miércoles, 13 de noviembre de 2013

Asemblea 12 de novembro de 2013,no Centro Territorial da CRTVE en Santiago de Compostela.


Esta asemblea foi convocada polo representante de USO no comité de Empresa de Galiza, Manuel Midón.
Asisten unhas 25 persoas, algunhas veñen cando xa comezou a asemblea e outras vanse antes de rematar a mesma.

Comeza falando Manuel Midón.
Comenta o cambio da Directora de RRHH e informa de que mañá mércores hai reunión entre a Dirección e os secretarios xerais dos sindicatos do CI e logo, o xoves e venres, haberá xuntanza do CI (Comité Intercentros). Esperase que na xuntanza ca Direccción, esta “propoña algo”.
Comenta que nas asembleas de Madrid hai moi mal ambente entre os dous sindicatos maioritarios, UGT e CCOO.
Seica habería posibilidade de que se nos aplicasen varios convenios distintos, pero que cree que a Dirección da Empresa non está por esa cuestión.
Tamén sobre algún “run run” sobre o de que se aprobara un Convenio de eficacia limitada, algún dos asistentes a asemblea no turno de preguntas voltou a plantexar esta opción, dixo que legalmente non cabia esa opción, ainda que existia o caso da Nissan en Barcelona, saiu nun programa da Sexta o martes ou o luns (non me quedou claro).

Un traballador pregunta sobre posibles “filtraccións á prensa afín” á Dirección da Empresa. Midón di que, basándose nas conversas entre a Dirección e os secretarios dos sindicatos, non houbo ningunha filtración.
Considera que a Dirección quere acordo.
Ve un gran problema na desunión sindical que existe na Empresa.

Alguén propón que 1 ou 2 días antes de que se remate o prazo dado pola Dirección (1 de Decembro) se convoque un novo referendum co que haxa.
Midón di que está comprometido nos preacordos firmados, tanto polos sindicatos como pola Dirección, que antes de firmar nada debe pasar por un referendum.

Alguén plantexou se cabia a opción de que se firmara o acordado entre Dirección e sindicatos do SI para aplicalo nos CCTT, xa que foi onde gañou o SI dun xeito maioritario e Madrid que negociaran algo para eles.
O representante de USO dixo que esa opción no era posible.

Tanto Midón como algún dos presentes, comentaron que sería interesante levar unha proposta unitaria do conxunto de traballares/as de Galiza, ó final non se fixo.

Un traballador dixo que podian falar algúns representantes doutros sindicatos, tanto dos do SI como dos do NON, que se atopaban na asemblea. Neste momento aproveitou o Delegado de CNT para dicir que a CNT pedira o NON, que dos 4 sindicatos que pediran o NON so había un que tiña opción de estar na mesa de negociación, CCOO (non estaba presente na asemblea). Tamén dixo que non pediran o NON por estar en contra de facer recortes, senón que se fixo por estar en contra destes recortes, para CNT é intolerable que se manteñan as “viudedades” e por outra banda se recorte en salarios, antiguedades,...
Tamén pediu respeto paa o resultado do referendum, xa que se oían algúns comentarios polos pasillos que estaban fora de lugar.

Outro traballador mostrou o seu malestar pola folla de recollida de firmas que andaba circulando pola redacción de TVE. Non lle gustaba o feito de que non se pasara por RNE, nin tampouco a folla en si. Nesta folla pídese os secretarios xerais dos sindicatos USO, UGT e SI, que pasen por riba do resultado do referendum e firmen a proposta de Convenio. Pregunta quen está detrás deste papel.
Midón dille que é un xeito de facer as cousas, que se pode tramitar este tipo de malestar a través do Comité de Empresa ou, a iniciativa dun traballador ou dun grupo de traballadores, se poden recoller firmas para mostrar o descontento con algunha cousa. Algo similar as Iniciativas Lexislativas Populares.

Bueno, esto foi, un pouco por enriba, o que se tratou na asemblea, algunha cousa seguro que se me esquece, polo que vos pido desculpas.

Apuntes da Sección Sindical da CNT en RTVE Galiza.
A plantilla participou dun xeito bastante masivo no referendum e dixo que non queria a proposta que había enriba da Mesa.
É obriga de todos os sindicatos, dende a unidade de acción, defender a opinión do conxunto de traballadoras/es expresada a través do referendum e buscar unha saída a esta situación.
NON E TEMPO DE ANDAR A PROCURA DE INTERESES INDIVIDUAIS.
Tamén pedimos dende esta Sección, como non pode ser doutro xeito, a unidade de toda a plantilla. Estamos na situación que estamos, a algúns/as non lles gusta e prefiririan cambiar o pasado, pero iso non é posible. O que si será posible, si mantemos a unidade, e sair desta situación de incertidumbre dun xeito aceptable.
Xa sabemos que son tópicos, pero non debemos esquecer que a Dirección está no “divide e vencerás” e nos debemos estar en “ a unión fai a forza”.



No hay comentarios: