domingo, 22 de febrero de 2009

CONSELLOS INFORMATIVOS EN RTVE ¿PARA QUE ?

O Consello de Administración de CRTVE non escoita os Consellos de Informativos de TVE e RNE. A Dirección do ente público pasou por riba do Consello de Redacción de TVE ó rexeitar o amparo que dito organismo concedeulle a dúas redactoras. Agora é o Consello Informativo de RNE quen se queixa da vulneración por parte da Dirección de aqueles artigos que lle conceden competencias.

¿Para qué serven os Consellos Informativos de RTVE? Iso mesmo pregúntanse os seus membros, xa que aínda que as súas funcións están recollidas tanto polo artigo 24 da lei 17/2006 da radio e televisión públicas, como polo artigo 51 do estatuto de Información, a Dirección pasa por riba das súas competencias.

O Consello de RNE enviou unha carta á Presidenta da Comisión de Servizo Público do Consello de Administración, Mª Cruz Llamazares da que tamén se informou ó director xeral de RNE, Santiago González, explicando as vulneracións dos artigos da lei de radio e televisión estatal sobre as súas competencias. Os dous Consellos de Informativos (TVE e RNE) uníronse ante esta situación, que sofren ambos, para adoptar actuacións conxuntas.

Pola súa parte, o Consello de Redacción de TVE queixábase a semana pasada de que a súa función de amparo non fora respectada no caso concreto de dúas compañeiras que acudiran a este consello para que foran devoltas a súa sección. O Consello de Administración, facendo caso omiso deste amparo, negouse. E non é esta a primeira vez que lles ocorre algo así: quéixanse da falla de información sobre os nomeamentos, á que teñen dereito, e de que pese a súa oposición a algúns deles, como os nomeamentos de Juan Pedro Valentín e Vicente Vallés, o Consello de Administración segue adiante cos mesmos.

En RNE a situación é similar, ambos Consellos quéixanse das dificultades tiveron para o seu funcionamento. Apuntan que lles faltan medios materiais, espazo físico para as súas reunións e falta de consideración das súas funcións e competencias. Todo pese a que a dirección, de cara á galería, mostra boa relación con estes órganos e predisposición a atender as súas demandas.

Por iso precisamente recórdanlle a Luís Fernández, presidente da CRTVE, as súas palabras no momento da constitución dos Consellos e pídenlle compromiso. En aquela data, o 17 de xullo, Fernández dixo que os Estatutos “a cuyo amparo se constituyen hoy estos Consejos de Informativos, no es un mero enunciado de principios. Es un aval para el ejercicio responsable de la profesión periodística en esta Casa, que es de todos'.

No hay comentarios: