Lugar/hora :
Plató grande / sobre as 14:35 horas.
Asistentes: 18
traballadoras/es.
A continuación facemos un resumo do que se
falou na xuntanza:
Comezan a charla felicitando á plantilla polo
traballo realizado con motivo do accidente ferroviario do pasado 25 de xullo.
A negociación deste II Convenio da
Corporación, remata o 30 de setembro deste ano. E, tal e como se comprometera a
parte social, someterase a referendum antes da firma.
Non é un bo acordo, pero vendo o contexto
xeral no que nos atopamos, dentro do malo é o mellor posible.
O tridente
formado por SEPI, Facenda e Dirección de RTVE plantexaba un recorte de 39
millóns de euros da masa salarial, isto pòdiase facer de 2 maneiras, unha
negociada e outra sen negociar, imposta pola parte “dominante” (o tridente ) o cal implicaria ben un ERE,
ata aforrar a cantidade proposta ou ben un “descuelgue” de Convenio (total ou
parcial), o que daria lugar a que se nos aplicase o Estatuto dos
Traballadores/as. Grazas a negociación conseguiuse rebaixar a cantidade
plantexada inicialmente de 39 a
28,5 millóns de euros.
Un apunte que volveron a remarcar, xa o
fixeran noutras xuntanzas, é que a masa salarial representa mais dun 40% do
total dos presupostos da Empresa, e iso, seica, non pode ser. Imaxinamos dende
esta Sección sindical que isto está marcado nas regras de xogo do actual
sistema fascista/capitalista.
Seica houbo cousas innegociables pola parte
social, cousas que non estaban dispostos a que se tocaran:
- Mantemento da plantilla acordada no Acordo
dos Peñascales (onde se acordaron as condicóns da xente que entrástedes a
partires desa data) durante a vixencia do Convenio. Isto tamén figuraba no I
Convenio da Corporación, o de ligar plantilla a vixencia do Convenio.
- Que non se aplicara movilidade xeográfica,
algo que si permite a Reforma laboral. Parece ser que si se pode aplicar
actualmente as persoas que leven menos de 5 anos na Empresa (¿?).
- Mantemento da actual estructura territorial,
32 persoas en CC.TT. de TVE, 16 nos de RNE e 6 nas UU.II.
- Retirada do contrato fixo-discontinuo, que
xa se pretendia aplicar os/as compañeiros/as do Coro e Orquesta de RTVE, e con
tempo, quen sabe a quen mais.
Qué cousas vanse cambiar/recortar?
- Conxelación dos saltos de nivel durante un
tempo, non se van eliminar.
- Antiguedade. Actualmente o máximo son 11 trienios,
facendo unha media salian a 80 euros por trienio, pasaran a ser todos de 60
euros. Estase negociando que o cambio se faga a partir de que se cobre o
trienio que se esté xenerando.
- Cambio/eliminación das rutas de transporte.
O que estamos cobrando por transporte en Santiago de Compostela recortarase nun
50%.
- Recorte dun 25% da paga de Marzo. O que
quede e mais a de Setembro prorratearase entre o resto para ter 14 pagas en
lugar das 16 que temos agora.
- Recorte dun 100% da paga dos 10 anos,
liquidarán a parte proporcional que nos corresponda á firma do Convenio. O
mesmo pasará cas vacacións dos 20 anos.
- recorte dun 5% en todos os complementos.
- Recorte nas comidas, pagarán un 50% menos.
Este Convenio tería vixencia ata o 31 de
decembro de 2015, tendo a partires desa data 1 ano para negociar o novo, polo
que podería acabar tendo vixencia ata o 31 de decembro de 2016. Pode denuncialo
calquera das 2 partes firmantes 4 meses antes de rematar a súa vixencia
(31/12/2015).
Tamén se está negociando o das novas
categorias.
Xa sabedes que a
maravillosareformalaboralquesolucionarátodososproblemasdomercadolaboralparoincluido
favorece a parte Empresarial, polo que
non nos espera nada bo (isto decimolo nos, a CNT).
O noso delegado sindical preguntou se sabían
como se nos ia compensar o traballo feito con motivo do accidente ferroviario
do 25 de xullo, que facía case 2 meses e ainda non sabiamos se íamos cobrar, ou
qué? Seica a Dirección da Empresa non pagará a través dunha “gratificación
xenerosa” pero que non sabía canto ía ser.
Tamén comentou que pasaba ca reivindicación
dos 3 cámaras de Santiago de Compostela que actualmente está reclamando plus de
disponibilidade para todos/as. Dixo que o mirarian nas próximas semanas.
Bueno, mais ou menos, isto foi o que se
tratou. Como sabedes dende esta Sección Sindical procuramos tervos informados/as de todo o que poidamos, o cal
non é moito, xa nos gustaria ter mais información, pero iso non depende de nos.
Sección Sindical da CNT en RTVE-Galiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario