martes, 8 de septiembre de 2015

Ata logo.

Queremos informarvos de que este blogue da Sección Sindical da Cnt en RTVE Galiza vai deixar de estar operativo.

 Tomamos unha decisión difícil, non sabemos si acertada ou non, a de deixar de realizar a actividade sindical que viñamos facendo dende o ano 2008 a través desta Sección Sindical en Galiza, non así a nivel estatal.

 Consideramos, mirando todo o que fixemos, que a nosa labor foi bastante satisfactoria. Sempre tivemos en conta que esta Sección era unha ferramenta mais na defensa dos dereitos da clase traballadora, algo útil para provocar o cambio de sistema que buscamos.

 Para nos foi un orgullo realizar esta labor baixo as siglas deste sindicato de clase que é a CNT, queremos agradecer todo o traballo e axuda que nos prestaron dende o S.O.V. de Compostela, dende a Coordinadora de Artes Gráficas e Espectáculos da CNT en Madrid, e por suposto, a Sección Sindical Estatal da CNT en RTVE. Sin esta axuda non poderiamos facer o que fixemos ó longo destos 7 anos.

 Esta decisión non é algo irreversible, mais polo momento imos tomar outro camiño, tendo en conta que o fin segue a ser o mesmo que nos moveu a crear a Sección Sindical da CNT en RTVE Galiza.

 Unha aperta e despedimonos ca frase que encabeza este blogue:


“Hai que escoller entre descansar ou ser libre”