Onte tivemos a primeira xuntanza entre os sindicatos
CC.OO., CNT, UGT e USO logo de decidir o venres pasado que nos iamos xuntar
todos os martes as 14:30 horas para comezar a realizar accións de protesta pola
situación que atravesa a empresa.
Calquera cousa que
queirades aportar non tedes mais que facérnola chegar, ben en persoa, os martes
as 14:30 no local do comité de empresa en Santiago ou ben contactando con
calquera dos sindicatos.
Onte acordamos
conseguir camisetas laranxas en defensa da tele pública, das que están usando
en Madrid. Ca idea de poñelas cando traballemos fora do centro de traballo e
así se comece a “visualizar” o descontento da plantilla ca actual situación de
CRTVE. O prezo é de 5 euros.
Tamén barallamos alguna
outra idea que ten que traballarse algo mais.
Bueno, polo de agora
nada mais, dende este blogue iremosvos tendo ó tanto.
Toca moverse.
No hay comentarios:
Publicar un comentario