Este mércores, 25 de marzo, visitounos o secretario xeral
de USO, José Carlos.
A xuntanza tivo lugar no plató grande, despois do Telexornal, sobre as 14:30 e
asistimos unhas 11 persoas.
Falou da
problemática actual en Madrid que pasa,
principalmente, pola falla de carga de traballo.
Isto é debido a
que se tiraron os platós e non se prevé ter platós propios ata, como mínimo, o
ano 2017. Isto afecta de forma directa a mais de 800 traballadoras/es.
Todos os programas
veñen “enlatados” e as retransmisións fanas productoras, CRTVE so pon os/as
comentaristas. So se fan os grandes eventos debido a que se precisa moito
persoal técnico, cousa que non teñen a maioría das productoras.
Se lle propuxo á
Dirección que se chegara a acordo cas productoras para que CRTVE puxera persoal
e medios técnicos, como se facía antes, pero esta proposta foi rexeitada.
En Madrid existen
multitude de platós para alugar, falta vontade por parte da Dirección.
Actualmente os
CCTT somos moi productivos, polo que mirando este aspecto, deberiamos estar
tranquilos/as, pero debemos ter en conta que nesta Empresa en moitas ocasión
tómanse decisións políticas, polo que nada está asegurado.
O problema mais
grave é a financiación. Vense de aprobar o do pago do IVE, a partires de agora
CRTVE non o terá que pagar (do mesmo xeito que veñen facendo as tv públicas
autonómicas), polo que se deixarán de pagar uns 90 millóns de euros.
O presuposto da
CRTVE segue a ser de 1.200 millóns, pero non se aporta todo debido os recortes
do actual Goberno. Para este presuposto (1.200 M) a masa salarial (380 M.) é
asumible , pero para o presuposto “real” que é moito menor, si pode resultar un
problema engadido.
Este ano remata a
vixencia do actual Convenio Colectivo, pero como estamos en ano eleitoral,
aparte das elección xerais, locais, autonómicas... temos que engadir as
eleccións sindicais, que serán a final de ano, polo que para evitar que
coincidan cas xerais tratarase de pospoñelas, alomenos 1 mes.
Isto vai provocar
que o único paso que se poderá dar neste eido, será denunciar o Convenio, recoñecerse
ámbalas dúas partes para negociar e establecer un prazo/prorroga dun ano para
negociar o 3º Convenio (2016).
Ante a pregunta do
delegado da CNT de si non seria mellor presionar antes das eleccións para
tratar de conseguir algún compromiso por escrito, dixo que podería ser unha
opción, pero non se contempla, xa que si se abre agora a negociación e debido
as eleccións (politico-sindicais) moi probablemente as persoas interlocutoras
non serían as mesmas despois dos procesos eleitorais. O que representaría unha
perda de tempo o seu entender.
Isto foi, mais ou
menos, o que dou de si a xuntanza.
Dende esta sección
Sindical parécenos preocupante o feito de que se dependa do resultado das
elección sindicais para negociar o novo Convenio, creemos que para defender o
mellor para o conxunto de traballadoras/es da CRTVE, da igual se se ten mais ou
menos representación en determinados órganos representativos.
Descoñecemos se se
están levando a cabo algún tipo de accións para esixir carga de traballo e, se
solucione o tema de falla de platós. Dous aspectos básicos que, de forma
conxunta, con unha financiación estable a longo prazo fan posible falar de
futuro do Servicio Público que prestamos e da garantía de emprego.
Dende esta Sección
Sindical facemos un chamamento ó conxunto da clase traballadora para que se
organice, so así seremos quen de parar o roubo de dereitos laborais conseguidos
a través da loita, non o esquezamos, NINGUÉN
REGALOU NADA A CLASE TRABALLADORA.