miércoles, 1 de octubre de 2008

Fin dos contratos cas productoras

Parece ser que a partir de hoxe non se van a cubrir as noticias con productoras nas delegacións provinciais de TVE.
Decimos que parece ser, xa que non temos constancia mais que por un rumor que corria polos pasillos do centro territorial, o cal apuntaba a que a semana pasada chegou un Burofax (con maiúsculas) dos responsables económicos da empresa ca "boa nova". Os grumetes que pilotan este barco á deriva , seguindo na súa liña, non informaron ó conxunto das/os traballadoras/es deste cambio de rumbo.
Imaxinamos que esta decisión débese a intención de reducir custos, e non sabemos se se vai aplicar tamén as productoras que fan superprogramas para TVE (superprogramas=superpresupostos), pero temémonos que non.
¿Haberá informativo sen o traballo das productoras? ¿Pódese facer o telexornal só cos medios propios? ¿Son suficientes as plantillas dos centros territoriais? Mentres deixamos estas preguntas no aire outros seguirán ERE que ERE.
Estaremos atentos os acontecementos dos próximos días.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Esta decisión se ha tomado, "casualmente", tras una sentencia en la que dos integrantes de una de esas productoras, han obtenido la fijeza en tve.