O pasado martes 18 de xaneiro viñeron 2 membros ( Miguel Angel e Mariano) da UGT, de Madrid, a dar unha charla da actual situación na que e atopa o noso futuro Convenio, o que será o primeiro da Corporación rtve.
Breve resumen do que comentaron na asemblea a que asistiron unhas 19 persoas:
O primeiro foi informar de que Marta Bretos ía para a cadea SER, do grupo PRISA.
Para visualizar como está o tema da produción propia, dixeron que a referente a programas non informativos, aínda que no Mandato Marco ven contemplada nunha porcentaxe do 60%, atópase nun 20%.
Dixeron que a proposta do PP de sacarnos un múltiplex ou de darnos 200 millóns de euros menos de financiación podería supoñer o peche dos CC.TT., e facer que quedaran como UU.II.
Informaron de que, si temos en conta a todas aquelas persoas que cobran un plus de especial responsabilidade, os/as contabilizamos como “xefes”, resulta que os que viñeron a reducir a gran cantidade de xefaturas desta empresa, de directivos/as e demais, despois dun tempo da súa xestión, esta da lugar a 1 xefe/a por cada 0,8 traballadores/as.
Se non temos bastante con ter que pagar os/as directivos/as de “dentro da casa” hai que pagar os que “veñen de fora” e, aínda por encima pagar a unha empresa externa (Cuatricasas) para que veña a negociar o I Convenio da Corporación rtve, nin tan sequera son capaces de facelo eles/as.
Por certo, a estes/as de Cuatricasas, seica lles parece moi “progresista” a proposta de Convenio feita pola empresa.
Avisan do perigo que supón o feito de que estamos co convenio “aberto”, levamos xa uns anos, poderíanos pasar igual que os controladores aéreos, que veña o Goberno e nos impoña as relacións laborais.
Falan da necesidade de pechar o Convenio canto antes, para ter seguridade xurídica.
Como exemplo puxeron o feito de que na proposta se queira que o computo das horas da xornada laboral sexa anual, como xa ven contemplado na Reforma Laboral.
Polo que, pechar Convenio, publicalo no BOE e definir os postos de traballo.
Din que habería que cambiar a lei de financiación e que os 60 millóns de menos das telecos poden traer cola.
Por agora, para contestar a pregunta dun dos asistentes, parece ser que o da unificación de redaccións entre tve e rne non vai ser.
Ante a pregunta do noso delegado de si a Lei que se fixo hai xa uns anos, a do Mandato Marco estruturada en Contratos Programa, non nos daba unha certa seguridade de futuro, dixeron que non se cumpre esa Lei.
Dúas frase que dixeron e que imos poñer aquí, por consideralo interesante:
- Mesmo traballo, mesmo salario.
- É necesaria a unidade sindical.
Mais ou menos isto foi o que se dixo, agora pasamos a deixarvos uns comentarios :
Tal vez entenderamos mal, pero , non sería mellor definir os postos de traballo e as categorías e logo cerrar o convenio?
Parécenos moi grave que alguén non cumpra a Lei, o normal é que quén non cumpra a Lei pague por ese feito, non?
Sobre o de mesmo traballo, mesmo salario, vémolo moi difícil. Recomendamos ver os acordos parciais do XVII convenio e fixarse en quenes firmaron eses acordos.
Estamos de acordo ca unidade sindical, pero esperamos ver feitos, mais que oír bonitas palabras.
Esta semana, o venres, veñen os de CC.OO., a por certo, isto non ten que ver con que haxa eleccións sindicais en Outubro, seica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario