O 12 de xaneiro reuníronse en Madrid o CGI e o comité de folga con representantes de CRTVE, nesta reunión chegaron a varios acordos:
- Supresión dos niveis 8 e 9 dos traballadores fixos con aplicación do nivel 7, calculándose o seu salario segundo o acordo con data 3/12/06.
Tendo en conta os datos que hai na intranet sería eliminar os dous niveis mais baixos da escala ( 988 e 1042.89 euros) pasando a cobrar entre 1097.78 ou 1152.66
- Libranzas: ata 7 h, 40 euros, ata 9 h, 52 euros.
- Módulos especiais: Noiteboa e Noitevella, 120 euros.
- Contratos en prácticas: para o primeiro ano do contrato, se a relación laboral comezou no 2008, cobraría o 65 % en vez do 65 % e se comezou no 2007 cobraría o 77% en vez do 75%. Para o 2009 o 70% no primeiro ano en vez do 60% e o segundo o 80% en vez do 75%.
- Incremento do valor das horas nocturnas nun 4%.
- Supresión dos niveis 56,57,58 e 59 do complemento de Especial Responsabilidade, aplicándose a todos o nivel 55.
Tendo en conta os datos que hai na intranet, que son do 2006, sería:
- nivel 59 mais baixo equivale a 141.73 euros e o nivel 55 mais baixo serían 330.39.
- nivel 59 mais alto equivale a 232.11 euros e o nivel 55 mais alto a 464.23.
- Subida do salario base do 2.75%, e os complementos que dependen do mesmo.
Pódese ver a acta no seguinte enlace (web UGT): http://www.ugtrtve.net/documentos/especiales/movilizaciones/2008_licitaciones/20090112_acuerdo%20desconvocatoria%20huelga.pdf
Tamén se chegou a un acordo para o que ,dende esta sección sindical, consideramos dar o visto bo por parte dos “sindicatos mais representativos” da privatización da información (tranquilos, por agora só a gráfica), a través da negociación dunha “instrución” do Presidente da CRTVE.
Dende a sección sindical da CNT en TVE-Galicia apostamos pola contratación directa cando os medios propios sexan insuficientes, e permitímonos recordarlle ós “sindicatos mais representativos” que non todo é negociable.
miércoles, 14 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario