martes, 5 de mayo de 2009

RTVE suprimirá totalmente a publicidade este ano

Publicado orixinalmente en: http://www.lanacion.es/espana/200905049971/rtve-suprimira-la-publicidad-este-ano

Tras o anuncio do Goberno da redución drástica do espazo publicitario de RTVE nos próximos meses, o Executivo decidiu a supresión total antes de que termine o ano.
A medida non se tomará inmediatamente porque o ente público debe cumprir unha serie de compromisos que xa ten contratados, o que obrigará a manter un período transitorio na supresión da publicidade. O que ten claro Luís Fernández é que o 2010 comezará sen este tipo de financiación.
Os ingresos do novo modelo de televisión pública a partir de entonces virá por cinco vías: a máis importante será a dotación que recibirá dos Presupostos Xenerais do Estado; outra parte virá das empresas de telecomunicacións que emiten o sinal de RTVE. Un terceiro cupo de financiación será sostido polo pago que as televisións privadas terán que facer a cambio do volume de publicidade que gañarán, mentres que a cuarta vía será sostida polo Espazo Radioeléctrico, que a súa vez se financia vía estatal. Finalmente, aproveitaranse os acordos puntuais que RTVE firme cos diferentes ministerios para a produción de programas que interesen a estes.

No hay comentarios: