jueves, 26 de marzo de 2015

Visita do Secretario Xeral de USO


Este mércores, 25 de marzo, visitounos o secretario xeral de USO, José Carlos.
A xuntanza tivo lugar no plató grande,  despois do Telexornal, sobre as 14:30 e asistimos unhas 11 persoas.

 Falou da problemática actual en Madrid que  pasa, principalmente, pola falla de carga de traballo.
 Isto é debido a que se tiraron os platós e non se prevé ter platós propios ata, como mínimo, o ano 2017. Isto afecta de forma directa a mais de 800 traballadoras/es.
 Todos os programas veñen “enlatados” e as retransmisións fanas productoras, CRTVE so pon os/as comentaristas. So se fan os grandes eventos debido a que se precisa moito persoal técnico, cousa que non teñen a maioría das productoras.
 Se lle propuxo á Dirección que se chegara a acordo cas productoras para que CRTVE puxera persoal e medios técnicos, como se facía antes, pero esta proposta foi rexeitada.
 En Madrid existen multitude de platós para alugar, falta vontade por parte da Dirección.

 Actualmente os CCTT somos moi productivos, polo que mirando este aspecto, deberiamos estar tranquilos/as, pero debemos ter en conta que nesta Empresa en moitas ocasión tómanse decisións políticas, polo que nada está asegurado.

 O problema mais grave é a financiación. Vense de aprobar o do pago do IVE, a partires de agora CRTVE non o terá que pagar (do mesmo xeito que veñen facendo as tv públicas autonómicas), polo que se deixarán de pagar uns 90 millóns de euros.
 O presuposto da CRTVE segue a ser de 1.200 millóns, pero non se aporta todo debido os recortes do actual Goberno. Para este presuposto (1.200 M) a masa salarial (380 M.) é asumible , pero para o presuposto “real” que é moito menor, si pode resultar un problema engadido.

 Este ano remata a vixencia do actual Convenio Colectivo, pero como estamos en ano eleitoral, aparte das elección xerais, locais, autonómicas... temos que engadir as eleccións sindicais, que serán a final de ano, polo que para evitar que coincidan cas xerais tratarase de pospoñelas, alomenos 1 mes.
 Isto vai provocar que o único paso que se poderá dar neste eido, será denunciar o Convenio, recoñecerse ámbalas dúas partes para negociar e establecer un prazo/prorroga dun ano para negociar o 3º Convenio (2016).

 Ante a pregunta do delegado da CNT de si non seria mellor presionar antes das eleccións para tratar de conseguir algún compromiso por escrito, dixo que podería ser unha opción, pero non se contempla, xa que si se abre agora a negociación e debido as eleccións (politico-sindicais) moi probablemente as persoas interlocutoras non serían as mesmas despois dos procesos eleitorais. O que representaría unha perda de tempo o seu entender.

 Isto foi, mais ou menos, o que dou de si a xuntanza.

 Dende esta sección Sindical parécenos preocupante o feito de que se dependa do resultado das elección sindicais para negociar o novo Convenio, creemos que para defender o mellor para o conxunto de traballadoras/es da CRTVE, da igual se se ten mais ou menos representación en determinados órganos representativos.
 Descoñecemos se se están levando a cabo algún tipo de accións para esixir carga de traballo e, se solucione o tema de falla de platós. Dous aspectos básicos que, de forma conxunta, con unha financiación estable a longo prazo fan posible falar de futuro do Servicio Público que prestamos e da garantía de emprego.

 Dende esta Sección Sindical facemos un chamamento ó conxunto da clase traballadora para que se organice, so así seremos quen de parar o roubo de dereitos laborais conseguidos a través da loita, non o esquezamos, NINGUÉN REGALOU NADA A CLASE TRABALLADORA.



No hay comentarios: