martes, 18 de noviembre de 2014

Pronunciamento do Consello de Informativos sobre a queixa en canto o "mal uso" do Galego

Dende esta Sección Sindical queremos denunciar o “abandono forzado” do servizo público que temos que prestar dende a CRTVE.

 Este abandono estase levando a cabo en contra da vontade das/os traballadoras/es.

 As últimas decisións tomadas por parte de distintas Direccións da CRTVE están tratando de valeirar a Empresa do seu contido como Servizo Público.

 Xa denunciamos no seu día o trato que se lle da o Galego
( http://cntrtvegalicia.blogspot.com.es/2014/09/na-defensa-do-uso-do-galego-nos-medios.html ) presentando unha queixa formal ó Consello de Informativos que na acta da súa última xuntanza ven de dar a razón a CNT.

viernes, 31 de octubre de 2014

Xornada de paros parciais en CRTVE Galiza

Onte tivemos unha xornada de paros parciais na Empresa.
 Dende esta Sección Sindical consideramos que sobran os motivos para levar a cabo calquera tipo de acción como protesta pola actual situación da CRTVE.
 Cada día a manipulación e a censura fanse mais presentes, aumenta o desembarco de xente afín ó partido do Governo en postos de dirección, non temos un financiamento estable e asegurado, desmatelamento do servizo público como é a non emisión por onda curta de Radio Exterior de España, e así sigue, e sigue,...
 Mentras os/as traballadores/as sufrimos recortes, seguen chegando "estrelas" e "propagandistas" de fora ca casa moi ben pagados/as.
 Cando chegará o día que neste país "os/as mellores" ocupen os postos de responsabilidade e de decisión, e non o fagan "os/as amigos de...."; cando unha persoa accedera a eses postos a través de demostrar a súa valía profesional, cando as persoas que defenden o privado deixarán de esquilmar o público...

 QUEREMOS UNHA CRTVE PUBLICA, INDEPENDENTE E CON FINANCIAMENTO ESTABLE.

O PUBLICO E SERVIZO, O PRIVADO BENEFICIO.

jueves, 23 de octubre de 2014

CENSURA EN CRTVE GALIZA?

Esta semana sufrimos un episodio na CRTVE Galiza que queremos poñer en coñecemento de todos/as vos.

 O peche da Onda Curta supón un varapao ó servizo público, que é o principal cometido da nosa Empresa, e ademais deixa abandoadas a moitas persoas que teñen, bueno, mellor dito, tiñan, a Radio Exterior de España como único nexo de unión ca actualidade de España e o Mundo a través da Onda Curta, pois non teñen acceso a internet.

Isto último está demostrado pola multitude de “queixas” que se manifestan a través de diversos medios, un dos sectores mais afectados e mais reivindicativos en canto a este “peche” da Onda Curta, son os/as mariñeiros/as.

 O malestar deste colectivo vense recollendo de forma habitual en diversos medios de ámbito autonómico aquí en Galiza.

 A comezos desta semana ofreceuse a RTVE Galiza a opción de elaborar unha noticia sobre este tema a bordo dun barco. Nun principio, íase elaborar esta noticia para o Centro Territorial e logo, tras mostrar o seu interese,  para o programa “Agrosfera”.

 Isto ia ser así, ata que alguén deu a orden de que esa noticia non se cubría.
Que quede claro que non imos a consentir este tipo de actuacións por parte dos comisarios políticos (con minúsculas) postos polo partido no PODER.

 A nosa razón de existir é o Servizo Público, un dos mellores exemplos do servizo, é a emisión de Radio Exterior de España a través da Onda Curta.

 NON O PECHE DA ONDA CURTA. NOBLEJAS SOMOS TODOS/AS.


 Campaña de recollida de firmas en Change.org

jueves, 18 de septiembre de 2014

Na defensa do uso do Galego nos Medios de Comunicación Públicos

Esta Sección Sindical ven de presentar un escrito denunciando, o que consideramos, supón un incumplimento das obligacións que ten a CRTVE como prestadora do servizo público que lle encomenda, entre outras, a Lei 17/2006, do 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal, no que se refire ó uso, defensa e promoción do Galego e das demais linguas cooficiais de España.

A continuación reproducimos parte do seu articulado:

Artigo 3. Encomenda do servizo público de radio e televisión.
e) Promover a cohesión territorial, a pluralidade e a diversidad lingüística e cultural de España.
g) Editar e difundir canles radiofónicos e de televisión de cobertura internacional que coadyuven á proxección cara ao exterior das linguas e culturas españolas e á
adecuada atención aos cidadáns españois residentes ou desprazados no estranxeiro.

Artigo 7. Estrutura da Corporación RTVE.
4. A Corporación RTVE contará coa estrutura territorial necesaria para atender a
adecuada prestación das súas funcións de servizo público, prover de contidos
rexionalizados á realidade estatal, contribuír ao desenvolvemento da cohesión interterritorial, atendendo o feito insular e as condicións de rexións ultraperiféricas.
As desconexións faranse na lingua propia das CC.AA.

Artigo 28. Pluralismo e dereito de acceso.
1. A Corporación RTVE asegurará na súa programación a expresión da pluralidade social, ideolóxica, política e cultural da sociedade española.

Dende fai xa demasiado tempo comprobamos como se insta en demasiadas ocasións ás persoas que aportan o seu testemuño a que o fagan en castelán, despois de que a súa primeira intervención (a que escolleron libremente, sen que ninguén llo pedira) sexa en Galego. Ás veces, asi cónstanos, insistindo aínda despois de que a persoa diga que lle custa expresarse en Castelán.


 Non entendemos porque non se usan subtítulos, que sería o máis correcto; como se recolle no manual de estilo:

Artigo VI, A Linguaxe en RTVE.
6.5.8.9. Nomes e Topónimos.

Subtítulos e doblaxe 
Cando unha persoa invitada a participar nunha información ou un programa utiliza un idioma español que non sexa o castelán hai que garantir que a audiencia entende as súas palabras pero débeselle permitir escoitar algo da versión orixinal porque o modo de expresarse e as modulaciones da voz son parte da mensaxe e da personalidade do que fala. O máis respetuoso é o subtitulado que permite escoitar o orixinal e enten¬der o seu significado. Na radio é preciso que sexa audible a versión orixinal ao comezo e ao final da frase seleccionada aínda que se dobre a totalidade. No caso dos idiomas estranxeiros as intervencións ofreceranse dobradas ao castelán

Tamén queremos facer incapié no feito de que, tal vez, a única opción que ten unha persoa de oir/ver un testemuño en lingua galega e que non sexa residente en Galiza é polos testemuños que a través de RTVE emítanse en Galego para todo o territorio, subtitulando ao Castelán. 
Esta sería a forma máis correcta de dar cumprimento ás obrigacións antes mencionadas.

Por todo isto solicitamos ao Consello de Informativos de TVE, si asi considéra tendo en conta nosa argumentación, que inste ás persoas responsables a que cumpran co cometido que outorga a lexislación vixente a RTVE en canto ao uso das linguas cooficiales nas distintas CCAA, xa que pola contra estaríase vulnerando a liberdade das persoas que nun primeiro momento deciden usar unha lingua e "pídeselles" que o fagan noutra, estaríase manipulando ao non reflectir a realidade lingüística dun Territorio, ás veces ata se escolle un total por estar en Castelán, e por non reflectir de forma correcta a riqueza lingüística e xa que logo cultural de España.


 Agardamos que o Consello se pronuncie sobre este aspecto, do que cal vos teremos informados/as.

domingo, 27 de julio de 2014

Non hai democracia sen medios de comunicación libres.


