miércoles, 22 de octubre de 2008

LAYA-UNED despide á delegada sindical de CNT.

A subcontrata fantasma da Universidade Nacional de Educación a Distancia reprime a aqueles que reclaman os seus dereitos .O pasado abril constituise a sección sindical de CNT en Laya Producciones, empresa encargada da realización do programa de televisión “UNED”, que se emite en La 2, en TVE Internacional e en Tele K. Sen embargo, este proceso administrativo é unha mera tapadeira xa que a subcontrata limitase á xestión dos contratos do persoal e a UNED exerce como a verdadeira empresa. En teoría, Laya Producciones proporciona un servizo pero o que de verdade subministra é man de obra, en algúns casos seleccionada previamente pola UNED. Os trabajallores seguen órdes da directora de televisión do Centro de Medios Audiovisuais da UNED, a universidade aporta todo o material (cámaras, ordenadores, teléfonos, salas de visionado e de edición) e proporciona un lugar de traballo xunto ós demais traballadores do CEMAV. A Universidade evita así ter unha relación directa contractual cos seus verdadeiros empregados, ós que a pseudocontrata despide e volve a contratar en cada curso académico (non acumulan antigüedade e desta forma sempre son temporais).Pois ben, tras diversas accions sindicais e a correspondente demanda por cesión ilegal de traballadores, Laya Producciones despediú en xullo, como todos os anos, ós traballadores. Supoñíase que en septembro a plantilla volvería a incorporarse os seus postos de traballo e así aconteceu. Ca excepción de Tania, a delegada da sección sindical de CNT. O noso sindicato xa se puxo mans á obra. Advertimos a Laya e á UNED do desprestixio que lles pode acarrear unha campaña de denuncia de CNT, pero tanto Andrés Pérez, responsable de Laya Producciones, como Juan A. Gimeno, rector da universidade, fixeron oídos xordos. Polo tanto, CNT entra en conflicto con ambas empresas ata que a delegada sindical sexa readmitida.
READMISIÓN INMEDIATA DA DELEGADA DE CNT. BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL. BASTA DE SUBCONTRATAS FANTASMA