jueves, 22 de marzo de 2012

Manifestación 24 Marzo en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral






Ante o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha série indefinida de recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 24 de Marzo. A manifestación partirá da Alameda às 12:00 (desde o palco da música), para rematar na Praza do Oito de Marzo.

Sobran motivos para ir à folga
Tras o Decretazo do 30 de Decembro no que se aprobou un drástico recorte do gasto público, a suba do IRPF, a conxelación do emprego público e o posterior e bochornoso Acordo de CCOO, UGT e a CEOE de 25 de xaneiro, que estabeleceu que durante os próximos anos a clase obreira continuaremos a perder poder adquisitivo e que os empresários terán moito máis poder para cambiar as condicións laborais, sufrimos agora esta nova arremetida do Goberno contra os nosos direitos.

Reforma tras reforma, paso a paso, sen présa pero sen pausa, o gran capital e os monicreques que se turnan á fronte do Goberno para defender os seus intereses (González, Aznar, Zapatero, Rajoy) proseguen cos seus plans para desmantelar paulatinamente os escasos direitos que aínda nos quedan.

O PP xa anunciara que seria unha Reforma agresiva e así é:
- Reduce a indemnización por despedimento dos contratos indefinidos de 45 días por ano e 42 mensualidades como máximo a 33 días por ano e 24 mensualidades, amplia as causas do despedimento obxectivo con indemnización de 20 días por ano - as empresas poderán acoller-se a esta modalidade simplemente alegando que levan tres trimestres en situación negativa.
- Estabelece-se para as empresas de menos de 50 traballadores unha nova modalidade de contrato indefinido que ten un período de proba dun ano (durante o que o empresário pode despedir sen ningunha indemnización e sen ter a necesidade de alegar ningunha causa).
- Impulsa a contratación a tempo parcial e favorece-se a flexibilidade interna nas empresas. Os empresários poderán cambiar a xornada laboral e aplicar a mobilidade funcional, mesmo entre distintas categorias profesionais.
- Equiparan as ETTs cos servizos públicos de Emprego.
- Facilita que os empresários poidan descolgar-se do acordado nos convénios colectivos, a prórroga automática dos convénios terá unha duración máxima de dous anos. Falando en prata, poderán baixar os salários, modificar xornadas, e logo negociar convénios à baixa.
- Facilitan-se os despedimentos colectivos, as empresas xa non terán que ter autorización da Administración para realizar EREs
- Os traballadores en paro que cobren prestacións terán que realizar traballos en benefício da comunidade.
- As mútuas patronais terán máis poder para controlar e presionar aos traballadores que se dean de baixa.
- Modifica-se o sistema de formación para o emprego.
- Estabelecen-se novas bonificacións á contratación para os empresarios.

A todo isto hai que engadir-lle os contínuos recortes en servizos públicos que vimos padecendo e sumar-lle as perdas de direitos laborais e sociais consecuéncia das últimas reformas do goberno de Zapatero.

Queda claro entón que sobran os motivos para ir à folga:
Porque traballamos mais, con menos direitos e por menos cartos... e todo é máis caro!!
Porque nos recortan a tod@s: na privada, na pública, aos parados, pensionistas/as
Porque non queren aforrar senon lucrarse privatizando os servizos públicos e impoñendo unhas condicións de traballo próprias do século XIX.
Porque o de tod@s goberna-se desde a ditadura dos mercados.
Porque non van parar... temos que pará-los!!
Por dignidade

É unha reforma inxusta, inmoral e ilexítima que ataca frontalmente os máis elementais direitos da clase obreira, por tanto, desde CNT chamamos a todos os traballadores e traballadoras á rebelión e a loita contra esta nova agresión.

lunes, 12 de marzo de 2012

Recollida de sinaturas.



Dende a Sección Sindical da CNT en RTVE-Galiza promovimos unha recollida de sinaturas entre traballadoras e traballadores do Centro Territorial (Santiago de Compostela e A Coruña), pedimos a colaboración de compañeiras/os das categorías de técnicos/as, cámaras, producción e redacción.

Recollimos un total de 18 firmas, sabemos que non están todas/os os que apoian esta iniciativa, pero por non demorarnos mais no tempo, consideramos que son suficientes.

A idea de esta acción é "contrarrestar" o que fixo a Dirección do Centro territorial ca súa "pseudoencuesta", deixando constancia de maneira clara que moitas/os compañeiras/os do Centro Territorial non estamos pola labor de realizar funcións que non veñen recollidas en Convenio.


Non podemos nin debemos permanecer impasibles ante as agresións que estamos padecendo, algunhas imporanse pero outras, entre todas e todos, seremos quen de paralas.

A maior derrota é non plantexar batalla.