jueves, 12 de septiembre de 2013

Visita do secretario xeral da UGT-RTVE.

Lugar/hora : Plató grande / sobre as 14:35 horas.
Asistentes: 18 traballadoras/es.
 A continuación facemos un resumo do que se falou na xuntanza:
 Comezan a charla felicitando á plantilla polo traballo realizado con motivo do accidente ferroviario do pasado 25 de xullo.
 A negociación deste II Convenio da Corporación, remata o 30 de setembro deste ano. E, tal e como se comprometera a parte social, someterase a referendum antes da firma.
 Non é un bo acordo, pero vendo o contexto xeral no que nos atopamos, dentro do malo é o mellor posible.
 O tridente formado por SEPI, Facenda e Dirección de RTVE plantexaba un recorte de 39 millóns de euros da masa salarial, isto pòdiase facer de 2 maneiras, unha negociada e outra sen negociar, imposta pola parte “dominante” (o tridente ) o cal implicaria ben un ERE, ata aforrar a cantidade proposta ou ben un “descuelgue” de Convenio (total ou parcial), o que daria lugar a que se nos aplicase o Estatuto dos Traballadores/as. Grazas a negociación conseguiuse rebaixar a cantidade plantexada inicialmente de 39 a 28,5 millóns de euros.
 Un apunte que volveron a remarcar, xa o fixeran noutras xuntanzas, é que a masa salarial representa mais dun 40% do total dos presupostos da Empresa, e iso, seica, non pode ser. Imaxinamos dende esta Sección sindical que isto está marcado nas regras de xogo do actual sistema fascista/capitalista.
 Seica houbo cousas innegociables pola parte social, cousas que non estaban dispostos a que se tocaran:
 - Mantemento da plantilla acordada no Acordo dos Peñascales (onde se acordaron as condicóns da xente que entrástedes a partires desa data) durante a vixencia do Convenio. Isto tamén figuraba no I Convenio da Corporación, o de ligar plantilla a vixencia do Convenio.
 - Que non se aplicara movilidade xeográfica, algo que si permite a Reforma laboral. Parece ser que si se pode aplicar actualmente as persoas que leven menos de 5 anos na Empresa (¿?).
 - Mantemento da actual estructura territorial, 32 persoas en CC.TT. de TVE, 16 nos de RNE e 6 nas UU.II.
 - Retirada do contrato fixo-discontinuo, que xa se pretendia aplicar os/as compañeiros/as do Coro e Orquesta de RTVE, e con tempo, quen sabe a quen mais.
 Qué cousas vanse cambiar/recortar?
 - Conxelación dos saltos de nivel durante un tempo, non se van eliminar.
 - Antiguedade. Actualmente o máximo son 11 trienios, facendo unha media salian a 80 euros por trienio, pasaran a ser todos de 60 euros. Estase negociando que o cambio se faga a partir de que se cobre o trienio que se esté xenerando.
 - Cambio/eliminación das rutas de transporte. O que estamos cobrando por transporte en Santiago de Compostela recortarase nun 50%.
 - Recorte dun 25% da paga de Marzo. O que quede e mais a de Setembro prorratearase entre o resto para ter 14 pagas en lugar das 16 que temos agora.
 - Recorte dun 100% da paga dos 10 anos, liquidarán a parte proporcional que nos corresponda á firma do Convenio. O mesmo pasará cas vacacións dos 20 anos.
 - recorte dun 5% en todos os complementos.
 - Recorte nas comidas, pagarán un 50% menos.
 Este Convenio tería vixencia ata o 31 de decembro de 2015, tendo a partires desa data 1 ano para negociar o novo, polo que podería acabar tendo vixencia ata o 31 de decembro de 2016. Pode denuncialo calquera das 2 partes firmantes 4 meses antes de rematar a súa vixencia (31/12/2015).
 Tamén se está negociando o das novas categorias.
Xa sabedes que a maravillosareformalaboralquesolucionarátodososproblemasdomercadolaboralparoincluido favorece a parte Empresarial, polo que  non nos espera nada bo (isto decimolo nos, a CNT).
 O noso delegado sindical preguntou se sabían como se nos ia compensar o traballo feito con motivo do accidente ferroviario do 25 de xullo, que facía case 2 meses e ainda non sabiamos se íamos cobrar, ou qué? Seica a Dirección da Empresa non pagará a través dunha “gratificación xenerosa” pero que non sabía canto ía ser.
 Tamén comentou que pasaba ca reivindicación dos 3 cámaras de Santiago de Compostela que actualmente está reclamando plus de disponibilidade para todos/as. Dixo que o mirarian nas próximas semanas.
 Bueno, mais ou menos, isto foi o que se tratou. Como sabedes dende esta Sección Sindical procuramos tervos  informados/as de todo o que poidamos, o cal non é moito, xa nos gustaria ter mais información, pero iso non depende de nos.
 Sección Sindical da CNT en RTVE-Galiza.