martes, 28 de enero de 2014

Visita sindicalistos UGT RTVE Madrid.

Visita do Secretario Xeral da Sección Sindical da UGT en RTVE.

Lugar/hora : Plató grande / sobre as 14:35 horas.
Asistentes: 22 persoas.

 Exposicións varias desta xente.

 - Din que a estructura territorial favoreceu que saira o SI no referendum.

 - Sobre o de unificar as sedes de RNE e de TVE nas Comunidades onde non a compartian (Euskadi, Extremadura e Galiza), seica non se vai levar á cabo, quedamos como estamos.

 -Paga dos 10 anos e vacacións dos 20 anos.
 Sairon sentencias que ratifican que se contabilizarán tanto os tramos ininterrumpidos como os interrumpidos. Como cabe recurso, supoñen que a Dirección da Empresa vaino facer.
 Seica para a semana que ven, se solucionará o tema dos complementos de polivalencia. Xa aperecerán as polivalencias "ad personam" a quen lles correspondan.

 - Din que se pode xerar a medio prazo un debate interesante, e a vez preocupante, pola situación na que está o servizo público de radio e televisión, debido o peche de Canal 9; din que cando saia a sentenza de TeleMadrid pasará algo similar. Tamén apuntan a que a situación de varias televisións autonómicas é moi complicada (Canal Sur ten unha débeda duns 1.000 millóns de euros, outras en situacións similares) o que fai que esas comunidades carezan dun servizo que antes tiñan.
 Algúns gobernantes xa mostraron o seu interese en que ese espazo o cubra RTVE.
 Partindo de que dende UGT non están de acordo en asumir ese papel a costa de que se peche un medio público, como foi o caso de Canal 9, podese dar o caso de que ó final RTVE se vexa "obrigada" a cubrir esa carencia.
 Din que, chegado o momento, eles son partidarios de que o que se decida, sexa algo igual para todos os CCTT. Isto é , se se decide unha desconexión territorial de 2 horas para Valencia, tería que ser para todas as comunidades e, aquí é onde se xeraría o debate.

 - Falan de que a actual situación da Empresa se sustenta en 4 patas:
 Convenio. Está solucionado ata o 2016.

 Financiación. tema importantísimo e que está pendente de solucionar.
 Seica hai pouco estiveron nunha xuntanza de sindicatos europeos do sector, e polo que viron, todas as televisións europeas teñen a mesma problemática.
 Van a apostar por presionar o novo governo europeo que saia das próximas eleccións (maio 2014) para que se faga unha Lei Europea.
 Producción. Este é un tema que afecta, principalmente, os centros de producción: Madrid, Barcelona e Canarias.
 Se os centros de producción non producen, isto fará que nos convirtamos nunha empresa de producción de informativos, o cal non é bo, xa que non asegura futuro para toda a plantilla.
 Independencia e pluralidade. Se non mantemos isto o público abandonanos. Se non temos audiencia, non temos xustificación. Logo hai que pelexar por non perder ningunha das dúas.

 - Gratificación Accidente Angrois. Aínda que dixeron que estas cousas non se poden valorar en diñeiro, comentou que lle parecera "un chiste" o xeito de "compensar" a sobrecarga de traballo deses días do xeito que o fixo a Dirección. Van tratar de correxilo.

 - Problema de RNE Santiago. Van a pedir unha adscripción temporal dun técnico para suplir na medida do posible as duas baixas de longa duración que se dan en RNE en Santiago de Compostela. Non creen que haxa ningún problema.

 Turno de preguntas/dúbidas por parte dos/as asistentes:

  Pregunta. Qué pasa ca emisión polo canal de HD das desconexións territoriais?
  Resposta. O feito de facer esa desconexión supón un sobrecusto adicional de , non sabía, 8, 10 ou 15 millóns de euros. E tendo en conta a situación da que acabamos de sair (recorte de 28,5 millóns de euros en masa salarial) é moi probable que este ano non se de asumido, probablemente para o ano seguinte se poida tratar o tema.
  Aparte hai que ter en conta que non en todos os CCTT existe redacción única, nen están todos dixitalizados.

 P. Qué pasa cas vacacións dos 20 anos?.
 R. A efectos contables para a Empresa, as vacacións supoñen un aprovisionamento de 1,5 millóns de euros. Logo unha parte irá a este ano e outra ó seguinte. Pero para collelas non ten que ser así, cada quen poderá solicitalas cando mellor lle vaia e, se é posible, se lle concederán. Parece ser que se poden pedir por períodos de semanas.
A paga dos 10 anos, pagarase a parte proporcional que corresponda en dous tramos, un en setembro de 2014 e outro en setembro de 2015.

P. Sinerxias, é legal o de traballar unha semana en RNE e outra en TVE?
R. Si, pódese facer. Somos CRTVE e pódese facer unha reubicación previa formación.
 UGT está a favor da formación  presencial.
 O centro inaugurado fai pouco, de Sevilla e tamén no de Mérida, exsite a redacción única, onde están todas as redaccións xuntas.
 Hai que estar atentos/as a que isto no supoña a desaparición dun dos dous produtos, do mais débil, neste caso de RNE.

 P. Cal é a nova categoria correspondente a profesional medio audiovisual, técnico superior de imaxe e/ou reporteiro gráfico? que pasa cos complementos de disponibilidade dos cámaras de Santiago non adscritos as "Terrenas"?
 R. A nova categoría é informador gráfico.
 O temas dos pluses ainda non se tratou ca nova directora de RRHH, xa que acaba de chegar e aínda "está aterrizando", aparte este é un rpoblema herdado, de antes. Seguirán insistindo no tema.

Delegado da CNT. Qué pasa cas sedes de Vigo? cómo quedan ó final?
R. Van todos para a sede actual de RNE e a de TVE véndese.
 Isto forma parte dun plan de reforma e resetructuración do Patrimonio inmobiliario (ou algo así, non recordo ben como lle chamou).
 En Madrid están reformando os estudios, logo dende UGT estarán vixiantes, de que todo o diñeiro que se consiga vendendo activos inmobiliarios, vaia para reformar/comprar/etc. activos inmobiliarios. Que ese diñeiro non mude de departamento, e moito menos , que vaia para un caixón.
 O motivo de decidirse pola sede de RNE Vigo é a de que ten maior superficie.

P. Categorías...?
R. Na reforma laboral contémplanse duas, en función da titulación, titulados/as universitarios/as e FPs. En RTVE ó final creáronse 16 subgrupos.
Falaron sobre os novos grupos de cotización, todos/as estamos "sobrecotizados/as", polo que non debemos de preocuparnos. So hai un colectivo de 20 persoas na Empresa que se poden ver afectados/as, os/as que están en excedencia voluntaria. Neste caso estano mirando os servizos xurídicos.

 Delegado CNT. Volveremos a xornada de 35 horas semanais?
 R. Se cambia ou se deroga o Real Decreto que implantou a xornada de 37,5 horas semanais no sector público, si. Así o contempla o Convenio Colectivo vixente.

 Valoración da Sección Sindical da CNT en RTVE Galiza:
 Viñeron de turné.
 Consideramos que non troixeron novidades importantes, secadra sería mellor que viñeran dentro dun mes, pero bueno, iso é cousa deles.
 A explicación do motivo de quedarse ca sede de RNE Vigo parecenos falto de analise da situación real de Vigo, aparte de que é a mesma que esgrime a Dirección, preocupante.
 O dos pluses dos cámaras de Santiago un "vuelva usted mañana".
 E polo demais nada salientable, remitimonos a primeira liña da valoración.


 Sección Sindical de CNT en RTVE Galiza.
 A túa Sección.


1 comentario:

Anónimo dijo...

E cando non veñen de turné veñen a meter medo. O de Curieses ten mérito, 10 anos na empresa sin dar un pao, iso só o lograron algúns moi veteranos e iste parece que veu ven aprendido.