viernes, 27 de mayo de 2011

Visita de sindicalistas de UGT-rtve de Madrid

O xoves 19 de maio tivemos outra visita dos compañeiros da UGT, que xa estiveran na ocasión anterior http://cntrtvegalicia.blogspot.com/2011/01/visita-de-sindicalistas-da-ugt-rtve-de.html .

O primeiro que comentan, ó igual que a anterior vez, é sobre Marta Bretos, que da a impresión de que traia unha intención que non levou a cabo ó final, vendo que viña dunha empresa (Correos) onde se levou a cabo un ERE e foi para outra (PRISA) onde andan con outro ERE a voltas.

Apuntan a que o futuro da empresa asentase en 3 patas, principalmente, que son, a negociación do Convenio, a financiación e a produción.

Pata 1. Convenio.

Insisten, unha vez mais, en que a referencia que a parte social acepta para negociar é o XVI Convenio e os acordos parciais do XVII, para nada teñen en conta a proposta da Dirección.

Chegaron a acordo na parte de provisión de postos de traballo e na de faltas e sancións, esta última din que é o mesmo articulado que había no Convenio vixente (XVI e acordos parciais XVII) pero ordenados de distinta maneira.

No que respecta a proposta da Dirección en canto a xornada, din que non é negociable por ninguén da parte social.

A nivel estatal estase negociando entre patronal e sindicatos a reforma da Lei de Negociación Colectiva, punto que seica non afecta os Convenios abertos (coma o noso, que se están negociando) pero si levará unha transitoria que dirá que cando non hai acordo entre as partes, entrará un arbitraxe, o cal din que non é bo.

O prazo para a firma do Convenio, fixada no seu día para maio (estaba ligada o 1% de subida que nos deben do noso salario á firma na data marcada), ampliouse ata o 15 de xuño, pero xa dixeron que o ven imposible.

Pata 2. Financiación.

Falan de que existe un déficit de 40 millóns de euros, debido a que as telecos non ingresaron 60 millóns que tiñan que ingresar e a que tiñamos un superávit do ano pasado de 20 millóns.

A lei seica di que é o Estado quen ten que poñer esta pasta, pero este escúdase en que “a cousa está moi mal e non hai pasta”.

Aparte de todo isto, aínda está pendente o tema da resolución de Bruselas sobre a Lei de financiación de rtve, neste caso están en xogo uns 340 millóns.

Falando desta lei, dicir que en España copiamos o modelo francés, pero con “pequenas” diferenzas. No modelo francés a aportación mediante taxas ás privadas supón un 20%, fronte o 50% no español, e no modelo francés mantiveron 2 minutos de publicidade.

Dixeron que somos unha das tv públicas europeas mais baratas, saímoslle a 25 euros por español/a e si temos en conta as autonómicas, a 50 euros. Nunha lista de 27 (a nº 1 sería a mais cara) ocupamos o posto nº 24.

Pata 3. Produción.

No 2010 foi dun 20%, a lei contempla bastante mais.

Non hai plantilla nos CCTT para facer todo: cubrir información para o Telediario e o Telexornal, programas, etc. polo que plantexan a necesidade de establecer , qué podemos facer dende os CCTT? Cales son as plantillas actuais? Necesidade de contratacións?.

Recordaron que nos “Peñascales” a plantilla tipo que se firmou era de mínimos, non de máximos.

Falaban de 2 cláusulas importantes, que os recursos propios usados acaden o 100% e o mantemento da actual estrutura de CCTT. Se isto se recolle no Convenio, tería rango de lei.

Opinión de cnt-rtve Galiza.

Non vemos que aportaran nada novo con respecto a última visita que nos fixeron.

Vemos que todo está moi parado e, mais que estará a partir de agora ó meternos no verán.

Está ben o de establecer ese “trípode” de prioridades, pero falta moito por conseguir.

Enmarcamos a visita na campaña das eleccións sindicais.