jueves, 22 de enero de 2009

AS TERRENAS PROMETIDAS. Isaías 35,7.

O que vamos a escribir a continuación son informacións que conseguimos de forma non directa, como saberedes a CNT non está na negociación das condicións de traballo da xente que vaia operar as Terrenas, polo que non aseguramos a vericidade das mesmas mais alá dun 89,923 %.
A Empresa propón:
- Un plus de 9.500 euros anuais, incluindo conducción, parece ser que os sindicatos querian separar este último aspecto.
- Disponible 24 horas con teléfono.
- Semana de traballo e semana de libranzas.
- Período de 6 meses e de forma obrigatoria a quen lle toque.
- Equipo formado por 1 reporteiro/a e un técnico/a.
- Parece que a empresa asume que non haberá persoal suficiente nos CC.TT. para asumir este traballo, pero non saben como solventar esta situación, nos suxerímoslle que se non chegamos os traballadores que hai na empresa, pois que contraten mais persoal, é simple, non?
Os Sindicatos din:
- Propoñen que sexa voluntario, que eles comprométense a que haxa voluntarios.
- Aínda que as Terenas quedarían encadradas baixo a producción de centros territoriais, o persoal que as opere podería ser tanto de medios como de informativos.
- Seguro multirrisco que cubra tema de puntos do carnet salvo as excepcións habituais como saltarse un radar, etc.
- Algún sindicato en particular, propón 3 equipos por Terrena. Un currando, outro librando e outro con algo menos de plus, localizable para fora de horarios.
- Outro sindicato propón organizar un pool en Madrid para cubrir as libranzas nos CC.TT.
- Outro propón concentrar case todas as Terrenas en Madrid e Barcelona. E nos apuntamos que cando fagan falla en algún CC.TT. vaian en bonita procesión.
Parece que agora a Empresa lle entra a presa por finiquitar este asunto, para poder concentrar todas as súas forzas na negociación do novo Convenio... Medo nos da.

No hay comentarios: