En estes momentos non hai ningún pacto firmado entre o CI TVE e a Empresa, hoxe martes está prevista unha nova xuntanza as 16:30.
Aquí vai un pequeno recopilatorio:
- Nun primeiro momento, tendo en conta as anteriores eleccións autonómicas, a empresa ofrecía:
País Vasco pacto A...1763 euros pacto B...1460 euros
Galiza pacto A...1644 euros pacto B...1362 euros
Nas anteriores eleccións en Euskadi todos/as tiveron pacto A.
Os representantes sindicais pedían un pacto único para Galiza e Euskadi, en canto a cantidade que pedían, esta movíase en torno os 2014 euros.
- Logo de largas negociacións, nas que a Empresa ía facendo subidas de 20 en 20 euros (dende a esta sección sindical estamos en contra destas subidas desorbitadas que poñen en perigo o equilibrio presupuestario desta nosa empresa) chegouse a:
A Empresa aceptou un mesmo pacto para as dúas eleccións autonómicas, movéndose nuns 1800 euros para o pacto A e uns 1500 euros para o pacto B.
Esta última oferta supón unha subida importante para Galiza, pero para Euskadi, no caso do pacto A supón unha subida moi pequena, e se temos en conta que nas anteriores todos/as tiveron o pacto A, ós que agora lle deran o pacto B suporía cobrar menos que nas anteriores, tamén habería que contemplar que en “teoría” terían que traballar menos, pero en Euskadi din que iso non se cumpre, que ó final traballan todos igual.
A Empresa polo de agora non cede, e en Euskadi, logo de facer asembleas, decidiron non aceptar a proposta da Empresa e convocar folga para os días 27 de febreiro e 1 de marzo ( 28 votos a favor de 31 asistentes).
Aquí en Galiza, algúns queren desvincularse de Euskadi na negociación, por considerar que a proposta da Empresa é aceptable.
Dende esta sección sindical consideramos que a estas alturas da negociación o que debemos mostrar é o noso apoio os/as compañeiros/as do País Vasco, mostrar unha postura unitaria ante a Empresa. Consideramos que resultaría moi perigoso mostrar fisuras, algo que a Empresa podería interpretar (acertadamente) como unha debilidade do conxunto dos/as traballadoras/es, hai que ter en conta que se está a negociar o tema das Terrenas, e o que é mais importante, o novo Convenio colectivo. Negociacións nas que nos xogamos moito... o noso FUTURO.
martes, 17 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario