miércoles, 12 de octubre de 2011

Visita do secretario xeral da sección sindical de USO en RTVE.

Asistiron 19 persoas.

O pasado xoves 6 de outubro, visitounos José Carlos López Vázquez, secretario xeral da Sección Sindical de USO en RTVE.

Entre outras cousas díxonos que o cambio da Directora de Recursos Humanos supuxera un cambio importante e en positivo para levar a cabo a negociación do Convenio que foi aprobado en referendum.

Explicou que para o seu sindicato é fundamental o tema da definición das categorías e dixo que non se negociou sobre o tema por falta de tempo.

Dixo que a Empresa enviaranos unha carta notificándonos en que nos afecta (a quen lle afecte) o novo Convenio. Principalmente será a xente que se incorporou a raíz da última convocatoria, polo da variación no tema dos trienios.

Parécelle que vai ser imposible negociar o das Categorías en 6 meses, e máxime tendo por medio unhas eleccións sindicais (17 de novembro). Negociarán os/as que saian desas eleccións.

USO aposta por facer referendum tamén sobre o que se negocie no tema das Categorias.

Sobre a nova dispoñibilidade explicou que se deberá de pagar por adiantado, 5 días antes do mes en que se aplique, incluídos os bloques de 5 horas, en caso contrario computaranse como horas extras.

O delegado de Persoal de USO en Galiza dixo que a definición actual das categorias leva vixente 33 anos, e que aínda que mudaron as ferramentas de traballo non supuxo, a súa definición, un lastre para que saíra o traballo adiante con unha calidade mais que aceptable.

Hai que encaixar os avances técnicos co espírito da profesión.

A empresa pretende que fagamos todas/os de todo, pretende aforrar polivalencias, quitar montadoras/es co de que monten as/os redactoras/es.

Actualmente “obrigan” as/os novas/os polo “vacío” que existe no seu caso.

Explicou que en Madrid se monta tamén polo uso discrecional que fai a Dirección co “plus de programas”, un plus que ó estar fora de Convenio é difícil de reclamar.

Este plus non figura no novo Convenio debido a que CC.OO. ten plantexado un conflicto colectivo, o cal frea todos os individuais e haberá que estar á espera de que saia a súa resolución.

En Extremadura tamén montan en redacción, pero fano de forma excepcional, eso si, sen cobrar mais que antes, cando non o facían.

Hai que recordar que hai uns anos (3 ou 4) en Madrid se permitiu unha reconversión (quen esto escribe pensa que non foi algo voluntario) de uns 10 montadores para logo contratar montadores de fora. Por outra banda tamén dixo que se estaba a aumentar a plantilla de montadoras/es o cal era esclarecedor de que a calidade do traballo non era a de antes.

O delegado desta sección sindical quixo facer unha pregunta clara:

Pode a Dirección abrir un expediente a un/ha redactor/a por negarse a montar? A resposta foi NON.

Polo que facemos a seguinte valoración:

- Por unha banda quen estea disposta/o a montar vaino a facer sen cobrar ningún tipo de plus, algo que para nos é secundario.

- E por outra, qué vai pasar a medio-longo prazo? Referímonos a cando sexan capaces de montar con certa soltura, ou por dicilo doutra maneira, cando á Dirección lle valga como montan as/os redactores/as. Non correrá perigo a figura do montador/a?

Nos pensamos que si, que é moi perigoso asumir funcións de outra categoria.

A xente que traballa en labores de montaxe tivo que pasar unha oposición, tivo que competir con moita xente para conseguir unha praza dunha categoría, a de montaxe, que escolleron entre varias, e agora polo feito de que as persoas de outra categoría estean dispostas a asumir unhas funcións que lle corresponderon ata o de agora a xente de montaxe, que aínda por riba a Dirección non lles pode obrigar a facelo, e sin pagarlles ningún tipo de polivalencia, parécenos moi, moi preocupante. E hai que ter en conta que a moitas roldas de prensa non vai nadie de redacción, incluso en ocasións para coller totais vai o/a reporteiro/a só.

Ou sexa, non fan as labores propias dun/ha xornalista, como é o de ir as roldas de prensa e queren facer labores doutras categorías e o que é verdadeiramente grave, poñendo en risco a continuidade dos postos de traballo de compañeiras e compañeiros.

Xurdenos unha pregunta, cal sería a súa reacción se as/os compañeiras/os de montaxe, imaxe,... con un cursillo de 25 horas e 15 minutos fixeran labores de redacción?

lunes, 3 de octubre de 2011

XA TEMOS NOVO DIRECTOR

Dende onte xa é oficial, o novo director é o noso compañeiro Lois Docampo, que ata o de agora facía de redactor de fin de semana.

Onte, despois das 14:30, foi a presentación no plató a cargo do Director de Centros Territoriais.

Algunhas traballadoras e traballadores aproveitamos a presenza de Juantxo, para expoñerlle as nosas preocupacións en canto o proceso que se está levando a cabo de dixitalización do noso Centro Territorial, a merma na plantilla de reporteiros gráficos por mor da adscripción da DNG ó programa + Gente, a gran cantidade de traballo en arquivo,...

Saúdos.