viernes, 19 de abril de 2013

Xuntanza da Directora de CC.TT. cos Sindicatos de RTVE-Galiza.


Comezouse falando, por parte dos Sindicatos, sobre o turno de fin de semana. Preguntaron se se ía manter ou non?.
 A Directora de CC.TT. dixo estar en contra do turno de fin de semana, ela é partidaria de cubrilo ca xente que teña disponibilidade. Do mesmo xeito que se fai noutros Centros cos reporteiros gráficos que cubren o fin de semana.
 Si considera que debe existir este turno en Andalucia, Cataluña e Valencia pola carga de traballo, en Euskadi pola situación política e en Castela León, pola extensión do territorio.
 Sin embargo, pese a súa opinión, non vai a eliminar este turno no noso Centro, xa que esto quedará solventando cando se remate de negociar o novo Convenio.
 En canto o plus de programas está a favor de que pasen por Convenio, e ela sería partidaria de que nos CC.TT. so o tivera o/a realizador/a. Argumenta que o único programa do Centro é o Informativo e que a responsabilidade do/a realizador/a nesa media hora é absoluta.

 Comentouselle que, ultimamente, se estaba abusando do plus de disponibilidade no departamento de reporteiros/as, que habia un só plus para tres persoas, o que fai que en algúns casos se den situacións non desexables.
 Tamén se comentou dende os Sindicatos que neste Centro Territorial se estaba facendo xa, un gran esforzo, en canto a que había xente que facia mais funcións das que lle competen a súa categoria.
 Sobre o de ter mais pluses dixo que iso é cousa da asignación presupuestaria do Centro.
 Dixo que ela cumpliu co que prometera que ia face ata abril: sinerxias en algún centro, aumento da producción para o Informativo nacional,... Que o feito de facer o percorrido por Galiza era para someterse a unha especie de evaluación continua, xa que voltará de cando en vez.

 Apuntouselle o malestar de alguns/as traballadores/as de RNE que se queixan de que en moitos casos o único que fan é de “pes de micro para TVE”.
 Contestou que as sinerxias e a integración serán mellores cando se comparta espazo.

Preguntouselle pola formación, a Directora dixo non ter información de primeira man, xa que esa negociación non a estaba levando ela, que os Sindicatos presentes nesa mesa terán a información de como van as cousas.
 Si dixo que os/as traballadores/as teñen dereito a formación e que a Empresa ten a obriga de darlla. Que a formación “é pasta”, polo que lle hay que sacar un rendemento. Hai que usar a xente formada, senón, para que se lle da a formación? Tamén dixo que a formación será igual tanto nos CC.TT. como nas UU.II.
 Esta formación xa se poderá dar, sempre e cando sexa de forma voluntaria, mentres non esté contemplada no novo Convenio, firmada entre a parte social e a Dirección, non será obrigatoria. Cando non sexa expresamente aceptada de forma voluntaria polo/a traballador/a, deberase esperar a que esté completamente regulada.

 Tamén se lle preguntou que, xa que en RNE se iba incrementar a programación, se tamén se ía facer en TVE.
 Contestou que a prioridade era incrementala en RNE.

 Sobre se se ía manter a cabeceira de RNE en A Coruña, dixo que sempre haberá CRTVE en A Coruña, que o tema da cabeceira xa é unha decisión mais política, que era algo no que non pensaba xa que formaba parte da 3ª fase do Proxecto.
 A súa opinión persoal era que prefería mover a producción antes que ós/ás profesionais, que prefire que a xente traballa onde quere estar. Puxo o exemplo de Castela A Mancha, onde o Centro Territorial está en Toledo pero edítase dende Cidade Real,e non hai problema, está funcionando ben.

 A Directora de CC:TT. Ostrouse en desacordo de cómo se estaban xestioando as Terrenas, xa que non lle parecia ben que se nutriran de persoal do Centro e logo a xestión se fixera dende Madrid.
 Comentou que para a semana que ven, vai haber unhas xornadas de traballo en Madrid a que asistirán todos os xefes de medios dos Centros Territoriais, xefes de Informativos, responsables técnicos de Madrid, etc.etc. para tratar todos estos aspectos que afectan os CC.TT.

 Sobre a orde dos micros de corbata,volveu a recalcar, “cando as condicións así o permitan, usaranse os micros de corbata”. A Ela parecelle que queda mais elegante.

 Pediuselle un equipo lixeiro de iluminación para o departamento de Reporteiros/as gráficos/as. Tomou nota.

 Un compañeiro propúxolle que tanto Mariló Montero como Ana Blanco, ó remate de “Por la mañana” e do “Telediario”, podían dar paso a información dos CC.TT. que era algo que non costaba pasta e que podería quedar moi ben.
 A Directora agradeceu a idea, pareceulle moi boa.

Bueno, isto mais ou menos foi o acontecido. Podedes facer as vosas aportacións/correcións a través dos comentarios desta entrada.
 Pedimos desculpas polos posibles erros, en caso de que os haxa, non son intencionados.

 Para esta Sección Sindical é moi importante que a plantilla, na súa totalidade, esté informada, polo que todo o que esté na nosa man para que así sexa farémolo.

No hay comentarios: