Asistentes: 18 persoas.
Exposicións por parte dos sindicalistas de UGT-RTVE:
Como nos afectou o
Real Decreto aprobado polo Goberno en decembro do ano pasado:
- Plan de pensións
sen aportación empresarial, o que supón unha reducción da masa salarial dun 2
%, aproximadamente.
- Non se poden
facer mais contratos, alomenos ata 2014, o que tamén supón que non haberá
traslados.
Temos unha
plantilla dunhas 6500 persoas, da cal un 10 % son contratados. Estes contratos
fixéronse para cubrir desequilibrios das plantillas producidos polo ultimo ERE.
Ó ser por idade deu lugar a que houbera moita xente dunha determinada categoría
e faltara doutras, polo que houbo que facer algunhas contratacións para poder
manter a operatividade da Empresa.
Sobre a falta de
Presidente apuntaron que é o único con competencias para poder levar a cabo
recortes.
Este é un ano de
Olimpíadas, o que levará a ter un sobregasto de 70 millóns de euros. O
presuposto anual de CRTVE foi o ano pasado de 1200 millóns, este ano teriamos
que ter 1250 (contando unha maior partida polo tema das Olimpíadas) pero temos
964. A isto hai que engadir que tal vez saia este ano, a finais, a sentencia do
Tribunal Europeo sobre a tasa que teñen recorrida as Telecos, e probablemente
sexa contraria os intereses de RTVE.
Segundo o Consello
de Administración, poderíanse recortar uns 110 millóns “sen tocar” cousas
esenciais.
Sobre o de
eliminar Clan ou Tdp, feito que suporía un aforro duns 20 millóns, habería que
cambiar a Lei de financiación.
Parece que hai un dilema? Sobre tocar parrilla ou
plantilla. O problema de tocar plantilla é obvio e o de tocar a parrilla, daría
lugar a unha baixada da audiencia, barallan datos de que se podería chegar a
final de ano a un 8% o cal daría pe a que de novo o Goberno de turno se
plantexe, para unha audiencia tan baixa para que “tanto” diñeiro, o que
implicaría un novo recorte.
Sobre o das
sinerxías con EFE, é algo que non está claro, non se sabe se vai ser compartir
algunhas cousas (sede, cobertura de noticias,...) ou se vai ser unha fusión,
que sería sumar a plantilla de EFE (1500) á nosa (6500), para finalmente facer
un ERE.
Outra opción que
tamén soa algo, aínda que esta está moi, moi verde, sería a do 3º canal que
incluiría a todas as autonómicas. Sería como un canal estatal con desconexións
territoriais. Púxose o exemplo da tv. Valenciana que con unha plantilla de 1800
vaise facer un ERE para deixala en 600, que sería unha plantilla 6 veces
superior a actual plantilla de CRTE-Valencia.
Todo isto, unido a
reforma Laboral, pode dar lugar a que en 21 días se resolva un ERE que nos
mande a casa a entre 600 e 2000 traballadores/as á final de ano, polo que
insistiron moito en que se se fai un chamamento a mobilización, temos que ir
todos/as a unha.
A Lei de financiación, por outra banda, impídenos ter
ingresos que non sexan dos Presupostos do Estado ou das tasas das telecos como
forma principal de financiamento. Non nos permite ter ingresos por outro lado
aínda que non sexa con publicidade, como podería ser vendendo productos de
producción propia.
So se produce un
10 % do que emitimos. Non hai carga de traballo.
Sobre esta nova
opción que entra en xogo, o do programa de Telefónica (patrocinado), resulta
que Telefónica débenos 20 millóns de euros, pero o que fai para devolvelos é
facer un programa no que pon a presentadora e decide que productora o fai, para
logo chegar ca “cinta” e nos emitilo. Non sería mellor cambiar a lei para que
nos puideran dar os cartos a nos e así facer nos o programa??
Recalcaron o
cambio de modelo que supón o cambio na forma de escoller ó Consello de
administración, que probablemente quede ó final: 5 PP, 3 PSOE e 1 CIU.
Tamén apuntaron
que non se desenrolou un Consello asesor mais plural e que non están, para
nada, no debate sobre o modelo de Radiotelevisión Pública que queremos para
este país (BBC, modelo alemán, modelo francés,..)
Preguntas dos/as asistentes.
Sobre porqué non
permiten outros ingresos. Unha opción sería vender documentais, pero o que
queren é unha empresa pequena. Parece ser que hai 2 sensibilidades distintas
dentro do Goberno actual, unha mais proclive a que desapareza a Televisión
Pública e outra que non. Hai quen está empecinado/a en que CRTVE ten moita
plantilla.
Sobre si nos
CCTT, onde hai unha ocupación do 100% ou incluso do 110%, de si estariamos
“mais a salvo” da desfeita, contestaron que a decisión que se tome non vai ser
empresarial, onde non sobre xente non vou recortar, senón que vai ser unha
decisión política.
A empresa venos
como corresponsalías, poderían quedar uns cantos traballadores/as para
personalizar o sinal e logo comprar todo a axencias e productoras.
Sobre se se
está facendo algo na Mesa de Producción, seica houbo unhas 5 reunións e
andan para poñerse de acordo na definición do que é producción propia e o que
non o é. Que os que se van a ir, non moven ficha.
Bueno, pensamos
que isto, mais ou menos foi o que deu de si a xuntanza. Pedimos desculpas por
se se nos pasou algunha cousa importante.
Valoración da sección Sindical da CNT en
RTVE-Galicia.
Como vedes falouse
bastante dun ERE, algo que preocupa enormemente a esta sección sindical.
Coincidimos co que
plantexaron tanto referido a unidade sindical como a unidade do conxunto de traballadoras
e traballadores desta casa, pero creemos que aparte de meter medo compre facer algo
mais, non podemos estar esperando a que nos leven ó matadeiro.
Temos que estar
alerta e preparados/as para mobilizarnos para defender os noso postos de
traballo e o servizo público que ofrecemos.
Non so está en
perigo a nosa forma de vida, o traballo que nos procura o sustento (que xa é moito),
senón tamén un servizo público esencial nunha Democracia, o dereito a unha
información independente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario