O martes, 5 de xuño, asistimos a unha concentración celbrada na praza do Toural co motivo da defensa dos medios de comunicación.
As agresións a que nos vemos sometidos os medios de comunicación en xeral e a nosa empresa en particular van en aumento.
Ó poder non lle basta con recortar dereitos laborais da clase traballadora, recortar en sanidade e educación, entregar cartos de todas/os á banca, que qgora mais que nunca queda en evidencia a súa responsabilidade na crise, senón que agora quere dar un paso mais e pretende que a xente non teña información.
Este vai ser un ano moi complicado en RTVE, todas e todos somos conscientes de que nos van a meter a tixeira por algún lado, pero o feito de que o vaian a facer non pode ser un motivo para non plantarlles cara.
A única batalla que se sabe perdida é a que non se libra.
Entre todas/os podemos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario