viernes, 19 de abril de 2013

Xuntanza da Directora de CC.TT. cos/as traballadores/as de RTVE Santiago de Compostela.

  A continuación expoñemos de modo bastante resumido o que foi a visita da Directora de CC.TT. (Nekane) ó Centro Territorial de RTVE en Galiza. Pedimos desculpas polos posibles erros que se poidan cometer, se alguén o considera, pode facer aportacións a través dos “comentarios” desta entrada no noso/voso blogue.

Asistentes: 29 persoas.

 Nekane falou de que existe un proxecto que asegura o futuro dos CC.TT.
 CC.OO. e UGT coñecen (e firmaron) este proxecto, o cal xurdiu no ano 2008 pero acabou nun caixón, ata a chegada desta Dirección.
 O anterior modelo, no que por un lado estaba TVE e por outro RNE, está agotado.
 Vaise procurar que TVE e RNE estén no mesmo edificio, na actualidade isto so se da en 4 Centros Territoriais. No extremo contrario están Euskadi, Extremadura e Galiza, nos que a cabeceira de TVE e a de RNE están en cidades distintas.
 O primeiro que se fará será actuar nos Centros que xa compartan espazos, nestes poñeranse ferramentas comúns e darase a formación precisa para que as sinerxias sexan efectivas no seu máximo nivel.
 Este proxecto de Integración, conta para este ano con un presuposto de 14 millóns e medio de euros. Non se integra para recortar.
 A estructura territorial é unha seña de identidade desta casa, é un valor que hai que poñer en alza e tratar de ser o 2º centro informativo, despois de servizos centrais.
 Enumerou varios Centros Territoriais en donde estaban obras paradas e que se están poñendo en marcha para tratar de conseguir esa unidade de espazos, de cara a integración (Bilbao, Andalucia, Mérida, Baleares, Aragón, Valencia).
 Logo da integración espacial, virá a dixitalización. Esperan ter RNE dixitalizada para finais deste ano. En setembro sairá o concurso (ou o resultado, non nos quedou claro) para que se estaleza que sistema será o que quede: avid ou Dalet (¿?), en calquera caso, o que saia vencedor” deberá de manter unha certa compatibilidade co que xa esté funcionando.
 O feito de que o sistema esté centralizado en Madrid, fai que este proceso que en principio levaria uns 10 anos, se faga en 3. En outubro faranse as primeiras probas en Castilla La Mancha.
 En canto á formación, para o caso dos/as redactores/as e técnicos/as de son, está bastante claro, co actual convenio xa non hai dúbidas; para o resto de categorias estase esperando a finalizar a negociación do novo Convenio, onde deberá quedar claro cales son as funcións de cada categoría.
 Está formación farase nos CC.TT., con profesionais dos propios centros que estarán visados polo IRTVE. Esta formación será voluntaria ata que se recolla no novo Convenio. Os sindicatos maioritarios conocen estes aspectos, so quedan pendentes algunhas cousas para que se firme.
 Todo isto está enfocado en que sexamos mais polivalentes para poder incrementar a Producción, pero todo dentro dunha lóxica, non se trata de facer 1 noticia á vez para TVE, RNE á falla de 1 hora para sair en antena.
A partires de aquí abreuse unha quenda de preguntas.

 Un traballador comentou o feito de que existan no mesmo Centro distintos formatos de gravación.
 Contestou que isto é algo que se tratará de cambiar,pero que todo o que estaba expoñendo non se ía facer en 1 ou 2 anos.

 Outro traballador dixo que os discursos estaban ben, pero que as palabras teñen que ir acompañadas de feitos que as corroboren, e este non é o caso. Non hai mais que mirar o edificio do CentroTerritorial, que está infravalorado , que se esta achatarrando.
 Tamén pediu que estivera mais presente a cultura territorial no Informativo nacional.
 Contestou Nekane que agora hai proxecto de futuro, que o importante é que cando, dentro dun par de anos, veña unha ou outra Dirección, que non se faga a eterna pregunta: Qué facemos cos CC.TT.?
 Agora estanse pedindo esforzos sobre unha base.
 Vaise incrementar a programación de Radio 5 para o mes de maio en cuarenta e pico horas. Haberá un boletín de media hora as 9 da mañá, que non ten porqué cubrirse con roldas de prensa, que se quere unha radio mais a pe da rua.
 Dende que chegou ela fanse unhas 400 pezas ó mes nos CC.TT. para o Informativo Nacional.
 Sobre o da cultura dos distintos territorios, dixo que ela, persoalmente, estaba moi sensibilizada co tema, xa que é de Euskadi.

 Un traballador preguntoulle se Radio 5 vai ser local ou provincial?
 Dixo que a CRTVE vai estar presente en todas as capitais de provincia.
 Que para a semana que ven vai haber un multiplez, onde se van aclarar todos este detalles.
 Volveu recalcar que o plan de formación estará listo en pouco tempo.

 Unha trabaladora de RNE preguntou se non se valorara a opción de en lugar de ter un informativo as 9 da mañá de 30 minutos, ter un as nove de 15 minutos e outro as 15:00 de outros 15 minutos? E tamén se por telo tan cedo non se vai a dar a información atrasada, a do día anterior?
 Contestou que o que se busca é unha radio moi viva, a pe de rua, con entrevistastelefónicas,... Que non se van emitir noticias do día anterior, buscarase a maneira de que a información sexa fresca, isto teñeno que solventar os responsables de organizar o Informativo.

 Bueno, o dito, isto mais ou menos foi o acontecido. Podedes facer as vosas aportacións/correcións a través dos comentarios desta entrada.
 Pedimos desculpas polos posibles erros, en caso de que os haxa, non son intencionados.

 Para esta Sección Sindical é moi importante que a plantilla, na súa totalidade, esté informada, polo que todo o que esté na nosa man para que así sexa farémolo.

No hay comentarios: