O día 1 de xuño negáronlles a entrada ás persoas que levaban o mantemento do edificio que alberga as instalacións de RTVE en Galicia, sito en Bando San Marcos s/n, Santiago de Compostela.
O delegado da Sección Sindical de CNT en Rtve puxo un fax denunciando ante a Inspección de Traballo correspondente a situación en que nos atopábamos no centro de traballo, xa que non había substitutos para estes traballadores, polo menos durante os 2 ou 3 días seguintes non había ninguén realizando o mantemento. Este fax foi enviado o día 4 de xuño.
Con data 4 de maio e dando cumprimento a Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995, realizouse unha xornada de Primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación de traballadores/as, en horario de 9:00 a 13:00; incluíndo ó final da xornada un simulacro de evacuación.
Estas persoas ás que se lles impide o acceso ó Centro de Traballo o 1 de xuño, eran as únicas capacitadas para cortar o subministro eléctrico de forma correcta e de poñer en funcionamento as bombas de auga que abastecen ás mangueiras contraincendios, se se realiza o corte do subministro eléctrico de forma incorrecta estas mangueiras quedan inutilizadas. Segundo información facilitada polos traballadores en cuestión, esas bombas estaban en proceso de reparación, non sabemos se a día de hoxe están operativas.
Tendo en conta a cantidade de aparatos eléctricos e electrónicos que se atopan nas instalacións do Centro Territorial de Tve en Galicia, aparte da complicación e envergadura do propio sistema de calefacción-refrixeración, dende a Sección Sindical de CNT en Rtve Galicia consideramos que se puido dar una situación de “carencia” en canto a asegurar a integridade física dos/as traballadores/as do Centro Territorial de Rtve Galicia nos días inmediatamente seguintes ó 1 de xuño de 2010, polo que decidimos comunicar esta situación ante á Inspección de Traballo correspondente.
Hoxe, venres 21 de xaneiro, fumos convocados por Inspección de Traballo a Empresa (foi o seu Director) que debía de ir acompañada polo delgado desta Sección Sindical. A cita foi as 10:30 na Delegación Provincial da Inspección de Traballo de A Coruña.
Basicamente a Inspectora o que fixo foi recadar a información sobre o feito, preguntando o noso Delegado e mais o Director.
O Director dixo non ter información ó respecto, xa que del depende o relacionado ca elaboración de noticias para os distintos informativos, os temas relacionados con mantemento, xardíns, etc. son cousa do Departamento de Patrimonio de Madrid.
O noso delegado pasou a informar dos feitos nos termos que figuran mais arriba.
A inspectora recoñeceu que "foi unha sorte que non pasara nada" durante os días que non houbo persoal de mantemento, dixo que se enviaría un requerimento para que a Empresa "mantivera un axeitado mantemento do servizo de prevención de incendios" e cando preguntou sobre si esta situación estaba subsanada (o de ter persoal de mantemento), ante a resposta afirmativa, tamén comentou, dirixíndose o noso Delegado, que habería que mirar por que a Empresa cumpla cas súas obrigas.
Dende esta Sección Sindical estaremos atentos/as ante calquera "anomalia" para o que agardamos contar ca axuda e colaboración de todos/as vos, como non podía ser doutra maneira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario