martes, 4 de noviembre de 2008

As "PREVIS" nun clic.

Hoxe apareceu unha nota de Dirección na que explica o funcionamento (mecánico) do bótón "PREVIS" que se atopa na barra de iconos do Inews.
Parece ser que neste botón crearonse unhas celdillas correlativas de datas diarias, atención, aquí ven o sorprendente, con 2 semanas de adianto.
Creemos que este último rasgo é o que lle da sentido o nome do botón, PREVISións.
Por todo isto dende esta sección sindical preguntámonos se por fin se vai a traballar con unha certa previsión, non pedimos 2 semanas, pero 2 días non estaría nada mal cando estamos afeitos a ir, ou mais ben chegar, ós sitios tarde, mal e arrastras.
Será esto o principio dun cambio? (positivo?)

No hay comentarios: