viernes, 29 de enero de 2010

ASEMBLEA EN SANTIAGO.




Por fin unha asemblea, dende esta sección sindical votabámola en falta.
O motivo principal era dar o apoio a unha serie de obxectivos e de mobilizacións que viñan de ser aprobadas nas asembleas de Madrid, o papel que nos repartiron é o que figura nesta entrada do blog, como veredes veñen a ser as publicadas na anterior entrada.

Cousas que se falaron:
- Por parte dos convocantes (delegados de persoal), principalmente USO, expúxose a problemática que se está acentuando en Madrid, no tocante a que están sacando todo o traballo para fora, dándollo a Productoras, ca escusa de que sae mais barato, incluso falouse dun comunicado do Consello de Administración no que se di:

En su sesión ordinaria de hoy, miércoles 27 de enero, el Consejo de Administración de la Corporación RTVE ha debatido en profundidad sobre los procesos productivos y ha aprobado por unanimidad la siguiente declaración:
"El Consejo de Administración de la Corporación RTVE, tal y como viene defendiendo desde su constitución, comparte plenamente la posición del Presidente sobre la necesidad de aumentar la producción propia en TVE y la consiguiente reducción de la externalización de forma inmediata y progresiva.
El Consejo considera preciso y urgente dinamizar la negociación colectiva de cara a conseguir unas condiciones laborales que garanticen altos niveles de productividad y consolide el futuro de la Corporación".


Descubriron a pólvora estes do Consello de Administración, claro que foi despois dun profundo debate.
Tamén que a empresa non está pola negociación, que fai o que lle peta, non respecta acordos xa comprometidos, falan de que hai uns 1.000 casos de demandas nos xulgados, falan incluso do caso dun traballador, parece que coñecido por parte da plantilla de aquí (Galiza) que traballa de realizador en Madrid para “Por la Mañana”, programa feito por dúas Productoras, que aínda sendo “da casa” quen dirixe o seu traballo son estas Productoras, ou sexa, que “nos alquilan” xunto cos decorados dos programas, como se fóramos parte do atrezzo.
- Algún traballador apunta que, aínda estando de acordo cas mobilizacións, non lle parece ben que se fagan agora, cando apretan ós de Madrid, e que non se fixera nada, ou practicamente nada, cando empezaron a apretar nos Centro Territoriais.
- Tamén houbo quen preguntou os sindicatos se non farían algo de autocrítica, que cando se firmou a redución da programación estabamos a firmar un pouco o que está pasando agora, e que estas mobilizacións chegaban tarde.
- Por UGT apuntouse que non fomos quen de facerlle cumprir á empresa os acordos do “Pacto dos Peñascales”, que tal vez con estas mobilizacións non se conseguiría nada, pero que sen elas aínda menos.
- Houbo quen puxo un exemplo concreto que nos afecta directamente, a gravación dun partido de fútbol sala en Vigo, feito por unha Produtora e con unha calidade ínfima, o cal poderiámolo haber feito nos por moi pouco diñeiro, e por suposto, con mais calidade.
- Por parte do delegado desta sección Sindical apuntouse que, aínda estando de acordo en que as mobilizacións tíñanse que haber feito antes, hai que dar unha resposta contundente á Dirección desta NOSA EMPRESA, mais vale tarde que nunca, consideramos que se está a xudicializar demasiado as relacións laborais ( 1.000 casos nos xulgados...) e que a única forma efectiva para defender os nosos dereitos é a acción directa.

Ó final procedeuse a votar o documento distribuído polos convocantes, quedando a votación da seguinte maneira (a ter en conta que houbo xente que foi abandonando a asemblea):
Votos a favor: 17
Votos en contra: 0
Abstencións: 9

Agora, a modo de opinión desta sección sindical:
Alegrámonos de que se celebrara unha asemblea, é o único sitio que nos consideramos válido para tomar acordos os/as traballadores/as, agardamos non ter que esperar tanto por outra como fixemos por esta. Dicir tamén, que votamos en falta a xente das Unidades Informativas.
As cousas están jodidas, para todos/as, podemos estar mirando para atrás, compararnos os/as de aquí cos/as de alá, mira que ben están estes e nos... pobriños. Estamos de acordo en que no pasado fixéronse mal as cousas, senón non estaríamos como estamos, pero en algún momento haberá que pararlle os pes a quenes queren acabar co servizo público e cos NOSOS POSTOS DE TRABALLO, e tal vez sexa este o momento, ante a duda... hai que actuar, non podemos quedar de brazos cruzados.
Agardamos que todos/as estemos a altura das circunstancias, hai moitas cousas en xogo, esperemos que non pase como nas últimas convocatorias de folga.

No hay comentarios: