jueves, 28 de mayo de 2015

Manipulación ou falla de profesionalidade?



Dende esta Sección Sindical queremos facer público o que aconteceu na CRTVE Galiza o venres 22 de maio, último día da campaña das Elección Locais 2015.
 Ese día houbo folga no transporte público da cidade de A Coruña (gobernada polo PP), unha das principais cidades de Galiza.
 As persoas responsables da edición do informativo decidiron non cubrir esta información, de feito no Telexornal primeira edición, non saiu nada.
 Logo das presión que exerceron traballador@s a título individual e algúns representantes sindicais, accederon a cubrir a noticia a última hora da maña (despois das 14:00 horas) e emitir unhas colas no Telexornal segunda edición.

 Dende esta Sección Sindical parécenos lamentable este tipo de actuacións, que obedecen a intereses escuros e se apartan dos criteiros xornalísticos que deberían de ser os únicos válidos á hora de levar a cabo a nosa función de Servizo Público, algo que parece que algunhas persoas esquencen, pero que nos estamos dispost@s a recordar as veces que fagan falla.