viernes, 15 de octubre de 2010

Queren mais por menos.



O mércores 13 de Outubro houbo unha xuntanza en rtve, convocada pola Dirección da nosa empresa, para informarnos da próxima dixitalización do Centro Territorial de rtve en Galiza ( tedes mais información na entrada anterior deste blog) e, entre outras cousas , quedou claro que a os/as redactores/as van a montar as súas propias pezas, algo que ata agora facían os/as compañeiros/as de montaxe. Daranlles un mini-curso acelerado e alehop! xa está. Esto vaise implantar si ou si, excudase a Dirección en que xa está funcionando este sistema en Extremadura, en Madrid e en Las Palmas e aparte que hai unha sentencia dun Xuíz que ven a dicir que os/as redactores/as teñeno que facer.

O que está claro é que a Empresa quere que fagamos mais por menos, eliminar postos de traballo e que o tema da calidade no produto final non lle quita o sono. Por outra banda queren racanear pasta no referente os salarios de todos/as nos e derrochano por outro lado, non reparan en gastos comprando programas a produtoras privadas, programas que está mais que demostrado que sairía mais barato facer dentro da casa, aproveitando os medios técnicos e humanos de rtve, que para iso estamos.
Mentras está pasando todo isto, non se ve por ningunha parte unha resposta por parte dos sindicatos acorde con esta nova agresión os nosos dereitos. Non entendemos que é o que pasa, hai que dar un cambio a forma de actuar dos sindicatos e dos/as traballadores/as en xeral. Non podemos permitir que a Empresa faga o que lle veña en gana.
É imprecindible, se queremos ese cambio, se queremos recuperar o noso poder de decisión, o control sobre o noso futuro, organizarnos de algunha maneira. A CNT estará sempre aberta a participación de todos e todas vos.

No hay comentarios: