Visita do Secretario Xeral da Sección Sindical da UGT en RTVE.
Lugar/hora :
Plató grande / sobre as 14:35 horas.
Asistentes: 22 persoas.
Exposicións varias desta xente.
- Din que a estructura territorial favoreceu que saira o SI no referendum.
- Sobre o de unificar as sedes de RNE e de TVE nas Comunidades onde non a compartian (Euskadi, Extremadura e Galiza), seica non se vai levar á cabo, quedamos como estamos.
-Paga dos 10 anos e vacacións dos 20 anos.
Sairon sentencias que ratifican que se contabilizarán tanto os tramos ininterrumpidos como os interrumpidos. Como cabe recurso, supoñen que a Dirección da Empresa vaino facer.
Seica para a semana que ven, se solucionará o tema dos complementos de polivalencia. Xa aperecerán as polivalencias "ad personam" a quen lles correspondan.
- Din que se pode xerar a medio prazo un debate interesante, e a vez preocupante, pola situación na que está o servizo público de radio e televisión, debido o peche de Canal 9; din que cando saia a sentenza de TeleMadrid pasará algo similar. Tamén apuntan a que a situación de varias televisións autonómicas é moi complicada (Canal Sur ten unha débeda duns 1.000 millóns de euros, outras en situacións similares) o que fai que esas comunidades carezan dun servizo que antes tiñan.
Algúns gobernantes xa mostraron o seu interese en que ese espazo o cubra RTVE.
Partindo de que dende UGT non están de acordo en asumir ese papel a costa de que se peche un medio público, como foi o caso de Canal 9, podese dar o caso de que ó final RTVE se vexa "obrigada" a cubrir esa carencia.
Din que, chegado o momento, eles son partidarios de que o que se decida, sexa algo igual para todos os CCTT. Isto é , se se decide unha desconexión territorial de 2 horas para Valencia, tería que ser para todas as comunidades e, aquí é onde se xeraría o debate.
- Falan de que a actual situación da Empresa se sustenta en 4 patas:
Convenio. Está solucionado ata o 2016.
martes, 28 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)