AS TERRENAS PROMETIDAS.
Por agora o único que sabemos é que a empresa fixo unha proposta (tedes mais información no blog da sección sindical), polo que supoñemos que se está a levar a cabo unha negociación entre as “partes contratantes”, dicimos supoñemos, porque a información facilitada pola “parte social” é mais ben “escasa”.
Dende esta sección sindical queremos animar a Dirección deste Centro Territorial a que, unha vez estean negociadas as condicións dos equipos encargados de operar as Terrenas, se convoque a todos/as traballadores/as afectados/as, ou sexa, reporteiros/as gráficos/as, técnicos electrónicos e incluso redactoras/es e tanto os que traballen no Centro Territorial como os que o fagan nas Unidades Informativas, para realizar un proceso transparente e participativo na conformación dos citados equipos.
DENDE O 1 DE OUTUBRO SEN PRODUCTORAS.
Xa vai para 3 meses dende que RTVE rompeu unilateralmente os contratos cas produtoras e, sorprendentemente, o Telexornal segue saíndo, aparentemente sen maior problema, e máis, incluso se seguen cubrindo informacións que logo non se emiten, ou sexa, que aínda cubrimos cousas de mais; polo que non entendemos a que ven agora que TVE saque unha convocatoria para contratar unha empresa que subministre noticias en cada unha das autonomías (http://www.rtve.es/-licitacións-expedentes), a modo de recordatorio:
LEY 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.
Articulo 7. Estructura da Corporación RTVE.
5. A Corporación RTVE e as súas sociedades prestadoras de servizo publico non poderán ceder a terceiros a produción e edición dos programas informativos e de aqueles que expresamente determine o mandado marco. A Corporación RTVE impulsará a produción propia da súa programación de forma que esta abarque a maioría dos programas difundidos nas cadeas xeneralistas.
O conxunto de traballadoras/es debemos estar atentas/os ante esta dirección que parece non ter límites nos eu afán privatizador do servizo público que debe ofrecer esta nosa empresa.
basta xa de derroches, de mala xestión, de fichaxes-externos-millonarios, de que as produtoras fagan o noso traballo, BASTA XA DE ROUBARNOS O NOSO FUTURO.
HOXE HAI QUE ESCOLLER ENTRE DESCANSAR OU SER LIBRE.
Esta é a frase que figura na cabeceira do noso/voso blog. Unha frase que define o motivo da creación desta sección sindical: as/os traballadoras/es debemos deixar de delegar en outras/os e recuperar a nosa liberdade de decidir por nos mesmas/os, o que require un pouco de traballo por parte de todas/os.
Esta sección sindical está empeñada en aumentar a participación de todas/os nas decisións que afecten o futuro desta nosa empresa, por este motivo creouse un blog e estase a traballar na elaboración dun foro (do cal xa vos daremos cumprida información). Cremos que é a nosa responsabilidade crear estas ferramentas para fomentar esa participación da que falamos, agora ben, o futuro destas ferramentas pasa polo seu uso, e iso xa non é cousa nosa, se entre todas/os queremos conseguir algo podedes ter a seguridade de que o vamos a conseguir, mais pronto que tarde.
miércoles, 17 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario