miércoles, 18 de agosto de 2010

XUNTANZA CO PRESIDENTE EXECUTIVO DE RTVE

Onte, martes 17 de agosto, tivo lugar unha xuntanza entre o Delegado desta Sección Sindical e o Presidente Executivo da Corporación rtve, D. Alberto Oliart.
O motivo desta xuntanza, solicitada polo Presidente, foi dar resposta as inquedanzas plantexadas polo noso Delegado nunha carta que entregou ó Sr. Oliart durante a visita que realizou esa mesma mañá ó Centro Territorial de rtve-Galicia.
Agardamos que esta xuntanza dea os seus froitos e sirva para establecer unha canle, cando menos, de comunicación entre a Dirección da Empresa e as/os traballadoras/es do Centro Territorial de rtve en Galicia.
Dende esta Sección queremos agradecer a receptividade e accesibilidade que mostrou o Sr. Oliart.

No hay comentarios: