viernes, 31 de octubre de 2014

Xornada de paros parciais en CRTVE Galiza

Onte tivemos unha xornada de paros parciais na Empresa.
 Dende esta Sección Sindical consideramos que sobran os motivos para levar a cabo calquera tipo de acción como protesta pola actual situación da CRTVE.
 Cada día a manipulación e a censura fanse mais presentes, aumenta o desembarco de xente afín ó partido do Governo en postos de dirección, non temos un financiamento estable e asegurado, desmatelamento do servizo público como é a non emisión por onda curta de Radio Exterior de España, e así sigue, e sigue,...
 Mentras os/as traballadores/as sufrimos recortes, seguen chegando "estrelas" e "propagandistas" de fora ca casa moi ben pagados/as.
 Cando chegará o día que neste país "os/as mellores" ocupen os postos de responsabilidade e de decisión, e non o fagan "os/as amigos de...."; cando unha persoa accedera a eses postos a través de demostrar a súa valía profesional, cando as persoas que defenden o privado deixarán de esquilmar o público...

 QUEREMOS UNHA CRTVE PUBLICA, INDEPENDENTE E CON FINANCIAMENTO ESTABLE.

O PUBLICO E SERVIZO, O PRIVADO BENEFICIO.

jueves, 23 de octubre de 2014

CENSURA EN CRTVE GALIZA?

Esta semana sufrimos un episodio na CRTVE Galiza que queremos poñer en coñecemento de todos/as vos.

 O peche da Onda Curta supón un varapao ó servizo público, que é o principal cometido da nosa Empresa, e ademais deixa abandoadas a moitas persoas que teñen, bueno, mellor dito, tiñan, a Radio Exterior de España como único nexo de unión ca actualidade de España e o Mundo a través da Onda Curta, pois non teñen acceso a internet.

Isto último está demostrado pola multitude de “queixas” que se manifestan a través de diversos medios, un dos sectores mais afectados e mais reivindicativos en canto a este “peche” da Onda Curta, son os/as mariñeiros/as.

 O malestar deste colectivo vense recollendo de forma habitual en diversos medios de ámbito autonómico aquí en Galiza.

 A comezos desta semana ofreceuse a RTVE Galiza a opción de elaborar unha noticia sobre este tema a bordo dun barco. Nun principio, íase elaborar esta noticia para o Centro Territorial e logo, tras mostrar o seu interese,  para o programa “Agrosfera”.

 Isto ia ser así, ata que alguén deu a orden de que esa noticia non se cubría.
Que quede claro que non imos a consentir este tipo de actuacións por parte dos comisarios políticos (con minúsculas) postos polo partido no PODER.

 A nosa razón de existir é o Servizo Público, un dos mellores exemplos do servizo, é a emisión de Radio Exterior de España a través da Onda Curta.

 NON O PECHE DA ONDA CURTA. NOBLEJAS SOMOS TODOS/AS.


 Campaña de recollida de firmas en Change.org