miércoles, 4 de marzo de 2009

PRIVATIZACION INFORMACION GRÁFICA

Dende hai unhas semanas xa contamos con unha produtora encargada de subministrar material gráfico, trátase de TV7. Dende esta sección sindical estivemos buscando información escrita sobre o tema , pero non atopamos nada.
Hai que felicitar os/as responsables de realizar esta privatización de parte do servizo informativo de RTVE, quen subministra o material gráfico é unha empresa externa a RTVE, pola rapidez da operación. Se temos en conta o publicado neste mesmo blog(http://cntrtvegalicia.blogspot.com/2009/01/reunin-entre-cgi-e-representantes-de.html), en apenas mes e medio, saíu o concurso, presentáronse as empresas interesadas e escolleuse a unha, todo cos tempos necesarios para posibles reclamacións e demais.
Consideramos un gran erro por parte dos sindicatos “maioritarios” aceptar que a dirección de RTVE contrate unha produtora privada para “subministrar material gráfico”, material que constitúe unha parte moi importante da información. Este erro, aquí en Galiza, vese agravado polo feito de que, despois de romper os contratos que había con varias produtoras en outubro do ano pasado para o mesmo fin, quedou demostrado que non eran imprescindibles, xa que o telexornal seguía saíndo con aparente normalidade.
Isto é abrirlle a porta á privatización do servizo público asignado a RTVE, ¿qué virá despois disto? ¿con qué argumentos trataremos de frear outras “propostas” da Empresa? ¿non fomenta isto que nos cuestionemos a existencia dos Centros Territoriais? ¿e esta a maneira de asegurar o NOSO FUTURO?