Por parte da empresa, que era quen convocaba, asisten o Xefe de Medios e o Director do Centro Territorial de rtve en Galiza, o Director de Centros Territoriais e o responsable (a nivel nacional) de Medios Técnicos de Informativos.
Introduce o tema o noso director, Xavier Fortes, dicindo que o proceso de dixitalización e os cambios que van parellos vai ser a “repera”, que nos vai a facer moito mais competitivos no mercado laboral (isto a min asustoume un pouco, non entendo que quería dicir), que a nivel persoal vai ser un gran reto...
Fala tamén de que se vai a dixitalizar todo o arquivo que temos de material en cine, relativo a nosa comunidade, do ano 77 ó 86 (se non recordo mal) e tamén un material que está en Madrid, do ano 73 ó 77, referente tamén a Galiza, algo que era descoñecido por nos.
Tamén di que comentará algo sobre o da visita do Papa, pero ó final por motivos de tempo non o fai.
Pasa a falar Fernando Navarrete, responsable de Medios Técnicos de Informativos. Comeza dicindo que a dixitalización chega tarde a tve, ou mais ben, que tve chega tarde ó proceso de dixitalización, igual que a outras cousas. Pon como exemplo que Tele 5 leva uns 15 anos, Antena 3 uns 10, ...
Os centros que xa están funcionando con este sistema son: o Centro Territorial de tve Madrid, o de Las Palmas e o de Mérida. Para o ano 2011 farase a dixitalización de Euskadi, Andalucía e Galiza, Valencia que tamén ía ir neste lote, queda para mais adiante por problemas ca titularidade do edificio que alberga as instalacións de tve Valencia.
Coméntase que ó final o proceso de dixitalización suporá crear unha única rede, tanto para tve como para rne, que vai a cambiar o sistema de traballo, tal e como o coñecemos agora. Non haberá que “mandar“ imaxes á Madrid e alí non terá que haber unha persoa que grave, como agora; poderase “coller” material tanto de Madrid como de outro centro, e viceversa, calquera poderá coller material de aquí, dende calquera punto do territorio (que estea conectado a esta rede). Estase a estudiar se haberá unha persoa encargada de facer de “intermediaria” neste proceso de “coller” información (“ficheiros”) para poder controlar a rede e que esta non chegue a saturarse, si dende varios puntos piden “descargar” o mesmo ficheiro á vez e que este ficheiro sexa moi grande, podería provocar a saturación do sistema.
A ferramenta que se vai usar para montar vai ser moi sinxela, non se van a poder facer “artistadas” pero esto vai permitir que todos os/as traballadores/as teñan no seu posto de traballo esta ferramenta para poder montar as súas propias pezas, sempre e cando non requiran (por ser mais complexas) do traballo de un/ha montador/a, os cales tamén terán que revisar a montaxe feita polos/as redactores/as. Si apuntaron que en canto a traballar aspectos do audio é unha ferramenta bastante limitada. En canto á imaxe, en baixa resolución, poderase ver todo o que haxa en todos os centros de traballo.
O curso que van a dar será de 1 semana aproximadamente, no que seica a teoría podería darse nunha hora (pregúntome se seica non fai falla mais para o que van facer?) o “groso” do curso será práctica.
Iso si, os/as montadores/as seguirán tendo traballo ( o que non dixeron foi de que).
Nun principio, as Unidades Informativas, quedan un pouco ó marxe deste sistema, en cada unha poderán usar un sistema de montaxe que lles resulte mais cómodo, seica en algunha plantexaron usar “Final Cut” (se non se escribe así pido desculpas), ou similar, isto non quedou moi claro.
As cámaras xa está aprobada a súa compra por parte do Consello. Nos centros que xa estén dixitalizados poderían ser de tarxeta, pero nos que están en proceso (ou sexa nos, por exemplo) terán que ser de disco, poderán gravar en HD pero as lentes non serán de HD (tal vez haxa unha lente HD en cada Centro Territorial, se aproba a compra o Consello), o que si gravarán será en 16:9. Estas cámaras terán a opción de facer unha preselección dos planos, podendo variar o seu orde e incluso coller parte do plano (na propia cámara), unha especie de premontaxe sinxelo, o que vai permitir facelo e envialo pola Terrena, incluso , polo que dicía Fernando Navarrete, mentres se envía dende a cámara este “premontaxe” poderíase facer un reencuadre, si, si, o que estades lendo. Isto si que é a “repera”. De paso tamén dixo que o futuro das retransmisións para Informativos (os “directos”, vaia) non vai polos derroteiros das Terrenas.
Non, si temos uns “visionarios” nesta empresa que son moito.
Quenda de preguntas:
- Preguntaron se chegarían 2 técnicos para “levar” este sistema, que nas plantillas tipo figuraban 4 técnicos por Centro, pero que agora 2 estaban sempre pillados co tema Terrenas.
Contestación: nas plantillas tipo xa se dicía que 2 técnicos eran para as Terrenas e que si, que chegaría con 2 técnicos.
Xa veremos que pasa se a algún se lle da por enfermar, coller vacacións,...
O noso delegado fixo dúas preguntas:
- Comentou que se estaba a falar do sistema polo que se “transportaría” un producto, pero que non se falaba deste producto. Que con esa hora de teoría aprenderíase a manexar o programa de montaxe, pero que no producto final hai mais cousas, linguaxe da imaxe e aspectos a ter en conta no proceso de montaxe.
Resposta: consideran suficiente esta formación, que á xente que xa leva moitos anos traballando neste medio, non lle van a falar de panorámicas, zooms,... ademais xa actualmente lles dicían a montaxe que planos tiñan que meter.
- Preguntou, xa que os/as redactores/as ían facer mais funcións, se o seu salario veríase incrementado.
Resposta: non, falaron (neste caso interveu o Director de CC.TT.) dunha sentencia en Madrid na que o Xuíz di que forma parte (o manexo deste programa) do traballo dun/ha informador/a, iso si, do século XXI.
Apreciamos unha contradicción:
- Neste momento en tve as pezas van montadas por montadores/as.
- Podemos dicir que os programas e os informativos de tve son os mellores do panorama audiovisual español, tendo en conta audiencias, premios e opinións tanto de expertos como de profanos.
- Segundo as propias palabras dos convocantes da xuntanza, cando unha peza precise unha elaboración mais coidada requirirá os servizos dun/ha montador/a. Ou sexa, aquí recoñecen que un/ha montador/a farao mellor, que está mellor preparado/a (xa nos parecía que con un curso de 1 hora de teoría non ía dar para moito), o mesmo tempo estanlle a sacar “importancia” ó resto das pezas, as que non vaian montadas por montadores/as. Ou sexa, que agora todas as pezas, en canto á montaxe, teñen a mesma “categoría”, pódeselle sacar o máximo a todas elas, pero no futuro, non será así.
Aparte temos serias dúbidas de que o traballo que antes facían dous/dúas profesionais, agora o faga un/ha so/a cos mesmos estándares de calidade.
O que si quedou claro é que isto vai para adiante, o de que van a montar os/as redactores/as, xa veremos que da de si.
Ah, e que imos ser xornalistas e xornalistos do século XXI.