 Nun novo ataque ó xornalismo libre, a sección de UGT no centro territorial de Asturias de RTVE denunciou ante a empresa por supostas incompatibilidades a un dos sues propios compañeiros, o redactor Xuan Cándano.
A. Sánchez | Periódico CNT
A CNT de Oviedo denunciou nun comunicado de apoio, que  no trasfondo estaba o intento de represalia pola publicación en Atlántica XXI (da que é director), o pasado Setembro, de varios artigos sobre o sindicato socialista. O pasado 10 de abril, Xuan gañou o xuizo interposto contra a sanción que RTVE lle impuxo, ainda que o xuiz non admiteu a súa demanda por vulneración de dereitos fundamentais.

lunes, 31 de marzo de 2014

COMUNICADO CONXUNTO CGT/CNT RTVE.

O pasado martes 11 de febreiro varios activistas do Campamento da Dignidade irrumpiron sen violencia no plató de TVE Mérida para ler un comunicado durante a emisión do informativo territorial ante o que consideraban un silenciamento sistemático das súas accións e reivindicacións. Con esa acción evidenciaban que RTVE está lonxe de cumprir o disposto tanto na Lei de financiamento da Corporación RTVE de 2009, onde sinala que ten que adicar, polo menos, 12 horas á semana , en horario non residual entre os seus diferentes canles de radio e de televisión a emitir programas e presenza nos servizos interactivos nos que se de acceso, entre outros, a grupos sociais, como no mesmo Mandato Marco aprobado polas Cortes Generales en 2007 en canto a dar cabida a todas as opcións presentes na sociedade española, fomentar o pluralismo e a participación dos cidadáns no desenrolo social e económico así como o compromiso na redistribucción da riqueza.



martes, 28 de enero de 2014

Visita sindicalistos UGT RTVE Madrid.

Visita do Secretario Xeral da Sección Sindical da UGT en RTVE.

Lugar/hora : Plató grande / sobre as 14:35 horas.
Asistentes: 22 persoas.

 Exposicións varias desta xente.

 - Din que a estructura territorial favoreceu que saira o SI no referendum.

 - Sobre o de unificar as sedes de RNE e de TVE nas Comunidades onde non a compartian (Euskadi, Extremadura e Galiza), seica non se vai levar á cabo, quedamos como estamos.

 -Paga dos 10 anos e vacacións dos 20 anos.
 Sairon sentencias que ratifican que se contabilizarán tanto os tramos ininterrumpidos como os interrumpidos. Como cabe recurso, supoñen que a Dirección da Empresa vaino facer.
 Seica para a semana que ven, se solucionará o tema dos complementos de polivalencia. Xa aperecerán as polivalencias "ad personam" a quen lles correspondan.

 - Din que se pode xerar a medio prazo un debate interesante, e a vez preocupante, pola situación na que está o servizo público de radio e televisión, debido o peche de Canal 9; din que cando saia a sentenza de TeleMadrid pasará algo similar. Tamén apuntan a que a situación de varias televisións autonómicas é moi complicada (Canal Sur ten unha débeda duns 1.000 millóns de euros, outras en situacións similares) o que fai que esas comunidades carezan dun servizo que antes tiñan.
 Algúns gobernantes xa mostraron o seu interese en que ese espazo o cubra RTVE.
 Partindo de que dende UGT non están de acordo en asumir ese papel a costa de que se peche un medio público, como foi o caso de Canal 9, podese dar o caso de que ó final RTVE se vexa "obrigada" a cubrir esa carencia.
 Din que, chegado o momento, eles son partidarios de que o que se decida, sexa algo igual para todos os CCTT. Isto é , se se decide unha desconexión territorial de 2 horas para Valencia, tería que ser para todas as comunidades e, aquí é onde se xeraría o debate.

 - Falan de que a actual situación da Empresa se sustenta en 4 patas:
 Convenio. Está solucionado ata o 2016.