viernes, 15 de mayo de 2009

ELECCIONS EUROPEAS 2009

A campaña para as elección Europeas.09 comeza o día 22 de maio as 00:00 horas.
Nas anteriores eleccións xerais en marzo.08, firmouse o pacto pola tarde, unhas horas antes de comezar a campaña, e nas autonómicas de marzo.09 non se chegou a acordo ata pasados uns días dende o inicio da campaña electoral.
Dende esta sección non entendemos, con estes precedentes, como a día de hoxe os/as traballadores/as estamos como sempre, sen saber (oficialmente) se vai haber pacto e , en caso afirmativo, cales van ser as condicións do mesmo.
¿Cómo é posible que coñecendo con anterioridade suficiente as datas de celebración das eleccións, nos atopemos sen pacto e, o que é peor, sen data de negociación sobre o tema? ¿Cómo é posible que no período dun ano haxa 3 citas electorais e se actúe da mesma maneira ? ¿Non somos quén de aprender da experiencia?.
En algún momento haberá que tomar a iniciativa.

No hay comentarios: