miércoles, 27 de mayo de 2009

RNE SANTIAGO ADIÁNTASE Ó XACOBEO CUNHA PEREGRINACIÓN DE TÉCNICOS DE SON.

Madrid negase a cubrir as baixas médicas.

Desde mediados do mes de febreiro, a emisora de RNE en Santiago de Compostela traballa cun técnico de son menos. Dos tres que ten asignados, un permanece de baixa médica desde esa data. Durante todo este tempo, celebrouse unha campaña electoral, a constitución do novo goberno, a visita de El Rei á conserveira Jealsa, en Boiro, o anuncio dos preparativos do Ano Santo… infinidade de acontecementos que precisan dunha adecuada dotación.

Sabemos que a dirección de Galicia reclamou a Madrid que cubrira a baixa do noso compañeiro; o único que conseguiu foi un reforzo durante un mes do verán. Mentres tanto, o traballo vai saíndo adiante co esforzo de todos os traballadores; en especial, do equipo técnico de Santiago e do resto de Galicia, que se turna para suplir a falta do noso compañeiro. Cada semana, un técnico doutra emisora galega percorre centos de quilómetros para botar unha man e arranxar un problema que Madrid debería solventar como é debido: cubrindo as baixas médicas.

A situación parécenos impresentable e, ó mesmo tempo, indicativa de onde están conducindo ás emisoras de RNE, fóra de Madrid ou Barcelona. Coa táctica de empeorar as condicións de traballo, pretenden acabar converténdonos en meras delegacións da capital do Estado, sen programación propia.

DESDE SANTIAGO PEDIMOS XA QUE SE COBRAN AS BAIXAS DOS COMPAÑEIROS E QUE SE VALORE A PROGRAMACIÓN PROPIA DAS EMISORAS.

No hay comentarios: