Parece que a última proposta por parte dos representantes das/os traballadoras/os á empresa no tema da negociación das Terrenas é a seguinte:
A xornada laboral establécese de forma alterna en turnos de 10 horas (incluídas comidas e/ou ceas) e 7 días de luns a domingos de traballo, e outros sete días de luns a domingo , de descanso acumulado. O horario establecido de forma ordinaria será de 12 horas a 22 hrs. Podéndose modificar ó comezo do mesmo con 2 horas de antelación mediante comunicación expresa. Se por causa allea á produción tivérase que superar a xornada establecida na semana de traballo, este exceso sobre a mesma considerarase como horas extraordinarias compensándose en tempo libre e acumulable obrigatoriamente ás vacacións.
O tempo de traballo efectivo durante o que o/a traballador/a móbil, definido pola lexislación vixente, non pode dispoñer libremente do seu tempo e ten que permanecer no seu lugar de traballo (centro de traballo ou lugar desprazado) disposto a realizar o seu traballo normal, non poderá superar as 60 horas semanais. A planificación semanal deberá respectar este límite.
O computo do traballo efectivo nunha xornada ordinaria contabilizase dende a chegada ó centro de traballo e termina unha vez que se regresa ó mesmo. Nos casos previstos computarase 2 horas antes da chegada ó centro de traballo.
Os/as traballadores/as non poderán realizar unha xornada efectiva diaria superior a 12 horas, incluído no seu caso, o desprazamento de ida e volta ó centro por ser traballador/a móbil.
Cando se realice traballo en tempo nocturno (en CRTVE entre as 22 hrs. 3 as 7 hrs.) a xornada diaria de traballo non poderá exceder de 10 horas diarias continuadas (incluídas comidas e/ou ceas) por cada período de 24 hrs.
Dado o carácter excepcional que debe ter o traballo nocturno, a retribución do mesmo non debe poñer en perigo a seguridade vial; polo tanto as dúas primeiras horas serán compensadas da seguinte maneira: 1 a 1.25 por tempo engadido ás vacacións anuais e as terceiras e sucesivas de 1 a 1.50. A prolongación da xornada no que exceda de 9 horas ata 12 horas diarias, máxima xornada a realizar, serán compensadas as dúas primeiras horas 1 a 1, por tempo engadido ás vacacións anuais e a terceira hora 1 a 1.25.
Seguiremos informando... cando teñamos información.
sábado, 3 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario