Galiza) que traballa de realizador en Madrid para “Por la Mañana”, programa feito por dúas Productoras, que aínda sendo “da casa” quen dirixe o seu traballo son estas Productoras, ou sexa, que “nos alquilan” xunto cos decorados dos programas, como se fóramos parte do atrezzo.
- Algún traballador apunta que, aínda estando de acordo cas mobilizacións, non lle parece ben que se fagan agora, cando apretan ós de Madrid, e que non se fixera nada, ou practicamente nada, cando empezaron a apretar nos Centro Territoriais.
- Tamén houbo quen preguntou os sindicatos se non farían algo de autocrítica, que cando se firmou a redución da programación estabamos a firmar un pouco o que está pasando agora, e que estas mobilizacións chegaban tarde.
- Por UGT apuntouse que non fomos quen de facerlle cumprir á empresa os acordos do “Pacto dos Peñascales”, que tal vez con estas mobilizacións non se conseguiría nada, pero que sen elas aínda menos.
- Houbo quen puxo un exemplo concreto que nos afecta directamente, a gravación dun partido de fútbol sala en Vigo, feito por unha Produtora e con unha calidade ínfima, o cal poderiámolo haber feito nos por moi pouco diñeiro, e por suposto, con mais calidade.
- Por parte do delegado desta sección Sindical apuntouse que, aínda estando de acordo en que as mobilizacións tíñanse que haber feito antes, hai que dar unha resposta contundente á Dirección desta NOSA EMPRESA, mais vale tarde que nunca, consideramos que se está a xudicializar demasiado as relacións laborais ( 1.000 casos nos xulgados...) e que a única forma efectiva para defender os nosos dereitos é a acción directa.

Ó final procedeuse a votar o documento distribuído polos convocantes, quedando a votación da seguinte maneira (a ter en conta que houbo xente que foi abandonando a asemblea):
Votos a favor: 17
Votos en contra: 0
Abstencións: 9

Agora, a modo de opinión desta sección sindical:
Alegrámonos de que se celebrara unha asemblea, é o único sitio que nos consideramos válido para tomar acordos os/as traballadores/as, agardamos non ter que esperar tanto por outra como fixemos por esta. Dicir tamén, que votamos en falta a xente das Unidades Informativas.
As cousas están jodidas, para todos/as, podemos estar mirando para atrás, compararnos os/as de aquí cos/as de alá, mira que ben están estes e nos... pobriños. Estamos de acordo en que no pasado fixéronse mal as cousas, senón non estaríamos como estamos, pero en algún momento haberá que pararlle os pes a quenes queren acabar co servizo público e cos NOSOS POSTOS DE TRABALLO, e tal vez sexa este o momento, ante a duda... hai que actuar, non podemos quedar de brazos cruzados.
Agardamos que todos/as estemos a altura das circunstancias, hai moitas cousas en xogo, esperemos que non pase como nas últimas convocatorias de folga.

miércoles, 27 de enero de 2010

ISTO COMEZA A MOVERSE

Como saberedes, a semana pasada houbo asembleas en Madrid, a iniciativa dos/as propios/as traballadores/as. Aquí, no Centro Terrritorial temos anunciada unha asemblea para o xoves 28 de xaneiro, supoñemos que para ratificar as reivindicacións aprobadas maioritariamente nestas asembleas feitas en Madrid:


LEMA: NON Á EXTERNALIZACIÓN, (PRODUTORAS, CONTRATOS MERCANTÍS E DIRECTIVOS)

Plataforma Reivindicacións:
- Estabilidade na financiación tras a paralización por Bruselas e Definición do Modelo de CRTVE.
- Plena ocupación en todas as Sociedades de RTVE.
- Paralización da externalización e da supresión de programas.
- Creación dunha mesa paritaria para a Produción Propia Interna.
- Recuperación dos Programas de información de actualidade en TVE e RNE.
- Redución dos Directivos/as Externos/as e supresión drástica contratos mercantís.
- Recoñecemento e carreira profesional dos/as traballadores/as de RTVE.
- Revisión da política de Taxas e Ratios de contabilización da Produción.
- Recuperación de todos os programas e servizos que actualmente estamos en condicións de realizar.

Proposta de Mobilizacións:
- Concentracións en todos os centros de RTVE. Obxectivos: Dirección Contidos, Mediapro, Interactivos, Deportes e Consello Administración.
- Asemblea Produción Propia (Por áreas ou categorías) para recadar datos.
- Denuncia e Concentración no Parlamento (Pleno 9 a 11 de Febreiro e Comisión Control RTVE 23 a 25 de Febreiro). Reunións cos grupos políticos.
- Encontros cos invitados dos programas de TVE y RNE.
- Roda de Prensa. (Cando se convoque a folga).
- Manifestación un sábado (Entre os paros e a folga).
- Paros parciais de 3 horas para afectar á programación de TVE e RNE (Posibles datas 8 ó 22 de Febreiro)
- Folga 24 horas na data sinalada (Posibles datas 23 Febreiro ou Champions 10 de Marzo).

Prioridades da mesa de Produción Propia Interna:
-Establecemento dun plan de Produción Propia Interna de RTVE.
- Estudio dos niveis reais de ocupación dos recursos propios e para a adecuación da plantilla para a máxima produción propia interna e o pleno emprego en RTVE.

Outros puntos:
- Auditoría da Produción de RTVE e depuración de responsabilidades.
- Denuncia persoal a todo aquel responsable que atente contra o dereito de folga, así como ós que impoñan os servizos mínimos abusivos.

Dende esta sección sindical, non podemos dicir que nos alegremos, xa que o feito de que a plantilla decida, de forma tan maioritaria, pasar a movilizarse é síntoma de que as cousas van mal, pero bueno, o que si queremos deixar claro é que é necesario dar unha resposta contundente, pararlle os pes a esta Dirección que, igual que outras que pasaron, tratan de desmantelar esta Nosa Empresa.
Procuraremos mantervos informados/as.

viernes, 15 de enero de 2010

AS TERRENAS PROMETIDAS. Isaías 25,3.

Galego / Castellano

Atopámonos con un novo episodio relativo as Terrenas, os/as compañeiros/as do Centro Territorial de Tve-Valencia das categorías de “profesional medio audiovisual” e “técnico superior de imaxe” teñen a ameaza por parte da empresa de que van a ser adscritos ó servizo das Terrenas de forma obrigatoria,opción esta que ven contemplada no artigo 4 do "Pacto de Terrenas".
Estes/as compañeiros/as non están dispostos/as a que a empresa os/as obrigue, sobre todo tendo en conta que si hai voluntarios entre as categorías de “ profesional técnico medio” e “ técnico superior electrónico”, e están levando a cabo accións para que depoña esta actitude, dende esta sección sindical solidarizámonos ca súa loita.
Este caso víase vir e, lamentablemente, pensamos que non vai a ser o único caso co que nos imos atopar. Non hai mais que ler o pacto para ver o que nos pode vir enriba: prolongacións de xornada, saír so con unha persoa.... E aparte consideramos que a formación do persoal, o “cursillo” facilitado pola Empresa, non é suficiente, e tamén haberá problemas por esa banda.
Da a impresión, a experiencia fainos pensar mal, de que “algúns” teñen interese en que isto das Térrenas non funcione.
O futuro desta nosa Empresa, do servicio público e das nosas condicións de traballo, pasa pola unión de todas e todos na loita pola súa defensa. É momento de deixarse de individualismos e de mirar polo ben colectivo.
Unha aperta.


Nos encontramos con un nuevo episodio relativo a la Térrenas, los/as compañeros/as del Centro Territorial de Tve-Valencia de las categorías de “profesional medio audiovisual” y “técnico superior de imagen” tienen la amenaza por parte de la empresa de que van a ser adscritos al Servicio de las Térrenas de forma obligatoria, opción esta que viene contemplada en el articulo 4 del “Pacto de Terrenas”.
Estos/as compañeros/as no están dispuestos/as a que la empresa los/as obligue, sobre todo teniendo en cuenta que si hay voluntarios entre las categorías de “profesional técnico medio” y “técnico superior electrónico”, y están llevando a cabo acciones para que deponga esta actitud, desde esta sección Sindical nos solidarizamos con su lucha.
Este caso se veía venir y, lamentablemente, pensamos que no va a ser el único caso con el que nos vamos a encontrar. No hay más que leer el pacto para ver lo que se nos puede venir encima: prolongaciones de jornada, salir solo con una persona... Y aparte consideramos que la formación del personal, el “cursillo” facilitado por la Empresa, no es suficiente, y también habrá problemas por esa banda.
Da la impresión, la experiencia nos hace pensar mal, de que “algunos/as” tienen interés en que esto de las Térrenas no funcione.
El futuro de esta nuestra Empresa, del servicio público y de nuestras condiciones laborales, pasa por la unión de todas y todos en la lucha por su defensa. Es momento de dejarse de individualismos y de mirar por el bien colectivo.
Un abrazo.

jueves, 7 de enero de 2010

Novo bando de Dirección.

Está convocada unha xuntanza por parte de Dirección cos/as traballadores/as, ca idea de explicar cal vai ser o funcionamento no Centro Territorial de TVE-Galicia con motivo dos cambios acaecidos na nosa empresa, a partires do 1 de Xaneiro eliminación da publicidade e Telexornal de 25 minutos.

En principio parécenos ben esta e todas as xuntanzas que se poidan facer, é unha reclamación constante desta sección sindical, que haxa unha boa comunicación con todos os/as traballadores/as e que se colla a costumbre de xuntarse, de facer as cousas dunha maneira mais colectiva.

Para esta seccción o traballo en televisión é un traballo en equipo, de ahí a primeira crítica que facemos ante esta convocatoria, faise por areas. Se hai que buscar solucións a problemas, ou hai que establecer formas de traballo, non é mellor facelo de forma colectiva? xuntándonos todos/as e aportando cada un/ha as súa/s idea/s?.

Outra crítica que facemos é que falan de mellorar o tema de traballar con previsións, se vedes a entrada do venres 3 de xullo deste blog, isto era algo do que se falou " En canto o de traballar con previsións, Dirección dixo que se fan reunións polas mañás as 10:15, mais ou menos, e polas tardes tamén. Xulgade vos mesmos/as". Algo significativo, en canto o tema de previsións, e que vaimos ter esta reunión para tratar temas que nos afectan con motivo dos cambios en TVE, a finais do mes de xaneiro, cando estes cambios son efectivos dende o día 1. Todo un alarde de previsión.

Por non abandoar a nosa faceta didáctica vamos aportar unhas definicións que poden resultar útiles:
Previsión: Acción e efecto de prever.
Prever: Ver, examinar ou analizar con antelación o que pode ou debe acontecer (hai que prever as accións futuras).

Dende esta Sección Sindical queremos propoñervos algo a todos/as os/as traballadores/as, como a xuntanza vai ser por areas, alomenos un/ha traballador/a por area, dos/as que asistan a estas reunións, que nos envie un resumo do que alí se trate, e así nos poderemos publicar neste blog o que se trate en todas estas reunións e facelo público.