domingo, 23 de diciembre de 2012

ASEMBLEA DE TRABALLADORAS/ES.


Asemblea traballadores/as, 20 decembro 2012.

Primeiro pedir desculpas por non “colgar” un resumo da xuntanza do martes 18 de decembro convocada polo director, pero foi debido a que o delegado desta sección sindical non estaba en Santiago ese día.

Asistencia aproximada de 26 persoas.
Comezou falando Midón (USO) da nova estrutura territorial, do carácter voluntario das sinerxias, de que nalgúns centros Territoriais, como é o caso de Asturias e Cantabria, a xente de RNE fai cousas para TVE e de que se están dando pasos parecidos os que se deron antes de que se fixera o ERE no ano 2006. Sinalou que USO está pola formación.

O noso Delegado Sindical plantexou a cuestión de si se prefería continuar a asemblea sen contar ca presenza das/os traballadoras/es con cargos de responsabilidade, abriuse un pequeno debate e logo Suso plantexou que se votara esta opción e que non se perderá mais tempo neste debate, xa que o tempo para celebrar a asemblea era limitado (14:45 a 15:50). Cando comezou a votación una desas persoas sentiuse moi ofendida e abandonou a asemblea, logo a inmensa maioría acordou que estiveran todas as persoas que quixeran, mandouse buscar a persoa que marchara pero esta non quixo volver.

Logo o noso Delegado dixo que a CNT considera esta asemblea mais que para que os sindicatos deran información, para escoitar as/os asistentes e coñecer como “está o patio”. Ademais apunta a que a CNT non dispón de ningún tipo de información a maiores da coñecida por todas/os.

Comezan as intervencións, colle quendas de palabra o noso Delegado.
Por parte dos/as traballadores/as, e atendendo as primeiras intervencións, quedou claro que a sensación que tiveron respecto a charla anterior; a do martes, foi que o Director tivo una actitude de “meter medo”. O Director volveu a insistir en que para nada era o que pretendía transmitir.
Preguntouse por parte dun traballador, cómo se medía a produtividade? Xa que nunha semana se fora 2 veces a gravar Vieiras, 3 a gravar un Belén,… A Responsable de Produción dixo que iso se debía a que o non pedir Madrid (Informativos, programas) as cousas á vez, estábase na obriga de actuar deste xeito. Esta información que non é coñecida por parte dos/as traballadores/as é o que fai que non entendamos este xeito de facer as cousas por parte de quen organiza o traballo no Centro territorial.
Un traballador dixo que había que defender a programación Territorial e darlle prioridade sobre Madrid. Consideraba que a reunión chegaba tarde e que en calquera caso sería bo ter una postura unitaria de toda a plantilla e non facer nada novo en canto as función de cada traballador/a ata que se deran os cursos. Que non se tolere a política de “feitos consumados”
Unha traballadora esixía una posición dos sindicatos ó respecto desta nova situación, se se quere ou non a fusión. Dixo que estaba claro que íamos cara un ERE, que non esperaramos a que nos viñera todo “masticado” e consideraba que un curso formativo de 1 semana é claramente escaso.
Outro traballador mostrábase partidario de “facer piña” todas/os, de poñer en valor o Centro Territorial en Madrid e de que se faga a transición de xeito legal, esperando o que faga falla ata que se dean os cursos correspondentes.
Unha traballadora dixo que xa se están facendo cousas que non están ben, como pezas para TVE por xente de RNE, escribir textos sen ver as imaxes, traballar sobre textos minutados por RNE sen saber quen os escribiu …
O noso Delegado intervén para chamar a responsabilidade de cada un/ha a nivel individual, dicindo que as acción de cada persoa teñen unha reacción. Que o mellor a min persoalmente gústame facer unhas determinadas funcións, pero que iso pode implicar que se poña en risco o posto de traballo dalgúns/as compañeiros/as, puxo de exemplo cando os/as redactores/as comezaron a montar o cal a xuízo del pode poñer en risco o posto de traballo dos/as montadores/as. Que, como dixo outra xente, temos que ir todos/as xuntos/as para poder conseguir algo, que de forma individual non se vai poder facer nada, a defensa dos dereitos ten que ser de xeito colectivo.
Un traballador dixo que o Comité de Empresa debía de amparar de forma individual os/as traballadores/as.
Outro mostrouse favorable as sinerxias entre TVE e RNE. Tamén apuntou que lle gusta montar, que fai que se implique mais no traballo que fai e que nunca considerou que esa actitude fixera peligrar os postos de traballo de montaxe.
Intervén un membro do Comité, Manu (UGT) para dicirlle que en Madrid se despediran (ou non renovaran contrato, que ven a ser o mesmo) a algúns montadores/as.

Bueno, a “grosso modo” isto foi o que se falou.
Esta Sección Sindical aposta a que non se fagan funcións que non se fixeran ata o momento, haberá que esperar a recibir a formación pertinente e a que se firme o novo Convenio, onde veñan recollidas as funcións de cada posto de traballo.
Animamos tamén a facer unha defensa das condicións laborais de forma colectiva e chamamos a unidade de todas/os para acadalo.







miércoles, 12 de diciembre de 2012

XUNTANZA DE SINDICATOS CO DIRECTOR DE CRTVE GALIZA.


Onte, martes 11 de decembro, tivemos unha xuntanza co Director de CRTVE-Galicia os sindicatos CC.OO., CNT, UGT e USO.
A continuación resumimos algunhas das cousas que se falaron:


O Director dixo que ía ter unha xuntanza con toda a plantilla, en 1 ou 2 días, para explicar o mesmo que nos ía dicir ós sindicatos. Primeiro fariao en Santiago e logo iría polas Unidades Informativas.


Sobre os recortes presupuestarios marcados polo Governo, queda por recortar uns 104 millóns de euros que non se puido facer efectivo o ano pasado. Ainda non se sabe de onde se van recortar.


O Presidente de RTVE recoñeceu que a boa cobertura que se fixo da última Folga Xeral por parte de RTVE, non sería posible sen os Centros Territoriais, que son o que marca a diferencia con outras televisións.


En Madrid estase creando estructura para poder “colocar” todo o material que vai chegando dos CCTT, entre outras cousas estase reforzando con novas incorporacións, algunha procedente do 24 HORAS. Estase facendo un listado dos distintos programas os que pode ir dirixido o material que se faga, que inclua as principais características para poder adaptar o que se faga ó programa en cuestión.


A comezos de ano, probablemente, as imaxes dos reportaxes e/ou pezas un pouco mais “elaboradas” irán firmadas polos/as cámaras.


Debido as medidas froito do Real Decreto de Marzo, denegaron unha disponibilidade para a plantilla de Reporteiros/as gráficos/as. Esta dispoibilidade ven de reclamarse de novo por parte desta Sección Sindical á Dirección de CCTT.


A corto prazo van mirar de aproveitar mellor os equipos das Terrenas.


Explicou un pouco o novo Organigrama de CRTVE en Galiza e, en canto a fusión TVE-RNE, mostrouse bastante satisfeito, tendo en conta que vai moi pouco tempo para facer unha valoración mais en profundidade. O que mais se está facendo é que vaia un/ha redactor/a de un medio (TVE, RNE) para cubrir a información para o outro (ou para os dous) recollendo o audio, pero logo quen fai a peza para RNE será alguén de RNE e o mesmo para TVE.

Ante as preguntas por parte dos sindicatos de si se estaba presionando ós/ás traballadores/as para que fixeran outras funcións que non foran as da súa categoría profesional , dixo que en ningún caso. O que si ten pasado e que algún traballador se ofrecera para facer outras funcións que ata o día de hoxe non facía, pero que isto non se levara a cabo por mandato de Madrid.

Para comezos do ano que ven (2013) comezarán os cursos de formación. Sobre como se fará non tiña moita información, salvo que serán de media de 1 semana de duración e que logo quedará un titor unha tempada ata que se normalice a nova situación. Comezarán por CCTT que sexan uniprovincias, por ser mais doado para comezar, ó noso Centro chegarán, previsiblemente, en Febreiro.


Insistiu na necesidade manifestada por Madrid para recuperar e fixar audiencia e tamén por que os CCTT incrementen a porcentaxe de participación na programación xeral da cadena.


Tamén dixo que o ano 2013 ía ser “complicado”, non sabemos moi ben que quería dicir con isto.


Bueno, pensamos que isto, a groso modo, foi mais ou menos o que ali se falou. Agardaremos a que se faga esa xuntanza que apuntou para saber se hai novidades.
O que si queremos facer fincapé dende esta Sección Sindical, é a necesidade de que a totalidade da plantilla de CRTVE en Galiza teña claro que a día de hoxe o Convenio vixente é I Convenio da Corporación RTVE, o cal está denunciado por parte da Dirección da Empresa pero que se está negociando cos representantes dos/as traballadores/as. Que as funcións de cada categoría son as que se viñan desenvolvendo ata o de agora e que si alguén ten “presións” por algunha parte que faga o favor de nolo comunicar os sindicatos.

Tamén aproveitamos para facer un chamamento a unidade de acción de todas as forzas sindicais e da plantilla no seu conxunto para defender os postos de traballo e o servizo público que prestamos.
Sabede que esta Sección Sindical é unha ferramenta para que a usedes e que se construe cas vosas aportacións.