lunes, 8 de marzo de 2010

ASISTENCIA MASIVA DE TRABALLADORES/AS DE RTVE Á MANIFESTACION DO 27-F




Mais de 4000 persoas (3000 segundo fontes da Policia Municipal, uns centos segundo a dirección de RTVE) manifestáronse o sábado 27 de Febreiro en Madrid para esixir o cese da política de externalizacións e subcontratación de contidos a favor de produtoras privadas.
Sen deixar de reivindicar a producción propia interna, o pleno emprego e a reducción dos directivos externos, a manifestación transcurriu nun tono festivo-reivindicativo e serviu para demostrar á dirección de RTVE e o Governo as discrepancias que se teñen ca xestión e a política que se mantén en RTVE. Unha xestión encamiñada a favorecer os intereses da Sexta e Cuatro así como de produtoras afíns, como Mediapro e El Terrat, todo elo con diñeiro público. Mentras, de cara ó público ofrecese unha imaxe corporativa impecable.
Co lema "Por un futuro para os traballadores de RTVE" a CNT acudiú a manifestación en apoio ós/ás traballadores/as afiliados/as a este sindicato que sofren esta desigualdade.
É importante destacar que, aínda que son os sindicatos (UGT, USO, CCOO, APLI, Alternativa, CGT...) os que están levando a cabo a loxística das accións de protesta, a iniciativa parte do conxunto de traballadoras/es, e tanto nas asembleas como noutras accións é o conxunto de empregadas/os quen ten a voz e a responsabilidade das movilizacións. Unha implicación que dende esta sección sindical creemos fundamental si de verdade queremos parar o desmantelamento de RTVE.
Pola recuperación da producción propia, pola calidade do servizo público. Contra a precarización das condicións laborais, e sobre todo polo teu futuro.
MOVILÍZATE.