Esta semana sufrimos un episodio na CRTVE
Galiza que queremos poñer en coñecemento de todos/as vos.
O peche
da Onda Curta supón un varapao ó servizo público, que é o principal cometido da
nosa Empresa, e ademais deixa abandoadas a moitas persoas que teñen, bueno, mellor
dito, tiñan, a Radio Exterior de España como único nexo de unión ca actualidade
de España e o Mundo a través da Onda Curta, pois non teñen acceso a internet.
Isto último está demostrado pola multitude de “queixas”
que se manifestan a través de diversos medios, un dos sectores mais afectados e
mais reivindicativos en canto a este “peche” da Onda Curta, son os/as mariñeiros/as.
O
malestar deste colectivo vense recollendo de forma habitual en diversos medios
de ámbito autonómico aquí en Galiza.
A comezos
desta semana ofreceuse a RTVE Galiza a opción de elaborar unha noticia sobre
este tema a bordo dun barco. Nun principio, íase elaborar esta noticia para o
Centro Territorial e logo, tras mostrar o seu interese, para o programa “Agrosfera”.
Isto ia
ser así, ata que alguén deu a
orden de que esa noticia non se
cubría.
Que quede claro que non imos a consentir este tipo
de actuacións por parte dos comisarios políticos (con minúsculas) postos polo
partido no PODER.
A nosa
razón de existir é o Servizo Público, un dos mellores exemplos do servizo, é a
emisión de Radio Exterior de España a través da Onda Curta.
NON O PECHE DA ONDA CURTA. NOBLEJAS SOMOS TODOS/AS.
Campaña
de recollida de firmas en Change.org
1 comentario:
Acabo de ler isto neste blog dun radioafeccionado e non deixa de sorprenderme: http://infoderadio.blogspot.com.es/2014/10/rne-radio-5-emite-conjuntamente-los.html
En verdade é certo que non pode emitirse o informativo provincial en Lugo por unha baixa de persoal? Si é así paréceme inadmisible que nunha empresa con máis de 6000 traballadores non teñan a ninguén para cubrir unha baixa sen deixar de dar o servizo habitual aos ointes.
Pedro G.
Publicar un comentario